Calendario
Info da proba

Coruña Corre-Ventorrillo

20/10/2019 10:30 - 12:30
Regulamento VII CARREIRA POPULAR VENTORRILLO - 20/10/2019
INSCRICIÓNS
 A data límite de recepción de inscricións será o MÉRCORES 9 de outubro 2019, ás 23:59 h.
As inscricións faranse en liña, a través de www.coruna.gal/carreraspopulares e
www.championchipnorte.com
HORARIO DE SAÍDAS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORA DISTANCIA
ABSOLUTA 10:30 5.585 m. aprox.
SUB 18 11:30 2.050 m. aprox.
SUB 16 11:30 2.050 m. aprox.
SUB 14 11:45 1.325 m. aprox.
SUB 12 12:00 725 m. aprox.
SUB 10 12:10 725 m. aprox.
PREBENXAMÍN 12:20 100 m. aprox.
Horarios orientativos en función da participación
RECOLLIDA DE DORSAIS:
 Sábado 19 de 11:00 a 20:30 h.  Domingo 20, desde ás 9:00 ata 1/2 hora antes da saída de cada carreira.  Lugar de entrega: Asociación de Veciños do Ventorrillo - R/ Alcalde Salorio Suárez 26 Baixo.
Todos os atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren
como participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto os propietarios,
aos que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira.
SERVIZO DE GUARARROPA
Polideportivo Municipal de Ventorrillo de 09:30 a 13:00 h.
LUGAR DE SAÍDA E META:  R/ Alcalde Jaime Hervada no cruzamento con R/ Alcalde Salorio Suárez
PECHE DE CONTROL DA PROBA ABSOLUTA:  Ás 11:30 horas.
SERVIZO DE DUCHAS:  Dende as 11:00 ata as 13:00 h. Polideportivo Municipal do Ventorrillo (R/ Alcalde Peñamaría
de Llano)
USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP:
 O chip ha de ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á altura do
nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice o corredor:
o Chip amarelo de propietarios (non se devolve)
o Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización do Circuíto)
o Chip desechable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras
(Non se devolve)
AVITUALLAMIENTO DE META:
Proporcionarase auga e avituallamento sólido, a todos os participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIÓNS:
Anunciarase por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada
carreira estean colocadas ao público.
HORARIO ENTREGA DE PREMIOS:
Horario: 12:35 horas
Lugar: Na zona de saída/meta
Os atletas premiados, deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento en
que por megafonía anúnciese o inicio da mesma, así como estar pendentes do momento en
que se chame a cada unha das categorías.
Con carácter xeral, os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega, perderán o dereito para recollelo.
Agradecemos aos responsables dos clubs que teñan constancia de que o atleta non está
presente, comuníqueo na zona de premiación, para evitar esperas innecesarias.
Exclusivamente poderán subir ao podium os atletas premiados.
Para aqueles que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega, deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo
máximo de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recolleitos.
As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aqueles que se anoten á totalidade
desde un principio. As persoas que participen en todas as probas, pero anotadas
individualmente en cada unha non serán parte dese evento.
Medios de contacto:
Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor – 1º andar), de luns a venres de
9:00 a 14:00 horas.
Por e-mail á seguinte dirección: carreraspopulares@coruna.es
Información: 981 18 98 00 (Ext. 25036 - 25025) e www.coruna.gal/carreraspopulares