Calendario
Info da proba

Montes de Teo

25/11/2018 10:00 - 14:00
Regulamento IV Carreira do San Martiño - Montes de Teo

Teo, domingo 25 de Novembro de 2018
1º. A IV Carreira de Montaña do San Martiño en Teo estará organizada polo Club Ciclista
Os do Monte bravo , coa colaboración do Concello de Teo, e se celebrará o domingo 25 de
Novembro de 2018.
2º A saída e meta terán lugar na Carballeira de Francos, cun percorrido de
aproximadamente 12.000 m de dificultade técnica moderada e de gran interés
paisaxístico e cultural, e que terá lugar por camiños e sendeiros do Concello de Teo.
3º. Na proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia
federativa.
A proba contará con carreiras para menores.
4º Os horarios e distancias serán as seguintes:
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:00 Absoluta 12.000 m.
12:00 Infantil-Cadete 2.000 m.
12:20 Benxamín-Alevín 1.000 m.
5º As categorías con dereito a premio serán as seguintes:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO
PREMIOS
Sub 10-Sub 12 2008 a 2011 Medalla 3 primeiros
Sub 14-Sub 16 2004 a 2007 Medalla 3 primeiros
Carreira
Absoluta
Sub 18-Sub 20-Sub 23 1997 a 2003 Medalla 3 primeiros
Senior 1996 ata 35anos Medalla 3 primeiros
Máster A 35 a 44 anos Medalla 3 primeiros
Máster B 45 anos en adiante Medalla 3 primeiros
Absolutos 2003 e anteriores Trofeos 3 primeiros e Cesta
Ecolóxica ao gañador e gañadora
Nacidos ou empadroados en
Teo
2003 e anteriores Trofeo ao gañador e gañadora
6º Os premios non serán acumulativos. Os premiados a nivel absoluto non recibirán
trofeo correspondente á súa categoría. Esta norma non afectará ao primeiro e primeira
clasificados do Concello de Teo.
7°. As inscricións poderanse facer a través do formulario disposto para tal fin en
http://carreirateo.galitiming.com/ , ate ás 23:59 horas do mércores día 21 de novembro
do 2018. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento (en ningún caso se
inscribirá ningún corredor que omita este dato), sexo, localidade, clube (se procede) e
teléfono de contacto.
8º. As cotas de inscripciónpara os participantes adultos serán as seguintes:
- A inscrición para os participantes na proba absoluta (de xuveniles a veteráns) terá un
custo de 8 €.
-O prezo das categorías menores será GRATUITO.
9º. Os dorsais e chips se recollerán o mesmo día da proba na mesa de control da
organización situada na liña de saida, ata media hora antes do comezo de cada carreira.
Os participantes na proba absoluta recibirán có seu dorsal e chip un
agasalloconmemorativo da proba.
10º. Toda a información da proba (horarios, regulamento, servicios, novidades,
fotografías, resultados) tanto antes como despois da carreira, será publicada no facebook
“Carreira do San Martiño – Montes de Teo” e/ou na páxina de Galitiming.
11º. Os participantes deberán colocarse no zona de saída 5 minutos antes do comezo
da proba.
12°- Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da
organización. Os corredores que cheguen á meta sen o seu dorsal serán
automaticamente descalificados.
13°. A proba contara con control de tempos mediante microchip, o cal deberá ir
debidamente colocado na zapatilla de cada corredor.
14º-. Existirá 1 posto de avituallamento aproximadamente no Km 5; máis o especial de
meta.
15° Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e
poderá descualificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
16º. A entrega de premios farase ao rematar as probas escolares, aproximadamente ás
12:45 h.
17º. E de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de premios por parte do
atleta premiado.
18°- A organización poderá modificar este regulamento. En caso de modificación
notificarase mediante mail aos participantes inscritos e se modificará tanto en redes
sociais como na páxina de Galitiming. O non recollido neste regulamento resolverase
segundo o criterio da organización e as súas decisións serán inapelables.
19°- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir
as/os participantes nestas probas por calquera incidente fortuíto durante o seu
desenvolvemento.
20°- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular admitiranse
reclamacións antes de comenzar coa entrega de premios, pero espérase un espírito e un
comportamento deportivo por parte de todas e todos os participantes.
21°- Unha vez realizada a inscripción non se reintegrará baixo ningún concepto.
22º. Todas as persoas corredoras polo feito de realizar a inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou Internet. Mediante
a súa inscrición, a persoa corredora consinte expresamente que os seus datos sexan
utilizados pola organización para comunicacións sobre as súas actividades, dando por
aceptado e debendo cumprir todos os aspectos reflectidos neste regulamento.