Calendario
Ver carrera

Ó Carballiño

23/12/2018 11:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción X Carreira Solidaria do Arenteiro
Data: domingo, 23 de Decembro de 2018.
Hora: a partires das 11:00 h.
Lugar: O Carballiño. Na praza da Veracruz.
Distancia: de 280 a 10.000 m aprox.
Organiza: Concello de O Carballiño.
Colaboran: Atletismo Arenteiro e Korpore Carballiño.
Inscrición: Ver no regulamento. En Championchipnorte.com
CATEGORÍAS . Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións
diferenciadas. As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
CATEGORÍA NOME ANO NACEMENTO:
A PITUFOS 2015, 2016, 2017
B PREBENXAMÍN 2013, 2014
C BENXAMÍN 2009, 2010, 2011, 2012
D ALEVÍN 2006, 2007, 2008
E INFANTIL - CADETE de 2002 a 2005
F XUNIOR-PROMESA de 1995 a 2001
G SENIOR de 1994 ata veteranos
H VETERAOS “A” M–35 W–35
I VETERANOS” B” M-40 W-40
J VETERANOS” C” M-45 W-45
K VETERANOS “D” E M-50 e posteriores W-50 e posteriores
Equipos: Haberá unha clasificación por equipos (que poderán estar formados por mulleres,
homes ou mixto) e se confeccionará inscribindo os integrantes do equipo no apartado que está
habilitada para tal efecto na páxina de inscrición de championchipnorte(importante cubrir ben
este apartado senón non se terá en conta para a clasificación). Para que un equipo teña
clasificación, terán que rematar a proba como mínimo 7 corredores do mesmo equipo. Para
confeccionar a clasificación dos equipos sumaranse os postos dos 7 primeiros corredores
clasificados e obtendo o mellor resultado o equipo que na suma menos puntos acade e así
sucesivamente.
PERCORRIDO
PROBA HORA CATEGORÍAS DISTANCIA
1º 11:00 F, G, H, I, J, K 10 km (ABSOLUTA).
2º 12:10 D,E 2 km.
3º 12:30 ESPECIAL OLYMPICS 450m.
4º 12:40 C 450 m.
5º 12:50 A,B 250 m.
Avituallamento líquido no km 6 e sólido-liquido na meta. Tamén faremos un chocolate quente
para todos os participantes.
Os quilómetros estarán perfectamente sinalados na Proba Absoluta.
INSCRICIÓNS :
Dado o carácter solidario da carreira, pregáselle a todos os participantes que colaboren coa
entrega de produtos de comida non perecedoiros, que se entregarán o día da proba na carpa
da organización.
CATEGORÍAS INFANTILES
CAT PREZO PRAZO
A, B, C, GRATIS dende o 5 de Novembro ata as 11:00h do 23 de Decembro.
A inscrición é totalmente gratuíta para as categorías A, B, C. e Special Olympics, e farase:
- Na páxina web de championchipnorte.com
- Na área de deportes do Concello do Carballiño (Claudio), no número de telefono 988
530 007 ext 348 ou o mesmo día da carreira ata as 11:00h.
CAT PREZO PRAZO
D, E Inscrición online GRATIS+entrega de prod
CATEGORÍAS ABSOLUTAS
CAT PREZO PRAZO
F, G, H, I, J, K, 5€+entrega de 1kg de produto non perecedoiro ao recoller o dorsal os que
teñan en propiedade o chip amarelo. 6€+entrega de 1kg de produto non perecedoiro ao
recoller o dorsal os que non teñan o chip amarelo en propiedade . Dende o Luns 5 de
Novembro ata o xoves 20 de Decembro, ás 23:59h.
A inscrición se fará a través de : www.championchipnorte.com
Para calquera dúbida, chamar o teléfono 607515725 en horario de oficina.
"AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN
TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS"
PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partires das 13:00h. Na zona de Saída-Meta Praza da
Veracruz.
- Trofeos para os tres primeiros clasificados, masculinos e femininos, nas categorías D,
E, F, G, H, I, J , K.
- Trofeo para os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos. Máis
agasallos a determinar pola organización.
- Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.
- Trofeo ó/a primeiro/a carballiñés/a (Empadroado/a no concello do Carballiño). (o
trofeo é acumulativo).
- Trofeo o/a de maior idade que remate a proba.
- Os trofeos non son acumulativos, salvo os indicados.
- As categorías D, E, F, G, H, I,J,K tamén recibirán un agasallo conmemorativo do evento
os primeiros 500 Inscritos. Tamén se está xestionando a posibilidade de sortear
agasallos durante o período de inscrición según a dispoñibilidade dos patrocinadores.
PREMIOS ÓS ATLETAS QUE REMATEN A SÚA PROBA:
- Medallas para os participantes das categorías A, B, C e Special Olympics. Tamén
recibirán un agasallo por determinar.
REGULAMENTO XERAL
1º) PROBAS: Celebraranse seis probas con percorridos e horarios diferentes segundo as
categorías.
2º) As inscricións das categorías D, E, F, G, H, I,J,K pecharanse sen excepción ás 23:59 horas do
20 de Decembro e non se admitirán o mesmo día da carreira, agás causa xustificada.
3º) Ós participantes das categorías A,B,C,D,E,F,G,H,I,J,K facilitaráselles o dorsal e chip
correspondente á súa categoría, debendo colocalo para a súa identificación durante a carreira
e chegada á meta.
4º) Ós participantes das categorías SPECIAL OLYMPICS facilitaráselles o dorsal correspondente
á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e
chegada á meta.
5º)Sortearanse agasallos doados por colaboradores según dispoñibilidade e da maneira que
cree oportuna a organización. Todos estes agasallos entregaranse só o día da proba ou
durante o proceso de inscrición, todos aqueles agasallos que non sexan recollidos o día da
proba non se entregarán.
6º) Ó longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e
poderán descualificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
7º) O control de chegada da Proba Absoluta pecharase 40 min despois de que chegue o
primeiro clasificado.
8º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os
participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un
equipo de primeiros auxilios e fisioterapeuta.
9º) A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ó longo do percorrido.
10º) Duchas: Na instalación deportivas da Uceira, con autobús dende a Veracruz , (Zona de
saída/Meta).
11º) RESULTADOS: en www.correrengalicia.org e Championchipnorte.com
12º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda
de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
13º) Todos os corredores co feito de anotarse na carreira fanse responsables de acatar dito
regulamento e o seu descoñecemento non exime do seu cumprimento.
A ORGANIZACIÓN : CONCELLO DO CARBALLIÑO
COLABORAN: ATLETISMO ARENTEIRO E KORPORE CARBALLIÑO

[ Go Back ]