Calendario
Info da proba

Pontevedra

18/11/2018 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
V MILLA URBANA SOLIDARIA
asociación de nenas, nenos e xente
nova con diabetes de galicia
6. Poderán participar atletas federados e non federados agás nas millas Élite nas que só
poderán participar atletas federados, no caso de non pór o número da súa licenza, serán
inscritos automáticamente na milla popular. Anímase a todas e todos a participar na Andaina.
7. Retirada de dorsais: A partir das 9 horas na Avenida Montero Ríos ata 30 min antes de
cada proba.
8. Percorrido: será ao longo do paseo da Avenida de Montero Rios de Pontevedra, nun circuito
de 500 metros cada volta. O lugar de saída será a altura da Deputación provincial.
9. Premios:
− Medallas personalizadas ANEDIA 2018, para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada
categoría establecida no regulamento.
− Agasallos para todos os participantes nas carreiras, Bob Esponja e Patrulla Canina.
Avituallamiento sólido e líquido A TODOS os participantes.
10.Participación de atletas de outras federacións autonómicas e extranxeiros: Rexirase
de acordó co disposto no artigo 3.4. do “Reglamento para las competiciones de la temporada
de campo a través, marcha, carreras en carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre”
da tempada 2016-2017
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2017/03_reglamento_comp.pdf
11. Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12.Serán motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o
circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
a) Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
Ojo morado ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
c) SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
d) ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir
alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité
Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
e) LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de
ruta.