Calendario
Ver carrera

Ponteareas San Silvestre

31/12/2018 16:45 - 18:30

[ Go Back ]

Descripción 1.- REGULAMENTO DA VII SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE PONTEAREAS e da V SAN SILVESTRE SOLIDARIA INFANTIL 2018

PREVIO Á CARREIRA

Art. 1º.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o presente regulamento
Art. 2º.- O Club Taninos Runners Ponteareas, con CIF: G94049871 e o Excelentísimo Concello de Ponteareas ORGANIZAN, o 31 de decembro de 2018, a partires das 16:45 horas a “V San Silvestre Solidaria Infantil” e a “VII San Silvestre Solidaria de Ponteareas” sobre un trazado urbano de 5 Km.
Art. 3º.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS
Poderán participar todas aquelas persoas, federadas ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a tódolos atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día da proba.
Neste ano 2018 celebrarase a V San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:
- Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2018, cun percorrido dunha volta ás dúas prazas de Ponteareas, acurtando polo rúa máis ao norte da Praza de Bugallal. Hora inicio: 16:45
- Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2018, cun percorrido de unha volta as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 16:55
- Rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de decembro de 2018, cun percorrido de dúas voltas as dúas prazas de Ponteareas. Hora inicio: 17:05

Art. 4º.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de saúde.
• A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante.
• O/A participante exime de toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento (Ex. perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións, atropelos, agresións...)
• Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións, carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida ao Club Taninos Runners Ponteareas (rúa Oriente 15 – 2º - 36860 Ponteareas)
• Non se permitirá a participación de animais nas probas.

A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a Organización.

Art. 5º.- INSCRICIÓNS
Farase na PÁXINA WEB: www.taninosponteareas.com ata o 29 de decembro de 2018 e non se admitirán nin inscricións posteriores nin o mesmo día da proba.
A inscrición será GRATUÍTA
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición na proba quedará limitada a 750 participantes na proba absoluta.
Para os rapaces limitarase a 250 participantes sumando as tres categorías de idade.

ACCIÓN SOCIAL: Todos os participantes deberán facer unha achega dun produtos alimenticios non perecedoiros, nomeadamente produtos de limpeza e hixiene persoal, ademais, de ser posible, produtos para celíacos, e que serán recollidos polo centro de reparto de alimentos da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas, na zona de entrega de dorsais, previa retirada do dorsal.

Tamén existe esta opción para persoas que non corran ou integrantes da organización.





O DÍA DA PROBA

Art. 6º.- RECOLLIDA DE DORSAIS
Farase na zona de saída, na Praza Maior de Ponteareas, nun lugar habilitado pola organización, entre as 15:30 e as 17:00 do día da proba.
Na mesma zona farase a entrega da bolsa do corredor ao rematar a proba.
Os participantes disporán dun servizo de gardarroupa na zona de saída e meta.

Art. 7º.- PERCORRIDO
As categorías infantís completarán o percorrido:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, seguimos pola Praza Bugallal, xiro á esquerda pasando fronte á porta principal da igrexa parroquial para acceder á zona de saída e chegada pola rúa de Oriente.
Rapaces e rapazas de 6 e 7 anos: unha volta acurtada pola rúa da praza de Bugallal que unen a rúa Esperanza coa rúa de Oriente. 16:45 Horas
Rapaces e rapazas de 8, 9 e 10 anos: unha volta. 16:55 Horas
Rapaces e rapazas de 11, 12 e 13 anos: dúas voltas. 17:05 Horas



Categoría absoluta, 14 ou máis anos:
Os corredores completarán 2 voltas ao seguinte circuíto urbano:
Saída e chegada na Praza Maior fronte ao edificio da seguridade social, con dirección sur cara a rúa da Esperanza, xiro á dereita por Morales Hidalgo, xiro á esquerda por Rúa Estrada, xiro a dereita e seguimos pola Praza Bugallal, xiro á dereita por rúa Reveriano Soutullo, xiro á esquerda por rúa Salvaterra, xiro á esquerda por rúa Virxe da Luz, xiro á dereita por Amado Garra, xiro á esquerda por rúa Azorín, xiro á esquerda por Rosalía de Castro, xiro á esquerda para seguir de fronte por rúa Concha Brey, xiro á esquerda pola rúa Virxe dos Remedios, xiro á dereita pola rúa dos mestres, xiro á dereita pola rúa Alfonso Vázquez Fraile, xiro á esquerda pola Rúa Daniel Ojea, xiro á dereita pola rúa Amado Garra, xiro á dereita pola rúa Reveriano Soutullo, xiro esquerda por Avda da Constitución, rúa de Oriente para chegar na segunda volta á Praza Maior


Nº Voltas ao circuíto: 2 Distancia: 5 km aprox.
Horario da saída: 17:30h Avituallamento na Praza Maior ao rematar a proba.
Art. 8º.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES
A Organización disporá dun servizo médico formado por un/ha médico, un/ha enfermeiro/a e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
O Club Taninos Runners Ponteareas dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente con número de póliza: 0961270104571, contratado con MAPFRE Seguros.
Así mesmo, todo participante non federado, disporá dun seguro de accidentes, non lesións, soamente para o día da carreira, contratado polo Concello de Ponteareas coa compañía CASER e co número de póliza 50176805/00000000.

Art. 9º.- DESCUALIFICACIÓNS
O servizo médico da competición, ou o director de carreira, están facultados para retirar da carreira a calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.

Art. 10º.- PERSOAS NON INSCRITAS
Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA

Art. 11º.- PREMIOS
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premio que o poder correr polas rúas da nosa Vila o derradeiro día do ano. Non haberá clasificacións, nin podio, nin premios.

Art. 12º.- SERVIZO DE DUCHA
Os participantes disporán dun servizo de ducha no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas, aberto ata unha hora despois de finalizar a proba.

Para máis información: www.taninosponteareas.com
taninosponteareas@gmail.com

[ Go Back ]