Calendario
Info da proba

Ferrol

25/11/2018 11:00
Regulamento I CARREIRA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 nov 2018
CIRCUÍTO DA CARREIRA: Discurrirá polo centro de Ferrol tendo saída e chegada na PRAZA DA
CONSTITUCIÓN A saída farase as 11:00 am do día 25 de Novembro.
INSCRICIÓNS: Ata o día Xoves 22 de Novembro as 23:59 horas na páxina:
www.carreirasgalegas.com
REGULAMENTO DA CARREIRA:
Haberá dúas opcións de participar:
A) Carreira (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas nados no ano 2002
ou anteriores. Na carreira farase unha clasificación oficial e repartiranse premios entre
os 3 primeiros e as 3 primeiras clasificadas.
Ojo morado Andaina (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas que o desexen, non
haberá clasificación nin tempos finais.
Inscripción máxima de 1500 participantes.
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no desenrolo da proba. Poderán participar deportistas de calquera idade.
O dorsal entregarase xunto a unha camiseta na casa da Muller, Rúa Lugo 56. 15402 Ferrol
Para os inscritos ata o domingo 18 a partir do martes 20 en horario de 10:00 a 14:00
Para os inscritos ata o luns 19 a partir do mércores 21 en horario de 10:00 a 14:00
Para os inscritos ata o martes 20 a partir do xoves 22 en horario de 10:00 a 14:00
Para os inscritos ata o mércores 21 a partir do venres 23 en horario de 10:00 a 14:00
o mesmo día da carreira nas inmediacions da saída dende as 9:00 da mañá ata as 10:30.
(Prégase retiren o dorsal na casa da muller para facilitar as labores dos voluntarios o día da
carreira)
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descalificados.
3º.- O peche do control será 1 hora despois de que entre o 1º clasificado en meta.
4º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
5º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuíto da carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
I CARREIRA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 nov 2018
6º-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta
o presente regulamento.
7º- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección
de Datos. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización,
estando estes últimos debidamente identificados.
8º.- A organización dispondrá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes
do comezo da carreira e ata media hora dispois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están
facultados para retirar da carreira a cualquier participante que manifestase un mal estado
físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a
cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que
descarte calquera patoloxía que impida a sua participación.
9º.-O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
10º.-Todo o non previsto na presente normativa se rexirá polas normas de competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o reglamentado por instancias
superiores.
LOPD: Ao realizaren a inscrición, todos os/as corredores/as aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan
cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña