Calendario
Info da proba

Ares-Mugardos-Ares

30/12/2018 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA:
“ XIV Carreira de fin de ano 2018 Ares-Mugardos- Ares”.
•DATA: 30 DE DECEMBRO DE 2018. Proba incluída no calendario da FGA
•HORARIO: Saída ás 11 da mañá do Colexio público CEI As Mirandas de Ares.
•LUGAR: Acreditacións e meta na pista exterior do colexio público As Mirandas de Ares
•DISTANCIA A PERCORRER: 10,5 km.(non homologados)
•IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
•CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo Comité galego de
xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
•INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 26 de decembro na pasarela http://www.carreirasgalegas.com
realizando un pago de 3 € . Número máximo de prazas 500.
Retirada de dorsais no Complexo Acuático do Castro ( Franza-Mugardos), dende as 17h do día 27 de
decembro ata as 20h do día 29 de decembro, no horario da instalación deportiva ( de 8 a 13,30h polas
mañás e de 16 a 22,30h polo serán). O mesmo día da proba de 8,30 a 10,30h na pista exterior do colexio
público As Mirandas de Ares. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á proba.
•PERCORRIDO: Ares-Mugardos-Ares.
Ás 10’50 horas concentración previa a saída da proba na Rúa Celso E.Ferreiro, enfronte ao colexio público As
Mirandas de Ares, dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, xirando dende a saída cara a dereita pola
Avda. de Mugardos ata acadar a Avda. Saavedra Meneses ( Paseo Marítimo de Ares), onde xiraremos á esquerda
ata pasar polo Parque Rosalía, xirando á esquerda cara a rúa do Mazote, acadamos de novo a Avd de Mugardos
dirección Mugardos pola AC-130 ate o cruce dos Catro camiños en Mugardos onde se entrará pola rúa do Cristo
(avituallamento líquido enfronte ao pavillón) ata as Mareas, xirando á dereita ata acadar o Peteiro, baixando cara ao
peirao mugardés a través da Avda.de Galicia, xirando na rotonda do peirao para subir pola rúa María ata acadar a
Avda. de Galicia, xirando á esquerda para ascender pola rúa rúa dos Corzás dirección Ares (AC130), pasando polo
cruce dos Catro Camiños, transcorrendo pola Rúa Francisco Yáñez Badía, ata acadar o Alto de Simou e descender
cara Ares pola AC130, entrando na vila de Ares pola Avda. de Mugardos xirando á dereita para ascender cara a meta
situada na rúa Celso E.Ferreiro, enfronte ao colexio público As Mirandas, onde rematará a proba.
Tempo máximo de control da chegada 65’ logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para todas as persoas
participantes ao chegar á meta. Por cuestións alleas á organización como obras públicas ou privadas poderá haber
pequenas variacións no circuíto descrito. Durante toda a carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces
controlados por policía e protección civil debendo os participantes atender as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 65 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas as persoas
participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA para probas destas
características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin lesións anteriores ou alleas á proba sendo
responsabilidade de cada participante a cobertura das mesmas así como o de estar nas condicións físicas axeitadas
para realizar a proba.
• Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo.
• OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia. Os servizos
médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas
normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de
comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei
de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.