Calendario
Info da proba

Coruña Corre-Torre de Hércules

23/03/2019 21:00 - 22:15
Regulamento IX CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES - TROFEO J.A. VARELA CALVIÑO
I CARREIRA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS
E MARCHA SOLIDARIA
23 DE MARZO DE 2019
Presentación:
O Concello da Coruña e a Fundación EMALCSA colaboran na organización da IX CARREIRA
POPULAR TORRE DE HÉRCULES “Trofeo José Antonio Varela Calviño”, dentro do circuíto de
Carreiras Populares Coruña Corre 2018/2019 e integrando na mesma a I CARREIRA SOLIDARIA
#QUERÉMONOSVIVAS con a finalidade común de:  Promover a participación da cidadanía nas carreiras pedestres.  Implementar a través desta carreira as políticas públicas de respecto pola igualdade de
xénero en todos os ámbitos e neste caso concreto no ámbito deportivo.  Manifestar que a Igualdade e a loita contra a violencia de xénero é algo de todas e todos,
facendo unha carreira onde poidan participar mulleres, homes, nenas e nenos.  Contribuír á loita contra o cancro a través de donacións voluntarias que se destinarán a
investigación contra esta enfermidade. Toda a información relativa a causa solidaria,
publicarase en www.coruna.gal/deportes e www.coruna.gal/carreiras populares.
Ao mesmo tempo, as persoas participantes que non desexen competir, poderán facer nunha
marcha saíndo no último caixón da carreira e por un percorrido mais curto. Estas persoas levarán
un dorsal solidario nunha cor distinta.
Todas as donacións irán a parar directamente á Fundación Emalcsa, e destinadas a investigación
contra o cancro. A Fundación será a responsable de emitir un certificado nominal da donación
realizada a efectos fiscais. É imprescindible que as persoas participantes autoricen á cesión de
datos a Fundación Emalcsa na plataforma web de inscrición no mesmo momento de realizar o
donativo, respondendo a consulta de autorización que figurará no formulario de inscrición.
As normas relativas á carreira e a marcha, son obxecto deste regulamento específico.
REGULAMENTO ESPECÍFICO IX CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES –
I CARREIRA SOLIDARIA #QUERÉMONOS VIVAS
Artigo 1.- DATA DE CELEBRACIÓN: 23 de Marzo
Artigo 2.- INSCRICIONS E COTAS
Data límite de inscrición á carreira:
ata as 23:59 horas do LUNS 18 de marzo de 2019
As inscricións faranse online en www.coruna.es/carreraspopulares ou
www,championchipnorte.com
A cota de inscrición para participar na carreira, será de 2 € a excepción das persoas
desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 1 €.
Os participantes de todas as categorías, deberán inscribirse para esta carreira
independentemente de que figuren coma participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal
e chip, excepto os propietarios, aos que soamente se lles entregará un novo dorsal para
esta carreira, e a categoría prebenxamín, que non utiliza chip.
Data límite de inscrición ao circuíto:
O prazo para facer inscrición individual, equipos e familia, terminará o día que finalice o prazo de
inscrición para a cuarta carreira do Circuíto (IX Carreira Popular Torre de Hércules).
A cota de inscrición para participar no Circuíto será de 10 €. A cota para persoas
desempregadas, maiores de 65 e posuidoras do Carné Xove é de 7 euros.
Todos as persoas (incliudos participantes menores) que fagan una doazón das cantidades
establecidas na plataforma: 3 €, 5 € ou doación de libre vontade (superior a 5€), dará lugar
ademáis ao dereito a recibir unha camiseta xunto co dorsal.
Artigo 3.- HORARIOS DE SAIDA E DISTANCIA
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORA DISTANCIA
PREBENXAMÍN* nados/as no ano 2012, 2013 e 2014 17:15 150 m. aprox.
SUB 10 FEMININO* nados/as no ano 2010 e 2011
17:30 800 m. aprox.
SUB 10 MASCULINO* 17:40 800 m. aprox.
SUB 12 FEMININO*
nados/as no ano 2008 e 2009
17:55 800 M. aprox.
SUB 12 MASCULINO* 18:10 800 m. aprox.
SUB 14 FEMENINO
nados/as no ano 2006 e 2007
18:25 1.600 m. aprox.
SUB 14 MASCULINO 18:40 1.600 m. aprox.
SUB 16 nados/as no ano 2004 e 2005 19.00 2.300 m. aprox.
SUB 18 nados/as no ano 2002 e 2003 19.20 2.300 m. aprox.
ABSOLUTA 21.15 6.590 m. aprox.
*Horarios orientativos en función da participación.
Artigo 4.- LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
O dorsais recolleranse na Cidade Deportiva da Torre, na aula habilitada ao efecto, os días:  Venres 22 de marzo de 17:00 a 21:30 horas
 Sábado 23 de Marzo desde as 10.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha
das carreiras
As persoas participantes na carreira que colaboren doando e pagando un dorsal solidario recibirán
xunto co seu dorsal unha camiseta para participar na proba.
Todos os atletas deberán inscribirse para esta carreira independentemente de que figuren
coma participantes no circuíto, e recoller un novo dorsal e chip, excepto os propietarios,
aos que soamente se lles entregará un novo dorsal para esta carreira. Artigo 5.- LUGAR DE SAIDA E META
 Saida: Paseo dos Menhires. (Zona estatua a Breogán)  Meta: Torre de Hércules
Artigo 6.- PECHE DE CONTROL DA CARREIRA ABSOLUTA
As 22:15 horas.
Artigo 7.- SERVIZO DE DUCHAS
Cidade Deportiva da Torre.
O servizo de duchas será só para os participantes na categoría absoluta, a partir das 21:30 h.
Artigo 8: SERVIZO DE GARDARROUPA: no Frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario
de 19:30 a 22.30 h.
Artigo 9.- USO E DEVOLUCIÓN DO CHIP
a) O chip ha de ir correctamente atado nos cordóns das zapatillas ou cunha tobillera á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice o corredor.
Chip amarelo de propietarios (non se devolve). Ojo morado Chip para todo ou circuíto (non se devolve ata a finalización do Circuíto). c) Chip desechable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das carreiras
(Non se devolve). Artigo 10.- AVITUALLAMENTO DE META
Proporcionarase auga e avituallamento sólido, a todos os participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta. Artigo 11.- COLOCACIÓN PÚBLICA DAS CLASIFICACIONS
Anunciarase por megafonía, a localización e o momento no que as clasificacións de cada carreira
estean colocadas ao público.
As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aqueles que se anotaron ao Circuíto ata
a celebración da IX Carreira Popular Torre de Hércules. Os que participen en todas as carreiras,
pero que se inscribiron individualmente a cada unha delas, non formarán parte da clasificación do
Circuíto.
Artigo 12.- HORARIO E LUGAR DA ENTREGA DE PREMIOS
Informarase da ubicación do palco, segundo á climatoloxía.
CATEGORÍAS INFERIORES: As 19.40 horas (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 e sub-18)
CARREIRA ABSOLUTA: As 22.30 horas.
Entregarase o Trofeo Varela Calviño aos vencedores absolutos, primeiro home e primeira
muller da carreira absoluta. Trofeo especial I Carreira Solidaria #QUERÉMONOSVIVAS
Entregarase no mesmo día un trofeo especial para a primeira, segunda e terceira
clasificada de cada unha das categorías, excepto da categoría prebenxamín.
Non se inclúe neste caso a participación na marcha. Lugar: Cidade Deportiva da Torre.
Os atletas premiado
REGULAMENTO PARA A I MARCHA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS
Aquelas persoas que non desexen competir na carreira, poderán participar na marcha solidaria,
saindo do último caixón de saída da carreira, sempre que teñan un dorsal solidario.
Con esa opción a persoa poderá doar unha das cantidades establecidas na plataforma: 3 €, 5 € ou
doación de libre vontade (superior a 5€). Todas as donacións irán a parar directamente á Fundación EMALCSA e serán destinadas
íntegramente á investigación contra o cancro.
A participación co dorsal solidario dará lugar ademáis ao dereito a recibir unha camiseta xunto co
dorsal.
Artigo 1.- INSCRICIONS
Data límite: ata as 23:59 horas do LUNS 18 de marzo de 2019
As inscricións faranse online en www.coruna.es/carreraspopulares ou
www.championchipnorte.com
Artigo 2.- PARTICIPANTES
Poderán participar na marcha todas aquelas persoas maiores de 11 anos que o desexen, sempre
e cando estean correctamente inscritos en tempo e forma.
A inscrición dos menores de idade deberá realizarse cumprindo as normas que figuran na
plataforma online onde figurará expresamente a autorización do titor que a formalice, autorizando
súa participación na marcha, así como a sair en calquera dos reportaxes fotográficos ou de vídeo
que utilice a organización para a divulgación de carreira e da marcha.
Artigo 3.- HORARIOS DE SAIDA E DISTANCIA
A saída producirase a continuación da carreira da Categoría Absoluta ás 21.15 horas e
colocaranse no último caixón.
O percorrido da marcha será de uns 4.000 metros aproximadamente.
A organización reservase o dereito de que, no momento de realización da marcha, se acorte a
distancia para lograr que a marcha chegue á meta xunto aos últimos participantes da carreira da
categoría absoluta. Artigo 4.- LUGAR E RECOLLIDA DE DORSAIS
O dorsais recolleranse na Cidade Deportiva da Torre, os días:  Venres 22 de marzo de 17:00 a 21:30 horas
 Sábado 23 de Marzo desde as 10.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha
das carreiras
Xunto cos dorsais entregaráselle unha camiseta a cada unha das persoas participantes.
Artigo 5.- LUGAR DE SAIDA E META
Paseo dos Menhires
Artigo 6.- PECHE DE CONTROL DA MARCHA:
As 22:25 horas.
Artigo 7.- SERVIZO DE GARDARROUPA
Frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 20:00 a 22.30 h.
Artigo 8.- AVITUALLAMENTO DE META
Proporcionarase auga e avituallamento sólido, a todos os participantes en cada unha das
categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible despois da meta.
Artigo 9.- RESPONSABILIDADE
A participación no evento está baixo a responsabilidade e risco de cada un dos participantes.
Os participante manifestan, no momento da inscrición, que se encontran en plenas facultades
físicas e mentais para participar na dita proba, así como que non padecen ningún tipo de
enfermidade que lle incapacite para a práctica deportiva. Coa inscrición exímeselle á organización de calquera dano sufrido durante os entrenamentos
previos ou durante a realización da marcha. A organización non se fai responsable dos danos materiais ou morais que se lle poidan ocasionar
aos participantes na proba, nin tampouco das posibles neglixencias ou imprudencias que poidan
cometer os participantes na marcha. MEDIOS DE CONTACTO:
Servizo Municipal de Deportes (Palacio dos Deportes de Riazor - 1ª planta), de luns a venres de
9:00 a 14:00 horas
Por e-mail á seguinte dirección: carreraspopulares@coruna.es
Teléfonos de información: 981 18 98 00 (Ext. 25025 - 25038)
Web: www.coruna.gal/carreraspopulares