Calendario
Ver carrera

Ladesol Vilagarcía

24/03/2019 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción
Art.1) A Fundación LADESOL organiza a V Carreira Solidaria LADESOL “Corro por tu sueño” o 24
de Marzo do 2019 na localidade de Vilagarcía de Arousa; baixo o control técnico da Federación
Galega de Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra. Haberá dúas modalidades
distintas, carreira e andaina, para que cada participante escolla a que máis lle conveña.
Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Art. 3) CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
*As distancias son orientativas e non homologadas.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA
CARREIRA
Pitufos 2015-2014 100 m
Prebenxamín 2013-2012 150 m
Benxamín – Sub 10 2011-2010 600 m
Alevín - Sub 12 2009-2008 875 m
Infantil – Sub 14 2007-2006 1.730 m
Cadete – Sub 16 2005-2004 1.730 m
Xuvenil – Sub 18 2003-2002 1.730 m
Junior/Promesa -
Sub 20/Sub 23 2001-1997 10.000 m
Senior 1996 ata 34 anos 10.000 m
Máster A
A partir de 35 anos
ata 49 10.000 m
Máster B
A partir de 50 anos 10.000 m
ANDAIN
A
Non hai categorías 4.500 m
Art. 4) HORARIOS
A orde das carreiras e andaina é o seguinte:
- 10.00: Saída da categoría Benxamín masculino e feminino.
- 10:05: Saída da categoría Alevín masculino e feminino
10.15: Saída da categoría Infantil/Sub14 masculino e feminino.
- 10.30: Saída das categorías Xuvenil/Sub18 e Cadete/Sub16 masculino e feminino.
- 10.45: Saída da Andaina
- 10.50: Saída das categorías absolutas masculino e feminino.
- 12.30: Saída da categoría prebenxamín.
- 12.35: Saída da categoría pitufos.
Art. 5) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
- A saída da andaina será dende o paseo do Porto Deportivo á altura dos mini-cines (Ruta
de Sendeirismo do Concello)
- A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio.
Art. 6) INSCRICIÓNS:
A inscrición realizarase na páxina da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com
ou no Colexio San Francisco de Vilagarcía en horario de 11.00 a 13.00 de luns a venres ou de
15:30 a 17:00 de luns a xoves.
A data límite para inscribirse on-line será o 20 de marzo do 2019, a data límite para inscribirse no
colexio será o 18 de Marzo.
O prezo das inscricións é o seguinte:
- Categorías Pitufo e Prebenxamín: 3 euros.
- Categorías Benxamín e Alevín: 3 euros.
- Categorías Infantil/Sub14, Cadete/Sub16 e Xuvenil/Sub18: 3 euros.
- Categorías absolutas: 6 euros.
- Andaina: 3 euros.
Abrirase unha conta “DORSAL 0” para os que desexen participar e non poidan asistir ó evento.
Tamén será posible realizar un donativo na propia inscrición á carreira.
TODO O RECADADO irá parar á Fundación LADESOL das Franciscanas Misioneiras da Nai
do Divino Pastor.
Art. 7) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
A retirada de dorsais realizarase no Colexio San Francisco o sábado 23 de 11.30 a 13.30 e de
18.00 a 20.00 e o mesmo día e lugar da proba dende as 9.00 ata media hora antes da proba.
Art. Cool PREMIOS
Os premios para a ANDAINA serán os seguintes:
- Premio á máis veterana que participe. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
- Premio ó máis veterano que participe. (Pedirase acreditación correspondente antes da
entregada de premios).
Os premios para a CARREIRA serán os seguintes:
- Categorías Pitufos, Prebenxamín, Benxamín medallas para todos os participantes.
- Categorías Alevín, Infantil/Sub14, Cadete/Sub16 e Xuvenil/Sub18: Medalla para os tres
primeiros clasificados masculinos e femininos.
- Categorías absolutas:
• Trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos.
• Premio á máis veterano/a que remate a carreira. (Pedirase acreditación
correspondente antes da entregada de premios).
Art. 9) Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser desclasificado.
Art. 10) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización.
Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras
de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 11) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da
Competición non más tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art. 12) SERVIZOS (persoal sanitario, ambulancia, duchas, avituallamento,...)
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os
participantes.
Os fisioterapeutas presentes na proba, son para o uso exclusivo dos participantes da categoría
absoluta.
Art. 13) O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente regulamento.
Dando vostede autorización ós organizadores e colaboradores (Colexio San Francisco de
Vilagarcía de Arousa) a rexistrar total ou parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos,
televisión ou calquera outro medio de difusión*.
Art. 14) Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento de
FGA, RFEA E IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente
expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 - 15008 A Coruña.

[ Go Back ]