Calendario
Info da proba

Vigo

25/11/2018 10:14 - 13:44
Regulamento 40º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través

1º - O Comesaña Sporting Club, organizará en Vigo o próximo día 25 de novembro, co patrocinio do Concello de Vigo, é a Deputación de Pontevedra, e coa colaboración da Xunta de Galicia, o “40º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través” en San Andrés de Comesaña, “Molinos”, a beira do campo de fútbol de “A Xunqueira”.

(Participación exclusivamente con licenza federativa en nados no 2003 ou antes.)

2º-O control oficial das carreiras correrá a cargo de personal de (pendente confirmación) e aquelas persoas que presten a súa voluntaria colaboración coa organización.

3º - O horario de saída das carreiras (metraxe aproximado) será o seguinte:

10:30 – Sub-20/Sub-18 masculina, (Nados anos: 2000/99 e 2002/01) 4.710 m.
10:55 – Sub-20/ Sub-18 feminina, (Nadas anos: 2000/99 e 2002/01) 3.442 m.
11:15 – Sénior/ Sub-23 masculina, (Nados anos: 96 ou antes e 1999/98/97) 8.565 m.
12:00 - Sénior /Sub-23 feminina, (Nadas anos: 96 ou antes e 1999/98/97) 6.227 m.
12:30 – Sub-16 (Cadete) masculina, (Nados anos: 2004 e 2005) 3.442 m.
12:50 - Sub-16 (Cadete) feminina, (Nadas anos: 2004 e 2005) 1.590 m.
13:05 - Sub-14 (Infantil) masculina, (Nados anos: 2006 e 2007) 1.590 m.
13:20 - Sub-14 (Infantil) feminina, (Nadas anos: 2006 e 2007) 1.085 m.
13:30 - Sub-12 (Alevín) masculina, (Nados anos: 2008 e 2009) 1.085 m.
13:40 - Sub-12 (Alevín) feminina. (Nadas anos: 2008 e 2009) 883 m.

4º - As inscriciones, faranse informáticamente na plataforma digital (pendente confirmación)
pechándose as mesmas o 22 de novembro as 20:00 h.

Aqueles atletas que ben por ser independentes ou estranxeiros non teñan acceso ao sistema,
poderán enviar un correo electrónico a: comesana@comesana.org ou ben por correo ordinario a
Comesaña Sporting Club, Pedreira, 21 San Andrés de Comesaña, 36213 Vigo. Estas inscricións
farán constar: Nome do club, (si non é independente) nome e apelidos, ano nacemento,
sexo é número de licenza federativa, pechándose por estos medios o día 20 de novembro.

5º - Para admitir as inscripcións (estranxeiros incluidos), deberase ter dilixenciada licenza federativa para a tempada 2018/2019. Cadetes e menores, alomenos, estar dados de alta en “cross”, do Programa Xogade da Xunta de Galicia.
6º - En todalas carreiras haberá unha clasificación por clubs, establecéndose esta con a suma dos puestos ocupados polos catro primeiros atletas de un mesmo club en cada carreira (postos reais, contabilizando os de menos de catro por club é independentes).
En caso de empate, éste resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado.

7º - Realizaránse clasificacións individuais Sénior-Sub-23 (do año 1996 ou antes, se consideraranse coma Sénior), e das categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil) é Sub-12 (Alevín).

8º - Nas carreiras Sénior/Sub-23 de ámbolos dous sexos, outorgaranse os correspondentes trofeos, e compensacións en metálico, en concepto de gastos de desprazamento e estancia, aos cinco primeiros postos (400, 250, 125, 75 e 50 €), trofeos también aos primeiros (polo menos cinco) nas categorías: Sub-23, Sub-20, Sub-18, Sub-16 (Cadete), Sub-14 (Infantil) é Sub-12 (Alevín). Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.

9º - Todolos dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que realizarase como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respetar, de habela, a publicidade impresa.

10º - Para poder participar, en todalas carreiras, deberán pasar por Cámara de Chamadas ata 15 minutos antes da hora de saída fixada para a súa carreira.

11º - As reclamacións sobre a competición, verbales ou por escrito, deberán ser presentadas a organización ata 30 minutos logo da publicación dos resultados.
12º - Todo atleta participante estará cuberto, de acordo á reglamentación vixente, polos obrigados Seguros de Accidentes, e de Responsabilidade Civil.

13º - O non previsto neste Regulamento, resolverase de acuerdo co as vixentes Normas de Competiciòn da I.A.A.F.

14º - O feito de inscribirse neste 40º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.

(Haberá un servicio de autobús de Vitrasa cada 20 minutos para achegar a participantes ata as duchas nas pistas de atletismo de Balaídos e volver ol circuito)


En San Andrés de Comesaña – Vigo, a 30 de outubro de 2018