Calendario
Info da proba

Arzúa San Silvestre

29/12/2018 11:00 - 12:00
Regulamento II CARREIRA SOLIDARIA SAN SILVESTRE ARZUA
A Concellería de Deportes do Concello de Arzua, xunto o clube Atletismo
Arzua, organizan a 2ª Carreira San Silvestre solidaria Arzua.
Os participantes terán que situarse na saída 5’ minutos antes do comenzo da
proba. Celebrarase o día 29/12/2018 ás 11.00h con saída e chegada no salón
multiusos Terra do Queixo.
A carreira constará de duas voltas polo casco urbano e arredores da feira de
gando ao circuito de 2500mts,en total 5000 mts e será saída única para
todos os participantes. Esta é una proba de carácter Solidario para recaudar
xoguetes para as familias máis necesitadas.
INSCRICIÓNS As inscricións poderán facerse previamente na páxina de
emesports.es ata o xoves 27 de decembro ás 23:59h., así como tamén unha
hora antes do comezo da proba no mesmo lugar da saída (rógase por favor
que as inscricións se fagan previamente por motivo dos seguros). Os datos
obrigatorios para as inscricións son: nome e apellidos, data de nacemento,
sexo e localidade. O prezo das inscricións será a doazón dun xoguete, que se
entregará o día da carreira ao retirar o dorsal, no mismo lugar da saída.
Os atletas participarán cos dorsáis tal e como son asignados pola
organización, estando prohibido cortalo ou doblalo, debendo quedar ben
visible o número e a publicidade. A carreira poderá completarse correndo,
andando ou en bicicleta
PREMIOS Esta carreira ao ser de carácter solidario non contará con
categorías, premiarase ós 3 primeiros masculinos e femininos, así como ó/á
participante de máis idade, e o participante máis novo, sempre que
completen o percorrido correndo ou andando.
Habera algún premio tamen para os mellores disfraces ademais dunha foto
no pódium so por vir disfraxzados.
CONTROL DA CARREIRA A organización contará coa axuda dos organismos
oficiais municipais competentes que regularán o tráfico ao longo de todo o
percorrido. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do
comenzo da proba. O control de chegada na carreira pecharase coa chegada
do derradeiro participante correctamente identificado co dorsalk
correspondente.A entrega de trofeos está prevista a partires das 12:00 no
multiusos terra do queixo. Para que a espera se faga máis amena, a
organización disporá de bebidas e produtos típicos destas datas.
Coa entrega de premios faremos varios sorteos entre os
participantes,repitirase o sorteo ata que apareza o gañador,co cal prégase
quedar ata oi remate destes.
Dispoñemos de gardarroupa,duchas no pavillon municipal ao remate da
proba
CLÁUSULAS ADICIONAIS O Concello de Arzua, e os seus colaboradores non
se farán responsables dos posibles danos morais, físicos ou materiais que así
mesmos ou a outras personas lles ocasionen os participantes nesta proba
deportiva, nin outros que con motivo da competición poidan corresponder
ante o seguro deportivo ou outra mutualidade.
Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta. Todos
os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan as presentes bases e
regulamento que, en caso de dúbida, decidirá o comité organizador. Polo
ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demáis público que
presencie a proba, un comportamento exemplar cara aos compañeiros,
público, organización e a proba en xeral. O descoñecemento destas bases e
do regulamento non exime do seu cumprimento