Calendario
Info da proba

Serra do Galiñeiro ( GMTA )

29/09/2019 8:30 - 15:30
Regulamento O IX Trail Serra do Galiñeiro é outra das probas que nunca fallou nos oito anos que se leva celebrando o circuito GMTA, e promete seguir danto moitas alegrías aos afeccionados ao "trail puro e duro" característico do noso circuito.

Trátase dunha proba cun percorrido que nalgunha ocasión se ten desdoblado en dúas probas e que se caracteriza polas duras e técnicas subidas ó cumio da Serra do Galiñeiro, un cresteo noroeste sueste por toda a serra, algunhas baixadas poderosas e un perfil que non da tregua ó corredor.

As inscricións ata o 25/9/2019. no enlace:

trail-serra-do-galineiro-2019

Na edición de 2019 volve a contar con dúas distancias que farán as delicias dos afeccionados. O trail longo aumenta a súa distancia ata os 30 km e o trail curto ronda os 16 km. Ademais haberá un Canitrail de 8 km para os amantes dos cans que queran camiñar ou correr coa súa mascota favorita polos sendeiros de Gondomar.

Despois do éxito de 2018 co cambio de local de saída, a proba partirá novamente do centro de Gondomar, así que terá unha boa subida para comezar e unha boa zona llama para rematar. A grande novidade do trail longo será medio kilómetro vertical no último tercio do percorrido.

Outra das características é a fermosa paisaxe que rodea ós participantes e as marabillosas vistas da Ria de Vigo e da Baía de Baiona.