Calendario
Info da proba

Á Estrada

02/12/2018 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO VII CROSS RIO LIÑARES 2018
O Concello da Estrada, organiza o vindeiro domingo día 2 de decembro a partir das 11
horas, o VI Cross Rio Liñares, terceira e derradeira carreira puntuable para o VI Circuito Corre A
Estrada Corre.
A proba celebrarase dentro do recinto da Sociedade Deportiva Rio Ulla, e o seu percorrido
pasará por superficies de herba e de terra nunha distancia aproximada na carreira absoluta de
5.000 metros.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en tres circuitos: un de
400 metros (Circuito A) outro de 500 metros (Circuito Ojo morado e outro de 1600 metros (Circuito C),
todos eles pechados e balizados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A
organización contará coa colaboración dos clubs atléticos do Concello e dos organismos
municipais competentes, que colaborarán no control da carreira.
1. CATEGORÍAS:
Poderán participar todas as persoas, sexan ou non federadas, das seguintes categorías:
 PITUFOS: Atletas nados/as no ano 2013 e posteriores.
 PRE-BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2011 e 2012.
 BENXAMÍN: Atletas nados/as nos anos 2009 e 2010.
 ALEVÍN: Atletas nados/as nos anos 2007 e 2008.
 INFANTIL: Atletas nados/as nos anos 2005 e 2006.
 CADETE: Atletas nados/as nos anos 2003 e 2004.
 XUVENIL: Atletas nados/as nos anos 2001 e 2002.
 JUNIOR: Atletas nados/as nos anos 1999 e 2000.
 PROMESA: Atletas nados/as nos anos 1996, 1997 e 1998.
 SENIOR: Atletas nados/as entre os anos 1984 e 1995.
 VETERÁN/A A: Atletas nados/as entre 1974 e 1983.
 VETERÁN/A B: Atletas nados/as entre 1964 e 1973
 VETERÁN/A C: Atletas nados/as no ano 1963 e anteriores.
2. HORARIOS E PERCORRIDOS:
Os percorridos de todas as probas, dependendo da categoría realizarase nas instalacións
da Praia Fluvial da Sociedade Deportiva Rio Ulla.
HORA CATEGORÍA DISTANCIA APROX
11:00 h CADETE
XUVENIL/JUNIOR
PROMESA
SENIOR e VETERÁN
3.200 m (2 voltas ó circuito C)
5.000 m (3 voltas ó circuito C).
12:00 h INFANTIL 1.600 m (1 volta ó circuito C).
12:20 h ALEVÍN 1.000 m (2 voltas circuito Ojo morado
12:30 h BENXAMÍN 800 m (2 voltas circuito A)
PREBENXAMÍN 400 m (1 volta circuito A)
13:00 h PITUFOS 100 m
13:15 h ENTREGA DE PREMIOS
3. INSCRICIÓNS:
* ADULTOS: (dende xuvenil ata veteráns) Ata o xoves día 29 de novembro de 2018 as 23:59
horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición). Unha vez dentro da páxina, seguir
as instruccións para formalizar as inscricións que se desexen. Haberá un límite de 500 inscritos
na proba absoluta.
* ESCOLARES: (dende pitufos a cadetes) Ata o xoves día 29 de novembro de 2018 as 23:59
horas na web www.emesports.es (única forma de inscrición) onde deberán indicar os datos da
inscrición requeridos.
A organización resérvase o dereito de aceptar inscricións fora de prazo. Non se aceptarán
inscricións con datos incompletos ou sin todos os datos obrigatorios presentes no formulario de
inscrición online.
Calquera dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó teléfono
886.153.589.
Calquera dúbida relacionada coa organización da proba poderán dirixirse os teléfonos
986.570.030 ou no correo deportes@aestrada.es
O PREZO da inscrición será o seguinte:
 ADULTOS (xuvenil e superiores): 4,00 €
 CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a cadetes): GRATUITA
4. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS:
Realizarase o día da proba nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla, no lugar
habilitado para á organización da carreira, a partir das 9:30 horas.
* CONTROL CON CHIP: A proba absoluta (11 horas) estará controlada a través dun CHIP que
se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que deberá colocarse na
zapatilla antes da saída da súa proba.
TODOS OS CORREDORES TEÑEN A OBRIGA DE DEVOLVER O CHIP O FINALIZAR A SÚA
PROBA. AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS
CLASIFICACIONS NIN RECIBIRÁN NINGUN TIPO DE OBSEQUIO. (Agás propietarios de
chip participantes no VI Circuito “Corre A Estrada Corre”).
5. CLASIFICACIÓNS:
A clasificación farase nas seguintes categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil,
cadete, xuvenil, junior, senior, veterán A, veteran B e veteran C; tanto masculina como feminina.
Establécese a clasificación segundo a orde de entrada en meta.
6.- DESCUALIFICACIONS:
Todo corredor/a que incumpra este regulamento poderá ser descualificado polos xuíces
da FGA. As reclamacións deberán ser dirixidas ao Xuíz Árbitro da proba nun tempo máximo de
30 minutos dende a publicación dos resultados.
O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade poderá ser
descualificado.
Todo o non disposto no presente regulamento resolverase, por esta orde, de acordo as
normas da FGA e RFEA.
7. PREMIOS E TROFEOS:
 CATEGORIA ABSOLUTA:
Trofeo os tres primerios clasificados de cada categoría feminina e masculino DENDE
XUVENIL ata VETERÁNS.
 CATEGORÍAS ESCOLARES:
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina dende
PREBENXAMÍN ata CADETES.
Medallas para todos os participantes da categoría PITUFOS (ata fin de existencias).
- So se poderá optar a trofeo na categoría que corresponda o participante segundo a súa
idade e na que figure inscrito en tempo e forma. Os premios non son acumulativos.
- Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar
como absoluto ata esgotar existencias.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS:
- Os corredores/as deberán situarse na zona de saída cinco minutos antes do inicio da sua
proba.
- O longo do percorrido haberá controis a cargo da organización.
- Haberá servizo de vestiarios nas instalacións da Sociedade Deportiva Rio Ulla e servizo de
duchas no pavillón municipal Coto Ferreiro na zona deportiva.
- A organización do VII Cross Rio Liñares non se fai responsable de perdas ou danos
materiais que se poidan producir, así como outras persoas lle ocasionen os participantes desta
carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou obxectos.
- A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos
médicos están facultados para retirar dá a carreira a calquera participante que manifeste un mal
estado físico durante o desenvolvemento da mesma.
- Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde a mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade, que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
-Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente
regulamento, e en caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo,
resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador.
-Todos os corredores/ as, ao realizar a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe en
medios de comunicación e internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día de ránking popular e probas de ruta.
En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.