Calendario
Ver carrera

Xinzo de Limia

12/05/2019 10:40 - 13:40

[ Go Back ]

Descripción CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2019
12 DE MAIO DE 2019
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
A CARREIRA POPULAR XINZO DE LIMIA 2019 está organizada pola
Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o domingo día 12 de maio de 2019.
REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 10:40 h para a carreira Absoluta (10.000 m. homologados)
b. Ás 12:00 h para a carreira Infanil-Cadete (1.900 m)
c. Ás 12:20 h para a carreira Benxamín-Alevín (930 m)
d. Ás 12:35 h para a carreira Prebenxamín (350 m)
e. Ás 12:45 h para a carreira Pitufos (150 m)
2. A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
3. A clasificación será absoluta e por categorías.
4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo,
Protección Civil e dos organismos municipais competentes que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
5. O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.
6. O control de chegada pechará 50 minutos despois de que entre o primeiro
clasificado.
7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores
da Federación Galega de Atletismo.
8. A carreira conta con seguro de accidentes e responsabilidade civil.
9. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais.
10.Según as normas de competición da FGA, autorízase a participación de atletas
federados extranxeiros con licencia pola Federación Galega de Atletismo. No
caso de que non teñan licencia FGA, só se autoriza a súa participación si se trata
de:
a. Atletas portugueses, sempre e cando non foran internacionais co seu país
nos derradeiros 5 anos na mesma distancia.
b. Atletas residentes en Galicia que deberán xustificar con un permiso de
residencia ou traballo.
En ambos casos o atleta debe ter permiso da federación nacional do seu país
dacordo á normativa IAFF e mostralo se fose requerido.
11.Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
12.As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
13.Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente
regulamento.
INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 15 de abril.
As inscricións para as carreiras SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB 16, SUB 18,
PREBENXAMÍNS E PITUFOS, (categorías A, B, C, D, E, O, P, Q), serán gratuitas
e faranse polos seguintes medios, ata as 23:59 h do día 9 de maio.
✓ Na web: www.carreirasgalegas.com (enchendo o formulario de inscrición)
As inscricións para a CARREIRA ABSOLUTA (categorías F, G, H, I, J, K, L, M,
N) faranse na web http://www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 h do día 9 de maio.
Os participantes na CARREIRA ABSOLUTA, teñen que abonar 6,00 € en concepto
de cuota de inscrición.
Non se completará a inscrición ata formalizar o pago.
IMPORTANTE:
Deberán sinalar se están empadroados no Concello de Xinzo de Limia para entrar na
clasificación de atletas locais.
A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.
PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 9 DE MAIO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO
PERIODO DE INSCRICIÓNS.
CAMPIONATO DE GALICIA DE 10.000 M EN RUTA
As inscricións para o Campionato de Galicia de 10.000 metros en ruta poderanse facer a través do
sistema online da web da RFEA (http://www.atletismogalego.org/) ata ás 20:00 h do martes 7 de maio
de 2019.
CATEGORÍAS E PREMIOS CAMPIONATO DE GALICIA 10.000 M EN RUTA
SUB 20
SUB 23
ABSOLUTA
MÁSTER
MASCULINA
e
FEMININA
MEDALLAS PARA OS 3
PRIMEIROS CLASIFICADOS
Para optar ós premios da carreira popular será necesario facer a inscrición na web
www.carreirasgalegas.com e pagar a cuota de inscrición.
A Federación Galega de Atletismo publicará unha circular de este campionato.
CATEGORÍAS: So se poderá participar na categoría que se corresponda co ano de nacemento.
PREMIOS:
CATEGORÍAS PREMIOS
PREBENXAMÍN 12
PREBENXAMÍN 13
SUB 10
SUB 12
SUB 14
SUB 16
SUB 18
TROFEOS PARA OS TRES PRIMEIROS CLASIFICADOS
CARREIRA
ABSOLUTA
1º CLAS. MASC: TROFEO
2º CLAS. MASC: TROFEO
3º CLAS. MASC: TROFEO
1º CLAS. FEM: TROFEO
2º CLAS. FEM: TROFEO
3º CLAS. FEM: TROFEO
SUB 20
SUB 23
SÉNIOR
MÁSTER 35
MÁSTER 40
MÁSTER 45
MÁSTER 50
MÁSTER 55
MÁSTER 60
TROFEO PARA OS PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA.
(OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS EXCEPTO OS DOS ATLETAS LOCAIS)
ATLETAS LOCAIS
(Empadroados no
Concello de Xinzo)
1º LOCAL MASC: TROFEO
2º LOCAL MASC: TROFEO
3º LOCAL MASC: TROFEO
1º LOCAL FEM: TROFEO
2º LOCAL FEM: TROFEO
3º LOCAL FEM: TROFEO
PITUFOS MEDALLAS PARA OS 30 PRIMEIROS PARTICIPANTES QUE CHEGUEN Á META
MAIOR IDADE TROFEO
MÁIS NOVO TROFEO

[ Go Back ]