Calendario
Info da proba

Fene San Silvestre

29/12/2018 16:30 - 18:00
Regulamento CARREIRA POPULAR “VI SAN SILVESTRE – CONCELLO DE FENE”
29 DE DECEMBRO DE 2018
REGULAMENTO DA PROBA
Artículo 1. INFORAMACIÓN BÁSICA
O Concello de Fene organiza a Carreira popular “VI SAN SILVESTRE – CONCELLO DE
FENE”. A proba terá lugar o día 29 de decembro de 2018 a partir das 16:30 horas. A saída
e meta estarán situadas diante do Concello de Fene (Avenida do Concello s/n).
Artículo 2.- PARTICIPANTES
A proba está aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición
física suficiente para afrontar a proba.
Artículo 3.- CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías de participación.
CATEGORÍA ANO de NACEMENTO DISTANCIA
PITUFOS 2014 - 2015 100 m.
SUB 8 2013 - 2012 200 m.
SUB 10 2011 - 2010 400 m.
SUB 12 2009 - 2008 800 m.
SUB 14 2007 - 2006 1.200 m.
SUB 18/ SUB20 2002 - 2003 -2004-2005 2.500 m.
ABSOLUTA 2001 e anteriores 3.750 m.
ANDAINA TÓDALAS IDADES 2.500 m.
Artículo 4.- PERCORRIDO, DISTANCIA E HORARIOS
O circuito sobre asfalto estará pechado ao tráfico (salvo os vehículos autorizados pola
Organizacion) e estará controlado e vixiado pola Policía Local, Protección Civil e
colaboradores da Organización. Calquera outro tipo de acompañamento está prohibido.
Tódalas categorías correrán nun circuito urbano, polo Concello de Fene.
As saídas das carreiras terán lugar ás seguintes horas:
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
ABSOLUTA 16:30 3.750 m.
SUB 18/SUB 20 17:00 2.500 m.
ANDAINA 17:10 2.500 m.
SUB 14 17:45 1.200 m.
SUB 12 18:00 800 m.
SUB 10 18:15 400 m.
SUB 8 18:20 200 m.
PITUFOS 18:30 100 m.
Artículo 5.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN
5.1.- As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online, na páxina web da FGA
www.carreirasgalegas.com
As inscricións pecharanse o día 25 de decembro ás 23:59 horas.
Non se admitirán inscricións presenciais o mesmo día da proba.
5.2.- Os participantes comprométense a:
- Aceptar estritamente tódolos artículos do presente regulamento.
- Aceptar as posibles modificacións da proba que teña que realizar a Organización
obrigada por causas alleas á súa vontade.
5.3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible.
5.4.- A formalización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o compromiso
que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de
toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de
lesión.”
5.5.- A Organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. No caso
de dúbida ou de xurdir algunha situación non especificada no mesmo, estarase ao que
dispoña a organización.
5.6.- RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar
da carreira a :
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
• A todo atleta que non realice o percorrido completo
• A todo atleta que non teña dorsal ou non o leve visible por diante, dobre ou
manipule a publicidade ou o fotocopie.
• A todo atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en
protestas ante a Organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
Artículo 6.- CUSTO DA INSCRICIÓN
A inscrición será GRATUÍTA para tódalas categorías de MENORES.
O custo para os participantes da carreira ABSOLUTA será de 2 euros.
Artículo 7.- RETIRADA DE DORSAL – CHIP
Os participantes poderán retirar o dorsal – chip:
- O venres, día 28 de decembro, no pavillón da Xunqueira (San Valentín) en horario de
9:00 a 13:30 h e de 16:00 a 22:00 horas.
- O día 29 de decembro no salón de Plenos do Concello de 10:30 a 13:30 h. e de 15:00 a
16:00 h.
Artículo 8.- PREMIOS
Os tres primeiros clasificados/as da categoría Sub 18 /SUB 20 Masculino e Feminino
recibirán un obsequio ou trofeo.
Os tres primeiros clasificados/as da categoría Absoluta Masculina e Feminina recibirán un
obsequio ou trofeo. Tódolos participantes das demais categorías serán agasallados.
Artículo 9.- APELACIÓNS
As reclamacións relativas á clasificación deberán facerse verbalmente, antes dos 30
minutos de facerse públicos os resultados, ao Xuíz Árbitro ou na Secretaría da
Competición, sendo o Xuíz Árbitro encargado de resolvelas.
Todo o non previsto neste regulamento resolverase conforme as normas da F.G.A. ,
R.F.E.A. e A.A.F. por esta orde.
Artículo 10.- AVITUALLAMENTOS
Na zona de meta establecerase un avituallamento final líquido.
Artículo 11.- SEGUROS
Tódolos participantes estarán cubertos por unha póliza de Responsabilidade Civil, e outra
de Accidentes proporcionada pola licencia de día da F.G.A.
A Organización declina toda responsabilidade sobre os danos físicos ou morais que
durante a participación nesta proba poida causarse un atleta a si mesmo ou a terceiros.
Artículo 12.- CONSENTIMENTOS
Tódolos participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu consentimento para
que a Organización, por si mesma ou mediante terceiras entidades, traten
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os
seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante
fotografías, vídeo, etc.
De acordo co que establece a lexislación vixente en materia de protección de datos de
carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros
co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para exercer
este dereito deberá solicitalo por escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. De Glasgow, Nº 13. 15008. A Coruña.
OUTRAS DISPOSICIÓNS.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS
A Organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde
media hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os
servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira
a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Tódolos participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e Accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa de competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
“Certifico que estou en bo estado físico. Eximo á organización, aos sponsors ou
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de
toda responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias e do perigo de
lesión.”
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
Organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Tódolos participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para
a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade
Civil, así como a xestión da licencia de día de ránking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como
establece a Lei de Protección de datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. De
Glasgow, 13. 15008. A Coruña.