Calendario
Info da proba

Vigo

23/12/2018 10:30 - 12:00
Regulamento 57º GRAN PREMIO PEDESTRE
DO NADAL
REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, xunto cos clubs de
atletismo da delegación en Vigo da FGA, ca colaboración do Concello de Vigo,
organiza o 57º GRAN PREMIO PEDESTRE DO NADAL, a disputar o 23 de
decembro de 2018 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.
2. As carreiras disputaranse no circuíto urbano da Praza de Compostela e arredores
detallado en plano adxunto, co seguinte programa:
3. Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federadas. Non
poderán participar atletas españois con axuda económica da RFEA nin atletas
estranxeiros que houbesen realizado (durante a presente tempada ou as dúas
anteriores) unha marca igual ou mellor a 950 puntos de táboa IAAF, segundo
recolle o artigo 3.4. do Regulamento para as competicións de Campo a Través,
Marcha, Carreiras en estrada e reunións de pista cuberta e aire libre para
competicións autonómicas da RFEA (1)
. Esta prohibición non afecta aos atletas
que teñan licenza federativa pola FGA.
(1) http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones.pdf
Hora Categoría Distancia Voltas Cota
(aprox.)
10:30 Sub10 2010-2011 0,645 km 1 A Gratuíta
10:40 Sub12 2008-2009 1,29 km 2 A Gratuíta
10:50 Sub14 2006-2007 1,94 km 3 A Gratuíta
11:00 Sub16 2004-2005 2,58 km 4 A Gratuíta
11:15 Sub18 2002-2003 5 km 1 B + 1 C 5,00 €
Sub20 2000-2001
Sub23 1997-1998-1999
Sénior 1996 ata Máster
Máster 35 35 ata 39 anos cumpridos
Máster 40 40 ata 49 anos cumpridos
Máster 50 50 ata 59 anos cumpridos
Máster 60 60 ou máis anos cumpridos
12:00 Entrega de premios
4. Inscrición. O prazo para a inscrición péchase o día 19 de decembro ás 24 horas.
As inscricións farán constar: DNI (xuvenil e maiores), nome e apelidos, data de
nacemento, equipo e no de licenza no caso de atletas federados.
Formalizaranse en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo). Ou no
formulario web dispoñible en carreirasgalegas.com.
5. Entrega de dorsais. Os atletas participarán cos dorsais con chip incluído que se
entregarán en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 2, Vigo) o sábado 23 de
10:00 a 13:30 h e de 17:00 a 20:00 h. Ou ata media hora antes de cada carreira na
secretaría da competición, situada no «Mesón Compostela», na mesma Praza de
Compostela.
6. Haberá servizos de consigna e duchas no Real Club Náutico.
7. Establecese un límite de 40 minutos para completar a proba de 5 km. A partir de
ese momento pecharase o control de chegada e quen permaneza no circuíto o
fará baixo a sua responsabilidade seguindo as normas de circulación.
8. Nas rúas con beirarrúas estas non forman parte do recorrido.
9. Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
10.Premios. Concederanse trofeos aos tres primeiros clasificados por cada
categoría e sexo establecidas en cada carreira. Establécense ademais os
seguintes premios en metálico para a carreira absoluta de 5 km:
da carreira masculina:
1º 300 €, 2º 150 €, 3º 100 €
e da carreira feminina:
1ª 300 €, 2ª 150 €, 3ª 100 €
11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12. Todo o non previsto neste regulamente se resolvera de acordo coas normativas da
FGA, RFEA e IAAF vixentes, nese orden.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal
estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o
mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida
ou de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao
que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia
de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei
de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.