Calendario
Ver carrera

Santiago San Silvestre

31/12/2018 18:00 - 19:00

[ Go Back ]

Descripción A Federación Galega de Atletismo organiza co patrocinio do Concello de Santiago de Compostela a través do seu Departamento de deportes, a VI Carreira San Silvestre de Santiago de Compostela que terá lugar o 31 de decembro de 2018 a partir das 18:00 horas da tarde.

Esta proba continua co labor de concienciación sobre os beneficios que a actividade física regular provoca na mellora da calidade de vida dos nosos cidadáns, tal e como se fixo no VII Circuito de Carreiras Saudables de Santiago rematado o
pasado 1 de decembro. As probas estarán suxeitas o seguinte:

REGULAMENTO

1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

2. A SAÍDA da proba será ás 18:00 horas desde a Praza do Obradoiro. A zona de META estará ubicada tamén na Praza do Obradoiro.

3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no ano 2009. A organización non se fará responsable dos atletas menores da idade mínima esixida neste regulamento (ano 2009, categoría federada sub 12 (antigamente alevín)), polo que non poderán participar oficialmente na proba.

4. CATEGORIAS E HORARIOS
Na edición 2018, haberá un caixón de SAIDA na parte dianteira da proba asignado polas marcas que a continuación se mencionan. O horario das probas será o seguinte:

CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORA
__________________________________________________________________________________________________________________
SAN SILVESTRE CAIXÓN
COMPETITIVO 2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
(marca mínima na/s
distancia/s requerida/s)
___________________________________________________________________________________________________________________
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ESCOLARES do 2004 ó 2009 5,5 km aprox. 18:00 h
___________________________________________________________________________________________________________________
SAN SILVESTRE POPULAR
ADULTOS do 2003 e anteriores 5,5 km aprox. 18:00 h
___________________________________________________________________________________________________________________
ENTREGA DE PREMIOS AS 19:15 HORAS
___________________________________________________________________________________________________________________
A SAIDA DE TODAS AS PROBAS REALIZARASE DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ÁS 18:00 HORAS

5. INSCRICIÓNS

ONLINE

✓ As inscricións da categoría ESCOLARES (do 2004 ao 2009) poderán realizarse nas webs www.sansilvestresantiago.com ou www.carreirasgalegas.com , con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.

✓ As inscricións das probas de ADULTOS farase tamén a través das webs www.sansilvestresantiago.com ou www.carreirasgalegas.com , con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.

Deberán rellenar o formulario cos datos requeridos e finalizar o proceso de inscrición (poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).

Máis información en www.atletismogalego.gal.

PRESENCIAL

A inscrición presencial poderase realizar nos seguintes puntos:
✓ Multiusos Fontes do Sar (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)
✓ Complexo Deportivo de Santa Isabel (de luns a sábado de 09:00 a 21:00 horas)
Deberán rellenar o formulario de inscrición no lugar e presentar a copia do xustificante de ingreso da cota de inscrición na conta da Federación Galega de Atletismo de A Banca nº ES82 2080 0068 7830 4001 9194 indicando no concepto o nome e apelidos do atleta participante (o pago da cota de 6 € farase só en caso de atletas nados en 2003 e anteriores).

TODOS OS ATLETAS ADULTOS INSCRITOS NO CIRCUITO CORRESAN 2018 ESTARÁN INSCRITOS GRATUITAMENTE. OS ESCOLARES DEBERÁN FORMALIZAR A SÚA INSCRICIÓN.
DEBERÁN RECOLLER O DORSAL DA PROBA NOS HORARIOS INDICADOS NESTE REGULAMENTO. NON SE PODERÁ COMPETIR CO DORSAL DO CIRCUITO CORRESAN.
OS ATLETAS INSCRITOS NO CIRCUITO, NO CASO DE DESEXAR SAIR NO CAIXÓN COMPETITIVO DA SAN SILVESTRE ELITE, DEBERÁN ACREDITAR A SÚA MARCA REMITINDO UN EMAIL A info@sansilvestre.com .

*SAN SILVESTRE CAIXON COMPETITIVO:*

Neste caixón só poderán entrar aqueles atletas homes e mulleres cuxas marcas sexan as seguintes:

• Masculina: 42’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 21’ en probas de 5 k (só probas homologadas). Terán que indicar a marca, lugar e data onde se fixo.
• Femenina: 47’ en 10 k (só probas homologadas) e sub 23.30’ en probas de 5 k (só probas homologadas).
Esta medida farase só coa fin de realizar de xeito máis fluido a saída da proba.

PREZOS E PRAZOS DA INSCRICION
▪ CATEGORIA ESCOLARES (do 2004 ao 2009 incluídos): GRATUITA
▪ CATEGORÍA ADULTOS (2003 e anteriores): 6 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.sansilvestresantiago.com e www.carreirasgalegas.com e presencialmente seguindo as instruccións desta modalidade de inscrición.

Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il info@sansilvestresantiago.com.

Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
Em@il de información info@sansilvestresantiago.com .

6. PREMIOS E AGASALLOS

SAN SILVESTRE:
* Premios económicos de 200 €, 150 €, 100 € e 50 € ás 4 primeiras mulleres e 4 primeiros homes da PROBA.
* Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5,5 km aprox.).
* Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5,5 km aprox.).
* Premio participación aos 3 clubes de atletismo federado masculino con máis participantes ADULTOS nas probas.
* Premio participación ao 3 clubes de atletismo federado femenino con máis participantes ADULTOS nas probas.
* Premio participación ao 3 GRUPOS POPULARES con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome
na inscrición).
* Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
* Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes na proba (deberán reflexar o mesmo
nome na inscrición).
* Premio aos 3 mellores disfraces de grupo (mínimo 3 integrantes)
* Premio aos 3 mellores disfraces individuais.

7. RECOLLIDA DE DORSAIS:

A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
➢ LUGAR: Deportes El Corte Inglés Santiago, planta baixa
➢ Horarios e días:
▪ 30 de decembro de 10:00 a 21:30 horas
▪ 31 de decembro de 10:00 a 17:00 horas
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de xeito visible na zona anterior do corpo.

8. CIRCUITO
O circuito está publicado na web www.sansilvestresantiago.com . A Saída e Meta será desde a Praza do Obradoiro.
A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
Prégase precaución na proba polo alto volumen de participantes na mesma. A seguridade é o primeiro.

9. Todo o non recollido no presente regulamento rexirase pola normativa de probas en ruta da FGA e da RFEA en vigor.

10. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMETARIAS:
A PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DOUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS rexerase polas normas recollidas na CIRCULAR 178/2018 RFEA:
“Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y Trail Running. Calendario RFEA 2018-2019”:
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2018629104429.pdf

RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara, baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as incidencias inherentes á proba.
LOPD.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexancedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.

[ Go Back ]