Calendario
Ver carrera

A Camelia

03/02/2019 9:00 - 16:30

[ Go Back ]

Descripción V MARATÓN por MONTAÑA “A CAMELIA” 2019
1.‐ ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o V
Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do
2019, con saída na Área recreativa de Agronovo e chegada en Vedra (Pabellón de
Deportes).
1.2.- Tipo de proba.
MARATÓN: Modalidade competitiva no federada, con unha distancia de 42 kms.
Desnivel positivo aproximado de 1.800 m e un desnivel acumulado de 3.500 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: media
6 Avituallamentos (1 líquidos + 5 sólidos)
A saída da Maratón será as (9:00h), trasladándose os participantes en autobús desde
o Pavillón Polideportivo de Vedra (as 8:30).
Existirá un tempo límite de 7:00h, contadas desde a saída, polo que o participante que
supere as 5.00h nun punto no que haberá unha persoa de control (Km 30,5), deberá
desviarse obrigatoriamente polo trazado alternativo.
2.‐PERCORRIDO
2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra,
adentrándose tamén, nos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago de
Compostela e Teo. Sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola
forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces
entre distintas zonas.
Maratón
Elevación máxima: 540 m
Elevación mínima: 46 m
Pendente máxima de subida: 36%
Pendente máxima de baixada: 37%
Distancia de asfalto acumulada: 3,5 kms
3.‐ PROGRAMA
03 de Febreiro (domingo)

07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón
Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
Inicio de transporte (autobuses) dos corredores da Maratón.
09:00–Saída da Maratón.
14:00–Corte horario da Maratón no Km 30,5 (desvío obrigatorio)
13:00–Chegada prevista dos primeiros corredores da Maratón.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.
4.‐ PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe
prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de
carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade,
afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
Material Recomendado (tendo en conta a climatoloxía de un mes de Febreiro):
- Chuvasqueiro ou cortaventos
- Teléfono Móbil con carga suficiente
- Reserva de auga de ½ litro
-Obrigatorio vaso ou recipiente similar para os corredores da Maratón (non se
repartirán vasos nos avituallamentos).
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade
de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado,
debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da
Organización.
Importante prestar atención o cruce da N-525, donde habrá unha persoa da
organización xestionando ese punto (Km 24).
Coordenadas: 42.783387, -8.435895
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios
establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura
2000, Vía da Prata, Camiño Miñoto/Ribeiro), polo que non debemos ensucialos nin
deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do V Maratón por
Montaña “A Camelia” 2019, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e
difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir
a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de
Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de
Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o
firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus
datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos
mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e
outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de
Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
5.‐ INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba).
O límite de participantes será de 150 prazas.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a
través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html rellenando o
formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria
correspondente.
O prezo da inscrición será: 25€
Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito
número, non se admitirán mais participantes.
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de
lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice@gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.‐ CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Maratón:
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables):
Categoría absoluta masculina e feminina,
Veteranos (+40) masculina e feminina
Clasificación por Equipos/Clubs( tres primeiros):
Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 3 compoñentes, formalizando
a inscrición co mesmo nome de equipo.
Camiseta técnica a tod@s @s participantes da Maratón
Pincho Final na Meta para tod@s.
7.‐ AVITUALLAMENTOS
7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes
avituallamentos líquidos e sólidos:
Km. 7– Puente Ulla - Líquido + Sólido
Km. 14– Zona da canteira - Líquido + Sólido
Km. 19,5– Pico Sacro– Líquido + Sólido
Km. 25– Socastro – Líquido
Km. 29,5– Ponte baixo a AP-53 – Líquido + Sólido
Km. 35,5– Monte de San Fins – Líquido + sólido
8.‐ MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas
de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.‐ RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o
control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar
hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o
vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles
que o requiran.
10.‐ ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.
11.‐ OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a
disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo
Municipal (zona chegada).
11.2.- Coordenadas GPS:
-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207
-Saída Maratón: 42.754908, -8.408446
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza
de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado
deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en
que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.
III TRAIL “A CAMELIA” 2019
1.‐ ORGANIZACION E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o
III Trail “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída
e chegada en Vedra (Pavillón de Deportes).
1.2.- Tipos de probas.
TRAIL : Modalidade competitiva con unha distancia de 15 kms.
Desnivel positivo aproximado de 350 m e un desnivel acumulado de 700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido+sólido)
ANDAINA : Modalidade non competitiva con unha distancia de 15 kms (mesmo
trazado do Trail)
Dificultade física: media
Dificultade técnica: baixa
1 Avituallamento (líquido+sólido)
Primeiro darase a saída o Trail (11:00h), desde o Pavillón Polideportivo de Vedra, e a
continuación sairá a Andaina detrás. Estas probas terán lugar polo mesmo trazado,
coincidindo este cos 12kms últimos da Maratón.
2.‐PERCORRIDO
2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños do Concello de Vedra, sendas cheas de
historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza.
Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces
entre distintas zonas.
3.‐ PROGRAMA
03 de Febreiro (domingo)

07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón
Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón.
10:45–Fin da entrega de dorsais para o Trail e Andaina.
11:00–Saída Trail e Andaina desde o Pavillón Polideportivo de Vedra.
12:00–Chegada prevista dos primeiros corredores do Trail.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.
4.‐ PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe
prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de
carreiras de montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade,
afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba.
4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade
de cada participante localizar a señalización e seguila.
4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado,
debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da
Organización.
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios
establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura
2000, Ruta do Pereiro-Sales), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos,
arroxando desperdicios fora das áreas de control.
Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do II Trail “A Camelia”
2018, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de
tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización
expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a
través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección
de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda
informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais
aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa
utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades
propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través
do seu mail: cdmvertice@gmail.com
5.‐ INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba) ou 16 anos con autorización firmada por pai/nai/titor legal.
O límite de participantes será:
Trail : 200 prazas
Andaina: 200 prazas
Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito
número, non se admitirán mais participantes.
5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a
través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html rellenando o
formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria
correspondente.
Os prezos da inscrición son:
Trail: 10€
Andaina: 5€
Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de
lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice@gmail.com
A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.
6.‐ CATEGORÍAS E PREMIOS
6.1.- Trail:
Categoría absoluta masculina e feminina,
Veteranos (+40) masculina e feminina
Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).
Obsequio os corredores do Trail e Andaina
Pincho Final na Meta para tod@s.
7.‐ AVITUALLAMENTOS
7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes
avituallamentos líquidos e sólidos:
Trail corto/Andaina
Km. 8– Monte de San Fins – Líquido + sólido
8.‐ MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido

Entrar na meta sin dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas
de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.‐ RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o
control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal.
Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar
hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o
vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que
teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc.
que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas
condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles
que o requiran.
10.‐ ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.
11.‐ OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a
disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo
Municipal (zona chegada).
11.2.- Coordenadas GPS:
-Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207
-Saída Trail/Andaina: 42.773046, -8.483207