Calendario
Info da proba

Lugo

02/12/2018 11:30 - 13:00
Regulamento II Carreira Popular
Campus Terra Leyma
Lugo 2 de decembro
O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela, mediante o Servizo de
Deportes, quere promocionar a actividade deportiva dentro da cidadanía luguesa e
de Galiza en xeral, promovendo unha actividade moi en boga na actualidade como
é unha carreira popular, e o mesmo tempo, promocionar e dar a coñecer o Campus
Terra de Lugo.
Así mesmo, esta carreira terá un carácter solidario, ca celebración da “ V Carreira
Universitaria contra a droga”. A “Fundación Galega contra o narcotráfico”, dará unha
serie de charlas e fará unhas exposicións para dar a coñecer a súa laboura.
Tamén temos que suliñar que esta carreira terá carácter internacional. A USC xunto
cas universidades públicas galegas ( Universidade de Vigo, e a Universidade da
Coruña) e as universidades do norte de Portugal ( Universidade de Miño,
Universidade de Porto, e a Universidade do Alto Douro e Tras os Montes), participa
nos denominados “Xogos Galaico-Durienses”, actividades deportivas e sociais, que
serven para o intercambio de experiencias entre os universitarios das anteditas
universidades. Neste senso, farase unha clasificación universitaria o marxe da
clasificación xeral.
A participación destas universidades, traería tamén a pernoctación dun grupo
importante de xente na cidade.
Organización:
Universidade de Santiago de Compostela
Patrocinios:
Campus Terra
Lácteos Lence ( Leyma Natura)
Concello de Lugo
Colaboracións:
Federación Galega de Atletismo
Protección Civil
El Progreso
Universidade de Vigo UVi
Universidade da Coruña UdC
Universidade de Porto UP
Universidade de Minho UM
Universidade de Tras os Montes e Alto Douro UTAD
Colaboradores que aporten o avituallamento da carreira ( bebidas isotónicas,
augas, froita, chocolatinas, etc...). En negociación con eles; o longo destes días,
iranse concretando e pechando as colaboracións.
Regulamento:
Artigo 1: O Servizo de deportes da Universidade de Santiago de Compostela
organiza a II Carreira Popular Campus Terra Leyma. As probas terán lugar o próximo
domingo día 2 de decembro ás 11:30 horas, con saídas e chegadas no Estadio de
atletismo Gregorio Pérez Rivera.
Artigo 2: As probas estarán abertas a todos os atletas, federados ou non, sen distinción
de sexo ou nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de
unha condición física suficiente para rematar a proba.
Artigo 3: Percorridos, categorías, distancias e horarios:
Nas probas de categorías inferiores, o circuíto serán as propias pistas de atletismo
Gregorio Pérez Rivera.
O circuíto para as probas de Escolares 2 e Adultos, será sobre asfalto e terra e estará
pechado a todos os vehículos, agás os autorizados pola organización, o recorrido estará
controlado por vehículos da organización.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Pitufos 2013 en adiante 150 m 11.30
Promoción 2010-2012 400 m 11.40 h
Escolares 1 2006-2009 800 m 11.40 h
Escolares 2 2002-2005 1630 m 11.50 h.
SENIOR 2001- até os 34 anos 7400 m 12.00 h
VETERÁN A Dende os 35 até os 44 7400 m 12.00 h
VETERÁN B Dende os 45 até os 54 7400 m 12.00 h
VETERÁN C Dende os 55 e anteriores 7400 m 12.00 h
Artigo 4: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de
Atletismo (ligazón da inscrición)
• As inscricións pecharanse o mércores día 28 de novembro ás 23:59 horas.
• Os participantes comprométense a aceptar o presente regulamento, así
como as posibles modificacións que poidan xurdir o día das probas.
• Dende a organización pregamos encarecidadmente o uso da camiseta
oficial da carreira.
• A inscrición nas diferentes probas é persoal e intransferible.
• A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o presente
regulamento, incluíndo o punto referente á condición física do participante,
que sexa suficiente para a realización da proba.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o
regulamento.
Motivo de descualificación son, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar dorsal ou manipular este.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como
todo o regulamentado por instancias superiores
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
e terá un custe para a proba de adultos de 5 € por persoa. (ligazón inscrición)
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo
electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste
caso facilitarase o número de licenza.
Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o día anterior á proba no Edificio da Biblioteca Intercentros do
Campus Terra de Lugo, dende as 16.00 h. até as 20.00 h; e só se poderán retirar o mesmo
día da proba aqueles que non sexan do Concello de Lugo, na zona habilitada pola
organización, até media hora antes da saída de cada proba.
Artigo 7: Premios:
• Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica que pregamos leven posta
o día da proba.
• Haberá un trofeo para os tres primeiros de cada categoría e sexo.
• A entrega de premios será no Estadio Gregorio Pérez Rivera e comezará,
aproximadamente ás 13.00h.
• Haberá unha clasificación individual universitaria con premios para as 3 mellores
mulleres e homes, (terán consideración universitaria o alumnado, o PAS e o PDI)
Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Servizos na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no propio Estadio.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Avituallamento líquido no km 4 da proba.
7. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente
informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será
para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 9: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.
Publicitación:
Esta carreira, será publicitada do seguinte xeito:
1. Farase unha presentación pública na Vicerreitoría do Campus Terra para os
medios de comunicación, onde participarán:
• Vicerreitor de Coordinación do Campus Terra
• Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus Terra
• Patrocinador principal da proba
• Presidente da Federación Galega de Atletismo
2. Impresión de carteis e dípticos, que serán distribuídos polos centros
universitarios, e locais comerciais da cidade.
3. Comunicación da carreira os distintos clubs de corredores populares da cidade
e da provincia.
4. Publicación na páxina oficial da Federación Galega de Atletismo, e nas páxinas
“Correr en Galicia” e “Carreiras Galegas”
5. Inclusión en prensa de publicidade da proba.
6. Pubicitación as outras universidades de Galicia (Vigo e Coruña), e as
universidades de Minho, Porto e “Tras os Montes e Alto Douro” do norte de
Portugal.
Percorrido da proba Escolares 2:
Saída dende a liña de meta nas pistas Gregorio Pérez Rivera, no sentido das agullas
do reloxo, e despois de trescentos metros os atletas sairán do recinto deportivo con
dirección á Piscina das Pedreiras, pasarase por diante da porta principal da Facultade
de Humanidades, e darase a volta a propia facultade, dirixíndose de novo a
instalación atlética, pola cal darán unha volta a pista, esta vez no sentido contrario
as agullas do reloxo, e entrarán en meta. En total unha distancia de 1630 m.
Percorrido proba de adultos (Track da carreira)
O percorrido sería polo Campus Terra, e nas inmediacións do mesmo, procurando
interrumpir o tráfico ordinario o menos posible. A distancia a cubrir é de 7400 m
aproximadamente.
A saída estará situada na recta principal das pistas Gregorio Pérez Rivera, dando unha volta
as mesmas no sentido das agullas do reloxo, e saíndo do estadio e collendo para a dereita
dirección á Piscina das Pedreiras; xiro a esquerda hacia o Pazo de Deportes, pasar entre o
Pazo e o anexo o Pazo, e baixada hacia a pasarela do Miño pola estrada de aceso o pavillón.
Pasaremos o parque do Miño pola pasarela de madeira, e o rematar a mesma iremos hacia
a esquerda. Xiro de 180 grados para dirixirnos hacia a Ponte Branca pola pista de zaorra
pegada a Nacional. Unha vez se chegue o inicio da Ponte Branca, xiro de 180º e volta hacia
a pasarela de madeira. Subirase a mesma, e unha vez na rúa, iremos hacia a esquerda
dirección Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Subirase pola parte da
valgada do Campus, e xiro de 90º a esquerda para pasar polo aparcamento da Facultade
até a rúa Alfonso X. Unha vez alí, xiro de 180º hacia o Ibader, baixarase de novo a valgada
e xiro de 90 º a esquerda hacia a Facultade de Veterinaria, polo camiño de pedras da
mesma. Volta pola parte posterior de Veterinaria, rodeando o Hospital Veterinario Rof
Codina, e subirase polas ruas internas da Facultade saíndo a rúa Carballo Calero,
continuando pola rúa Pablo Iglesias até a rúa Benigno Ledo, pola cal baixarase até a
carballeira situada por debaixo da Escola Politécnica; xiro de 90º á dereita hacia o
aparcamento da Biblioteca Intercentros, xiro de novo a dereita polo aparcamento até
media altura do mesmo, onde se fará un xiro de 180º para baixar pola parte dereita do
aparcamento, pegados o CACTUS, até o camiño entre a parte posterior do edificio da
Biblioteca Intercentros e o edificio da gardeiría. Seguirase polo camiño de pedra da
carballeira, para sair á rotonda entre a Facultade de Humanidades e a Piscina das Pedreiras.
Continuarase hacia o norte, bordeando a Facultade de Humanidades e chegarase a rúa
Benigno Ledo en dirección á Piscina, xirando a esquerda hacia as pistas de atletismo
Gregorio Pérez Rivera, onde despois de dar casi unha volta no sentido contrario as agullas
do reloxo, chegarase a meta situada na recta principal das pistas.
Neste percorrido, inténtase causar os menos incordios o tráfico, e nos sitios onde non é
posible esquivar o mesmo, hai beirarúas amplas e zoas de aparcamento, que non
entorpecerían o mesmo, só faría falla delimitar o circuíto cuns conos e señalizamento con
cinta de cores.