Calendario
Ver carrera

Bueu

11/11/2018 10:00 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción XXIII CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO
BUEU 2018
1) PRESENTACIÓN.
O Club Atletismo Corredoiras coa colaboración do servizo de deportes do concello de Bueu
organiza o domingo 11 de novembro a XXIII Carreira Pedestre de San Martiño.
As probas, tomarán a saída na zona da Avda. de Montero Rios, á altura do Museo Massó. En
primeiro lugar, a partir das 10:00h celebraranse as carreiras de categorías inferiores e
posteriormente, ás 12:00 horas disputarase a carreira de 6 quilómetros.
Ámbalas dúas competicións serán de carácter popular e non se precisa posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DAS COMPETICIÓNS.
2.1.- CARREIRAS CATEGORÍAS INFERIORES (dende chupete ata cadete).
• Realizaranse diferentes distancias segundo as diferentes categorías.
• Os tempos serán recollidos manualmente polos xuíces da proba e soamente se tomará a
referencia dos tres primeiros clasificados.
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
CHUPETE 2014 a 2016
MINIBENXAMÍN 2012 a 2013
BENXAMÍN 2010 a 2011
ALEVÍN 2008 a 2009
INFANTÍL 2006 a 2007
CADETE 2004 a 2005
Categorías e horarios
CATEGORÍAS DISTANCIA HORARIO*
Alevín feminino 1000 metros 10:00 h
Alevín masculino 1000 metros 10:10 h
Infantil masculino/feminino 2000 metros 10:20 h
Benxamín feminino 500 metros 10:35 h
Benxamín masculino 500 metros 10:45 h
Cadete masculino/feminino 3000 metros 10:55 h
Minibenxamín masculino 300 metros 11:15 h
Minibenxamín feminino 300 metros 11:25 h
Chupete (conxunta) 100 metros 11:35 h
*Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
**Ver percorridos ó final do regulamento
2.2.- CARREIRA CATEGORÍA ABSOLUTA (dende xuvenil ata veterán “F”).
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km. de percorrido (1 Km. ida e
1 Km. volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar) ó que se darán 3
voltas, para así completar os 6 Km. dos que consta a proba absoluta.
• Tanto a saída como a chegada estarán situadas á altura do museo Massó
• Poderán participar tódalas persoas maiores de 16 anos que o desexen. O corredor/a
debe estar ben preparado fisicamente para a carreira, gozar de boa saúde xeral, sen
padecer ningunha enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa
participación en dita proba.
• O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición física,
psíquica e deportiva.
Categorías absolutas
CATEGORÍAS ANOS NACEMENTO
XUVENIL 2002 a 2003
SENIOR 1979 a 2001 (DE 17 A 39 anos*)
VETERÁN “A” 1978 a 1974 (DE 40 A 44 anos*)
VETERÁN “B” 1973 a 1969 (DE 45 A 49 anos*)
VETERÁN “C” 1968 a 1964 (DE 50 A 54 anos*)
VETERÁN “D” 1963 a 1959 (DE 55 A 59 anos*)
VETERÁN “E” 1958 a 1954 (DE 60 A 64 anos*)
VETERÁN “F” 1953 e ANTERIORES (65 E SUPERIORES*)
*Anos cumpridos a 31 de decembro de 2018.
Horarios
CATEGORÍA DISTANCIA HORARIO**
Absoluta 6000 metros 12:00 h
**Os horarios son totalmente orientativos, podendo variar ata en +- 10 min. Segundo o
desenrolo das probas.
2.3.- NORMATIVA PARA TÓDALAS CARREIRAS.
• Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
• Será motivo de descualificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
• Disporase de servizo de duchas.
• A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
• Quedará descualificado/a desta proba toda persoa que:
o Non complete a totalidade do recorrido.
o Deteriore ou ensucie o entorno.
o Non leve o seu dorsal ben visible.
o Desatenda as indicacións da organización.
o Non cumpra o presente regulamento
• A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan, ou por causas de forza maior.
• Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización,
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o circuíto.
• A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como
dos obxectos perdidos de cada participante. Os participantes exoneran á organización de
toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
• Todo participante, polo feito de inscribirse acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que
puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado. Todos os participantes inscritos na marcha están amparados por un
seguro de responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure
con claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante.
3) INSCRICIÓNS.
• As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun costo de 6€ por participante
para a categoría absoluta de 6 Km. que inclúe o dorsal, froita e bebidas.
• As inscricións serán gratuítas dende a categoría chupete a cadete a través da mesma
páxina. Excepcionalmente aceptaranse inscricións na categoría chupete ata 30
minutos antes de comezar a proba.
• Nos colexios de Bueu repartiranse formularios de inscrición que deben ser devoltos
con data límite o 2 de Novembro de 2018.
• A data límite de inscrición será o 8 de novembro.
• Non se admitirán inscricións por outro medio ou fora de prazo.
• A organización non ten o deber de devolver a inscrición en caso de que o atleta non
puidera participar.
4) PERCORRIDO
• Circuíto urbano (asfalto, totalmente plano) de 2 km de percorrido . (1 km ida e 1
km. Volta) ao longo da Avda. De Montero Rios (beiramar).
5) ENTREGA DE PREMIOS.
• Chupetes: Medallas para tod@s os participantes.
• Resto de categorías: Trofeo para os tres primeir@s clasificados(trofeos non
acumulativos)
• Absoluta: Recibirán os seguintes premios en metálico, tanto na categoría feminina
como masculina:
1º Clasificad@: 75€
2º Clasificad@: 50€
3º Clasificad@: 25€

[ Go Back ]