Calendario
Info da proba

Barreiros

17/11/2018 16:30 - 18:00
Regulamento I Carreira Popular "Ao Son do Masma"
Organiza: Asociación Colectivo Cultural
Ollomao. CIF: G- 27365477.
Data: 17 de novembro de 2018
Hora*: A partir das 16:30h.
Saída e meta: Escolas de Celeiro de Mariñaos.
1. PRESENTACIÓN.
O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros é unha asociación que nace no ano
2006 coa finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense.
Dez anos despois da súa creación e cunha traxectoria de actividades que avalan a
consecución dos obxectivos plantexados inicialmente, Ollomao actualiza as súas
fins fundacionais ampliando os seus intereses e campos de actuación. É
entendendo que os medios a empregar para poñer en valor e dinamizar un
territorio poden ser múltiples e de diversa tipoloxía que se deseña a actividade
que aquí se presenta, na cal destaca a práctica deportiva como ferramenta
fundamental.
Nesta década de traballo de Ollomao cómpre destacar as actividades, tanto
lúdicas como formativas e informativas, e de sensibilización, que teñen como
protagonista o río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos. Este, principal
fluvial de Barreiros e concellos colindantes como son Foz, Lourenzá e Mondoñedo,
foi nos seus mellores momentos un importante recurso natural, económico e
industrial, véndose na actualidade nun estado de abandono que impide o seu
óptimo aproveitamento e desfrute.
Coa finalidade de dar a coñecer a importancia deste río e reivindicar a súa limpeza
e recuperación, así como de mostrar as múltiples oportunidades que podería
ofrecer de verse nun estado mellorado, o Colectivo Cultural Ollomao planificou
para o ano 2016-2017 unha serie de actividades encaixadas todas elas baixo a
marca “Ao Son do Masma”, nome que recibe o festival de música galega e
encontro veciñal que dende o ano 2012 este colectivo ven realizando á beira do
río. Atendendo a esa variedade de oportunidades que podería ofrecer o Masma e
sendo a práctica de actividades deportivas unha delas, deseñouse a realización
dunha carreira popular a carón do río.
Dende o Colectivo Cultural Ollomao acreditase nos valores de respeto á
diversidade social, polo que nesta proba, na cal non se competirá por equipos
senón de maneira individual, fomentarase a visibilización da muller no deporte así
como de persoas con diferentes capacidades funcionais. Igualmente nesta proba
prevese a existencia de modalidades infantís e adultas dada a importancia de
transmitir ás nenas e nenos o significado do respeto e conservación dos valores
naturais e patrimoniais da nosa cultura.
2. CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1. CARREIRAS CATEGO
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO DISTANCIA
Troitiñas 2012 a 2014 150m.
Troitas 2010 a 2011 250m.
Reos 2008 a 2009 450m.
Anguilas 2006 a 2007 700m.
Lampreas 2004 a 2005 1200m.
Sollas 2003 a 2002 2.000m.
2.2. CARREIRA CATEGORÍA
ABSOLUTA. Horario: A partir das
17:15h.
- Poderá participar calquera persoa maior nacida no ano 2000 ou
anteriores. A persoa participante debe estar fisicamente preparada e
gozar da saúde precisa para a realización desta proba.
CATEGORÍAS ANOS
NACEMENTO
DISTANCIA
Salmón xuvenil 2000 a 2001 5.600m.
Salmón senior 1981 a 1999
Salmón
veterana/o A
1971 a 1980
Salmón
veterana/o B
1961 a 1970
Salmón
veterana/o C
1960 e anteriores
2.3. CATEGORÍA
ADAPTADA. Horario: A
partir das 17:15h.
- Poderán participar nesta categoría aquelas persoas que acrediten
unha disfuncionalidade mínima dun 33% e que opten por non
participar na categoría absoluta. O documento que certifique a
correspondente discapacidade deberá ser presentado presencialmente
no momento da recollida de dorsais.
CATEGORÍAS ANOS
NACEMENTO
DISTANCIA
Salmón
adaptado
2.000 e anteriores 2.000m.
Paseo pola integración “Quen non corre, camiña”: Tras a saída das
categorías absolutas, arrincará un paseo dende a Ponte do Barral ata o barrio
de Rexa (aproximadamente 2.000m), especialmente pensado para que
persoas con algún tipo de discapacidade que non opten por algunha
categoría competitiva teñan tamén cabida nesta actividade. Poderá tomar
parte calquerapersoa que desexe sumarse. Este paseo non será unha proba
competitiva, a participación no mesmo é gratuíta e non é preciso inscribirse
previamente.
*Os horarios son orientativos, podendo variar ata en 10 minutos en función do
desenvolvemento das probas.
3. RECURSOS DISPOÑIBLES PARA A ORGANIZACIÓN DESTA PROBA.
a) De seguridade:
- Contarase coa asistencia de persoal voluntario en distintos puntos do
percorrido, especialmente nos cruces de camiños, como apoio á sinalización
e atención das persoas participantes.
- Será solicitada a colaboración do equipo de Protección Civil do Concello de
Barreiros.
- Contarase con, como mínimo, un/unha profesional médico e ambulancia.
- Todas as persoas participantes disporán da cobertura esixida en materia de
seguros polo corresponde Regulamento.
Ojo morado Servizos hixiénicos e de avituallamento:
- As persoas voluntarias situadas en distintos puntos do percorrido disporán de
botellas de auga a disposición das persoas participantes na carreira.
- Haberá aseos, e servizo de duchas a disposición das/os corredores ben de
tipo portátil ou en instalación municipais próximas.
- Ao remate da proba ofrecerase a todas as persoas presentes comida e bebida.
4. REGRAS PARA A PARTICIPACIÓN.
- As persoas participantes aceptan ao formalizar a súa inscrición nesta
proba a toma de imaxes nas que aparezan, e consinten a difusión das
mesmas para fins de promoción e información da actividade, así como
a difusión do nome e apelidos para a mesma finalidade.
- Para participantes menores de idade, a nai, pai ou titor/a legal autoriza
no momento da inscrición a toma de imaxes nas que apareza a/o
menor, consentindo a difusión das mesmas para fins de promoción ou
información da actividade.
- As persoas participantes deberán estar na liña de saída 5 minutos
antes do comezo da carreira.
- Será motivo de descalificación calquera incumprimento deste
regulamento, non completar a totalidade do percorrido, deterioro do
entorno, non levar o dorsal visible ou desatender as indicacións da
organización, así como calquera comportamento antideportivo que
estime a organización.
- Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados
pola organización quedando totalmente prohibido, para evitar posibles
accidentes, seguir ás persoas participantes en moto, bicicleta ou outro
medio por todo o circuíto.
- A organización non se fará responsable dos obxectos de valor
extraviados polas persoas participantes.
- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que
considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así
como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o
obrigan ou por forza maior.
- Toda persoa participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións
e regulamentacións impostas pola organización, polo que libera
expresamente á organización ou a calquera outra entidade
patrocinadora ou colaboradora, ante todo tipo de accidente, lesión ou
eventualidade derivada da súa participación na proba, e que non
estivese cuberta polo seguro contratado. Todas as persoas
participantes inscritas na proba están amparadas por un seguro de
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da
inscrición figure con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada
participante.
- INSCRICIÓN.
- As inscricións faranse na web aosondomasma.galitiming.com para a
categoría absoluta e adaptada.
- As inscricións serán gratuítas para as categorías inferiores (dende
troitiñas a sollas) e realizaránse a través da páxina
aosondomasma.galitiming.com
- Para as tres probas a data límite de inscrición será o 2 de novembro de
2016.
5. PERCORRIDO.
- As probas serán realizadas sobre zona asfaltada. Os tramos a percorrer
serán diferentes en función da categoría na que se participe,
realizándose as probas inferiores na explanada da Escola de Celeiro de
Mariñaos e camiños asfaltados próximos, e sendo o tramo máis longo
dun total de 5.600m. a empregar camiños asfaltados do termo
parroquial de Celeiro de Mariñaos.