Calendario
Info da proba

Coruña Corre-Mesoiro

03/11/2019 10:30 - 13:00
Regulamento IX CARREIRA POPULAR NOVO MESOIRO - 3/11/2019
INSCRICIÓNS
 A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 30 de octubre, ás 23:59 h.
Online: A través de www.championchipnorte.com.
HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
ABSOLUTA 10:30 5.535 m. aprox.
SUB 18 11:35 2.325 m. aprox.
SUB 16 11:35 2.325 m. aprox.
SUB 14 FEMININO 11:50 1.600 m. aprox.
SUB 14 MASCULINO 11:50 1.600 m. aprox.
SUB 12 FEMININO 12:05 800 m. aprox.
SUB 12 MASCULINO 12:15 800 m. aprox.
SUB 10 FEMININO 12:25 800 m. aprox
SUB 10 MASCULINO 12:35 800 m. aprox
PREBENXAMÍN 12:45 150 m. aprox.
*Horarios orientativos en función da participación.
RECOLLIDA DE DORSAIS:
 Sábado 2 de 11:00 a 20:30 h.  Domingo 3, desde ás 9:00 ata ½ hora antes da saída de cada carreira.  Lugar de entrega: Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro. Todos os atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren como
participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto os propietarios, aos que
soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.
SERVIZO DE GUARARROPA
Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro de 09:30 a 13:30 h.
LUGAR DE SAÍDA E META:
Rúa Ancares s/n (Á altura do Polideportivo Municipal de Novo Mesoiro)
PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA:
 Ás 11:30 horas.
SERVIZO DE DUCHAS:  Polideportivo Municipal Novo Mesoiro
USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
O chip ten que ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas, cunha nocelleira á altura do
nocello ou pegado ao dorsal, segundo o tipo de chip que utilice a persoa corredora:  Chip amarelo de persoas propietarias (non se devolve)  Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do circuíto)  Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras (non se
devolve)
AVITUALLAMIENTO DE META:
Proporcionarase auga e avituallamiento sólido, a todos os participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamiento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS:
Anunciarase por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada
carreira estean colocadas ao público.
HORARIO ENTREGA DE PREMIOS:
Horario: 13:10 horas
Lugar: Palco de entrega na zona de saída/meta ou no Polideportivo Municipal Novo Mesoiro en
caso de choiva.
Os atletas premiados, deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en
que por megafonía anúnciese o inicio da mesma, así como estar pendentes do momento en
que se chame a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
Agradecemos aos responsables dos clubs que teñan constancia de que o atleta non está
presente, comuníqueo na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
Exclusivamente poderán subir ao podium os atletas premiados.
Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo
máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recolleitos.
Medios de contacto:
Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres
de 9:00 a 14:00 horas.
Por e-mail á seguinte dirección: carreraspopulares@coruna.es
Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025)