Calendario
Info da proba

Vigo

30/11/2018 12:30
Regulamento 1.- Que é:
Con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o vindeiro día 30 de novembro de 2018 ás 12:30 h celebrarase a IX Carreira Popular Santa Bárbara organizada pola Delegación do Alumnado de dita escola.

2.- Quen pode participar:
A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria e tamén ás persoas externas (maiores de idade).

3.- Distancia e circuíto:
O percorrido ten unha lonxitude total aproximada de 5000 m polo circuíto de terra do campus Lagoas - Marcosende. A saída do circuíto será na parte sur do mesmo, e en sentido horario.

4.- Como inscribirse:
As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do martes 27 de novembro.
(*) Se es unha persoa externa e aínda non tes conta, crea unha no seguinte enlace:https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/LoginServlet?opcion=autentificar CREAR CONTA.- Autentifícate co login e contrasinal recibidos no teu correo electrónico se es unha persoa externa ou co teu correo da Uvigo ou co teu NIU se es da comunidade universitaria.- Fai click no botón azul de INSCRICIÓN desta web.- Marca o check de aceptar as condicións de participación e confirma a túa a inscrición.

5.- Achega solidaria:
Para participar cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba. Esta realizarase na liña de meta no momento da recollida de dorsais.

6.- Acreditación e recollida de dorsais:
A recollida de dorsais e de camisetas realizarase o propio día da carreira na liña de meta ata 20 minutos antes do comezo. Propoñémos participar na carreira coa camiseta de agasallo.

7.- Premios e agasallos:
Entregarase un trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: absoluta e interna da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxías (masculinas e femininas).

8.- Outra información de interese:As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.

9.- Mais información e contacto
- Web da Eventos da Escola de Minas(http://minaseenerxia.uvigo.es/es/comunicacion/eventos)
- Correo electrónico:eme.delegacion@uvigo.es
-Facebook:@escuelaminasyenergiavigo
- Twitter: @daminasvigo
- Instagram: @daminasenerxia