Calendario
Info da proba

Meis

18/11/2018 10:15 - 12:15
Regulamento REGULAMENTO DA CARREIRA E ANDAINA:
1) A inscrición deberá realizarse no prazo sinalado, debendo facilitar os seguintes
datos: nome e apelidos, sexo, concello, data de nacemento, DNI e teléfono.
ATENCIÓN: inscrición ata o mércores 14 de novembro de 2018 (ás 23:59h.)
En ningún caso admitiranse inscricións fora de prazo.
2) Facilitaráselle a cada participantes o dorsal e o chip correspondente, que irá no
propio dorsal. Deberán colocar o dorsal no peito, quedando ben visible.
3) O dorsal recollerase o día das probas na zona de saída/ meta (Praza de España),
entre as 9.00 e as 09.45h da mañá (cumprimento estrito de horario).
4) Dado que os dorsais son intransferibles, cada quen debe retirar o seu de xeito
individual .
5) Ao longo dos percorridos a Organización establecerá os controis necesarios
que estime oportunos para a seguridade das probas. Estes controis poderán ser
fixos ou móbiles e estarán autorizados para descalificar aos participantes que
cometan irregularidades ou atenten contra a seguridade individual (tanto propia
como allea) ou colectiva durante as probas.
6) Os nenos poderán ser acompañados polos pais, nais ou titores.
7) As probas son de carácter non competitivo, xa que o motivo das mesmas é a
reivindicación en contra da violencia de xénero, polo que poderán participar
calquera persoa que o desexe, ben realizándoa en formato carreira ou en formato
andaina.
Molón As probas terán como lugar de saída e chegada a Praza de España (O Mosteiro)
9) Recibirán trofeos os participantes de maior e menor idade, tanto masculinos
coma femininos.
10) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que
poidan sufrir os participantes nestes eventos, antes, durante e despois das probas,
se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.
11) Dado o carácter eminentemente popular e festivo destas probas, a
C O N C E L L O
DE
M E I S
( PONTEVEDRA )
R.E.L. Nº 01360280
C.I.F. Nº P-3602800-I
C. Postal 36637
Teléfono: 986 71 20 01
Fax: 986 71 53 25
correo@concellodemeis.com
www.meis.es
2
Organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
12) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
13) Acción social: o ingreso previsto polas inscricións na Carreira e Andaina
Popular destinarase a unha asociación que traballa con mulleres maltratadas
(Asoc. SMAR).
14) A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquiridos os
compromisos de estar en bo estado físico e pasados os pertinentes
recoñecementos de saúde. Ademais, o pago da inscrición conleva a autorización á
organización para a utilización da imaxe en publicacións, carteis, etc. para a
promoción do deporte.
15) Conforme á L.O. 15/1999, informámoslles de que os seus datos persoais
pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable o Concello de Meis. A
final.30hidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para a Carreira e
Andaina Popular , así como informarlle de futuras edicións. Se desexa exercitar
os dereitos de acceso, rectificacións, cancelación e oposición, poderá facelo
dirixíndose por escrito á dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha
fotocopia do seu DNI.
 ITINERARIO
O itinerario das probas será o seguinte:
 09.00 a 09.45h: recollida de dorsais
 09.45 a 10.00h: preparación dos participantes na zona de saída.
 10.00: saída da andaina.
 10.15: saída da carreira.
 12.30: hora prevista para a finalización das probas.