Calendario
Info da proba

Trail do Trega

25/11/2018 10:00 - 12:00
Regulamento Regulamento
Artigo 1.- Organización
O concello da Guarda, en colaboración con Qualité Sport Events, organiza o próximo 25 de novembro a V edición do TRAIL DO TREGA
Artigo 2 -.A proba
O Trail do Trega é unha carreira con dúas diferentes distancias:
-Mergelina 10 km (LIMITE 200 PRAZAS)
-Castros Celtas 18km km (LIMITE 200 PRAZAS)
A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega A carreira non ten un desnivel significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se necesita unha boa preparación.
A organización habilitará 2 avituallamentos no percorrido Castros Celtas 18km e 1 para o Mergelina Trail
Artigo 3 .-Regulamento
A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Trega.
Artigo 4 .-Participación
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuñ;o de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación é de 18 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta menor de idade. Está prohibído ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O corredor do Trail do Trega deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.
Artigo 5 .-A Carreira
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora branca e vermella e señalética especîfica creada para a proba. O rutómetro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildotrega.com).
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de MyLaps. Os participantes deberán portar o chip durante todo o percorrido, situándoo na zapatilla do corredor, xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizasen correctamente.
Artigo 6 .-Inscrión
A inscrición ao Trail do Trega iniciarase a partir do 24 de outubro de 2018 a través da páxina web da proba e finalizará o día 21 de novembro e os prezos de inscrición serán de:
Mergelina Trail (10km)
-10 euros do 24 de outubro ao 28 de outubro 2018.
-12 euros do 29 de outubro ao 18 de novembro de 2018
-14 euros do 19 ao 21 de novembro de 2018
Castros Celtas (18km)
-14 euros do 24 de outubro ao 28 de outubro 2018.
-16 euros do 29 de outubro ao 18 de novembro de 2018
-18 euros do 19 ao 21 de novembro de 2018
A inscrición á proba inclúe:
- Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Peza ou obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.
Outros custos posibles: A proba se cronometrará co sistema de MyLaps, se non se posúe chip amarelo terase que alugar un cun custo de 1 euro.
Artigo 7 .-Avituallamientos
A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.
Artigo 8 .-Dereitos de imaxe
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.
Artigo 9 .-Categorías
Tanto para distancia longa de 18k como a curta de 10k se establece:
-Absoluto (masculino e feminino)
-Sénior (masculino e feminino)
-Veteranos 40 (masculino e feminino)
-Veteranos 40 (masculino e feminino)
-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)
Establécese a categoría especial "empadroados na Guarda" cos tres primeiro@s.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados na Guarda
Artigo 10 .-Cancelacións
Só se admitirán cancelacións á proba aos atletas inscritos que o comuniquen antes do 15 de novembro de 2018 ao mail con info@qualitesport.com. A devolución do importe será do 50% do importe pago pola inscrición.
Artigo 11 .-Servizo gardarroupa
A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.
Artigo 12 .- Normas ambientais
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter especial para co medio ambiente: - Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.