Calendario
Info da proba

Ó Barco de Valdeorras

04/11/2018 12:00 - 13:30
Regulamento 11ª CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS
04/11/2018 O BARCO DE VALDEORRAS
INSCRICIÓNS:
CIRCUÍTO:
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no
desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descualificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40
minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo
o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente
regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVIZOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase
un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os
inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude
médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da
FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia
de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
REGULAMENTO:
- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados da carreira absoluta e os tres
primeiros das categorías: (Sub 23-senior) e (MASTERS).
- Haberá trofeo o primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas
categorías Sub-14, Sub 16 e Sub 18-20).
- Nas carreiras de sub 14, sub 12, sub 10 e Prebenxamíns entregaranse medallas
ATA OS 20 PRIMEIROS DE CADA CATEGORÍA.
- Obsequiarase cunha bolsa do corredor os participantes na carreira absoluta.
- Os trofeos da categoría absoluta, non serán acumulables coas outras categorías.
CIRCUITO
O circuíto consta de unha volta de 3.500 m., totalmente chairo, que transcorrerá polas
seguintes rúas:
SAIDA ESTADIO DE CALABAGUEIROS- Río Mariñan - Barco de Avila - Paseo do Malecón (control de
paso) - Dr. Pérez Lista - Academia Dequidt - Paseo do Malecón - A Coruña- Calabagueiros-e
ESTADIO DE CALABAGUEIROS
A META estará situada dentro do Estadio e se corresponderá ca liña de meta da pista de
atletismo.