Calendario
Info da proba

Pontecesures

29/12/2018 16:15 - 18:15
Regulamento XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES
Sábado 29 de decembro de 2018
Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)
A partir das 16:15 horas
O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular na
localidade de Pontecesures o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 horas
e de acordo ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación
conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces
da Federación Galega de Atletismo.
2. Categorías dos participantes e horario das probas:
CATEGORÍAS E HORARIOS
CATEGORÍA ANOS NAC DISTANCIA HORA
Biberóns 2014 e posteriores 200 m 17:15 h
Pitufos/as 2012/2013 500 m 16:15 h
Sub 10 2010/2011 850 m 16:25 h
Sub 12 2008/2009 850 m 16:35 h
Sub 14 e Sub 16 2006/2007 e 2004/2005 1.700 m 16:45 h
Sub 18 - 20 De 2000 a 2003 9 Kms aprox 17:05 h
Sub 23 - Sen De 1983 a 1999 9 Kms aprox 17:05 h
MÁSTER
MASC/FMNO A
De 1974 a 1982 9 Kms aprox 17:05 h
MÁSTER
MASC/FMNO B
1973 e anteriores 9 Kms aprox 17:05 h
ENTREGA DE PREMIOS AS 18:10 – 18.30 HORAS
NA PRAZA DO COCHE DE PEDRA /
NO CENTRO SOCIAL EN CASO DE CHOIVA
A SAÍDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE
A PRAZA DO COCHE DE PEDRA (PONTECESURES)
3. INSCRICIONS
✓ A inscrición da proba absoluta (de sub 18/sub 20 a máster) poderá realizarse nas
webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o
xoves 27 de decembro ás 23.59 horas*.
✓ A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a sub 16) farase tamén a través
das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal (data
límite: xoves 27 de decembro ás 23.59 horas*.
Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de
inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en dita web).
PREZOS DA INSCRICION
▪ CATEGORIAS ESCOLARES (de biberóns a sub 16 incluídos): GRATUITA
▪ PROBA ABSOLUTA (de sub 18/sub 20 a máster): 5 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web
www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono
981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
santiago@atletismo.gal.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día
da proba.
4. PREMIOS E AGASALLOS
Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba
absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das
categorías escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (9 km aprox.) (premios NON
acumulativos).
Trofeo ós 3 primeiros clubes federados da clasificación xeral.
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da
proba, agás nas categorías biberón e pitufo onde non haberá clasificación
(entregarase medalla a todos os participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba polos seus
propios medios e sen axudas externas.
PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
POSTO IMPORTE
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeiros clasificados do
mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba. Os clubes
federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes, sexan homes
ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta.
5. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e
realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba – sábado 29
de decembro de 2018- de 15.00 a 16.15 horas (categorías escolares) de
de 15.00 a 16.50 horas (proba absoluta)], a carón da saída das probas
(recomendase asistir con suficiente antelación). Os dorsais colocaranse nun lugar
visible na parte anterior do corpo, preferentemente na zona do peito, respectándose
a publicidade existente neles. Na proba absoluta os atletas correrán cun chip que irá
situado na parte traseira do dorsal.
6. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes e tamén a
entrada ao circuíto de toda persoa allea á carreira.
7. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
8. Haberá servizo de duchas no Pavillón Polideportivo Municipal de
Pontecesures.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en
ruta da FGA e da RFEA en vigor.
10. OUTRAS CONSIDERACIÓNS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición
o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión
da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.