Calendario
Info da proba

Ribadavia

22/12/2018 16:00 - 18:00
Regulamento V CARREIRA POPULAR DE RIBADAVIA
REGULAMENTO
Art. 1 Organización
O Concello de Ribadavia coa colaboración do Club Deportivo Aurum e da Delegación en Ourense da
Federación Galega de Atletismo organiza a V Carreira Popular de Ribadavia, que se celebrará o sábado 22
de decembro de 2018 no Concello de Ribadavia.
Esta proba pertence ó Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo
Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA - Delegación en Ourense.
Art. 2 Participantes
Poderán participar atletas federados e atletas populares. Realizarase unha clasificación conxunta.
Art. 3 Categorías
Pitufos 2012 e posteriores
Sub10 2010 – 2011
Sub12 2008 – 2009
Sub14 2006 – 2007
Sub16 2004 – 2005
Sub18 2002 – 2003
Sub20 2000 – 2001
Sub23 1997 – 1998 – 1999
Senior 1996 e anteriores ata Máster
Máster A De 35 a 44 anos
Máster B De 45 a 54 anos
Máster C De 55 a 64 anos
Máster D Maiores de 65 anos
Absoluta 2003 e anteriores
Art. 4 Distancias e horarios
Horario Categoría Distancia Voltas
16:00 Pitufos 100 m.aprox.
16:05 Sub10 – Sub12 1 Km.aprox. 1 Volta pequena
16:15 Sub14 – Sub16 2 Km.aprox. 2 Voltas pequenas
16:30 Sub18 – Sub20 – Sub23 –Sen
Rúa San Lázaro - Rúa Redondela - Rúa Extramuros - Rúa Porta Nova de Arriba - Praza Magdalena - Rúa
Santiago - Rúa Salgado Moscoso - Rúa Progreso - Praza Maior. (9.000 m. aprox.)
A organización resérvase o dereito a modificar o presente percorrido ante circunstancias que así o
aconsellen.
Art. 6 Inscricións
Dende o 26 de outubro de 2018 os/as atletas federados e populares poderán inscribirse no formulario
habilitado ó efecto na web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. A inscrición ten
un custe de 5€ que deberán aboar mediante pasarela de pago. Para os/as atletas das categorías menores
de 18 anos, a inscrición será gratuíta. Dispoñen de prazo para a inscrición ata as 20:00 horas do mércores
19 de decembro de 2018.
A participación de atletas doutras federacións autonómicas e estranxeiros rexerase de acordo co disposto
no Regulamento RFEA para as competicións de campo a través, marcha, carreiras en ruta, e reunións de
pista cuberta e aire libre da tempada 2018 – 2019.
Art. 7 Retirada de dorsais e chips
A retirada de dorsais e chips realizarase na secretaría de competición sita no baixo da Casa do Concello de
Ribadavia (Praza Maior) dende as 15:00 h. do día da competición e ata 10 min. antes de cada proba.
Art. 8 Premios
Todos/as os/as participantes da categoría Pitufos recibirán unha medalla ó rematar a súa participación na
proba.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as de todas as categorías (agás Absoluta) recibirán unha medalla.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as censados/as no concello de Ribadavia recibirán unha medalla.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as da categoría Absoluta recibirán un trofeo.
Art. 9 Descualificacións
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, non levar chip, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización. Nin bicicletas,
patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós
participantes. Non se permite a participación con coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados
destes en ningún momento.
Non se permite participar con dispositivos reprodutores de música con auriculares.
Art. 11 Peche de control
A organización establece un peche de control 90 minutos despois da saída.
Art. 12 Reclamacións
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non
máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
Art 13 Asistencia Médica e Seguros
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta desde unha hora antes
do comezo das probas e ata media hora despois da finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da
competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento
da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
Art. 14 Aceptación do Regulamento
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de
acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición
o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil
así como a xestión da licenza de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como
establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avenida. de Glasgow, 13, C.P. 15008, A Coruña.