Calendario
Ver carrera

Coruña 42

14/04/2019 8:30 - 14:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
ART. 1. DATA O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 14 de
abril de 2018 2019, o VIII Maratón Coruña42, cunha distancia homologada de 42.195 metros, que
coincidirá co Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no
calendario nacional da RFEA. Paralelamente, realizarase unha proba de 10 km.
ART. 2. HORARIOS
A saída da carreira terá lugar ás 8:30 h.
ART. 3. CIRCUÍTO
O percorrido para a carreira de Maratón está situado no centro urbano da cidade da Coruña. Tanto o
circuíto da carreira de Maratón (42.195 m), como o da carreira simultánea de 10 km están homologados
pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
O circuíto estará completamente pechado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos
delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario urbano. Os
únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os que designe a organización.
A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado e polas zonas peonís debidamente
sinalizadas. Está prohibido usar como zona de carreira as beirarrúas, os sebes centrais, as zonas
axardinadas etc. Non cumprir esta norma, así como recortar sobre o trazado oficial, poderá supor a
descualificación da persoa infractora.
ART. 4. CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
As carreiras estarán controladas polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de Xuíces
da FGA.
ART. 5. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba de Maratón realizarase ás 14.00 horas (5.30 horas despois da súa saída).
Así mesmo, establecerase un tempo de 2 horas e 45 minutos para o paso polo Medio Maratón.
Pasado o tempo de peche correspondente tanto para o ao Medio Maratón como para o Maratón, a persoa
participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
Páx.2/11
ART. 6. CATEGORÍAS
De acordo coa regulamentación da Real Federación Española de Atletismo, realizaranse as seguintes
clasificacións para o Maratón Coruña42, tanto en homes como en mulleres:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Sub 23 1997-1998-1999
Sénior Desde ano 1996 e anteriores ata a categoría máster.
Máster 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba.
Máster 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba.
Máster 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba.
Máster 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba.
Máster 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba.
Máster 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba.
Máster 7 De 65 anos cumpridos no día da proba, en diante.
Atletas con
discapacidade
Nacidos/as en 1999 e anos anteriores
Atletas con discapacidade: Para cumprir o previsto no artigo 16 e 51.6 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do
deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade. Contáctese previamente con
secretaria@atletismo.gal
ART. 7. COTA, INSCRICIÓNS E BONIFICACIÓNS
a) Cota da inscrición:
FEDERADOS DA FGA POPULARES E RESTO DE FEDERADOS COTA
Inscrición gratuíta para as/os atletas con licenza
da FGA debidamente dilixenciada
Ata o 31 de marzo de 2019
ou ata chegar ás 1.500 persoas inscritos
25 €
Prazo extraordinario: do 1 ao 7 de abril de 2019 40 €
Ojo morado Inscrición en liña: A través da pasarela de pagamento inserida na páxina da Federación Galega de
Atletismo, www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as
23:59 horas de 7 de abril de 2019.
c) Inscrición pres
Páx.3/11
e) Prazo extraordinario de inscrición: Con todo, e para todos/as /as que por causas alleas á
organización non puideren formalizar a súa inscrición antes das 23:59 horas do 31 de marzo, terán
a opción de a realizar desde o 1 de abril e ata as 23:59 h do 7 de abril, cun incremento na cota de
participación de 15 €, polo que a cota de participación sería de 40 €.
f) As inscricións gratuítas para o Campionato Galego terán que realizarse exclusivamente a través do
sistema en liña da RFEA, https://isis.rfea.es/sirfea2/, ata as 23.59 do 7 de abril de 2019 (véxase a
circular correspondente)
g) Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.
h) Bonificacións: 50% para persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove e desempregadas.
Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración responsable, que se entenderá
realizada no momento que se marque a opción "solicito bonificación", no formulario de inscrición en
liña ou na folla de inscrición presencial e enviarlle os documentos que se detallan a continuación, á
Federación Galega de Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo:
info@carreirasgalegas.com
• Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
• Posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
• Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas, expedido polo
Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira ou unha fotocopia da tarxeta
de desemprego.
• O prazo para enviar os documentos por correo electrónica remata ás 23:59 h do 31 de marzo de 2019.
ART. 8. DEVOLUCIÓN PARCIAL DA COTA
Só se accederá á devolución parcial da inscrición caso de lesión ou de enfermidade e se se presenta ou
envía un informe médico da persoa participante co correspondente diagnóstico, na Federación Galega de
Atletismo (Praza Agustín Díaz 1 - Edificio Federacións. 15008 A Coruña) ou enviándoo por correo
electrónico a info@carreirasgalegas.com. O importe da devolución virá determinado pola data de
presentación do informe médico:
o O 75% da cota se se presenta unha semana antes de se realizar a proba, ata as 23:59 horas
do 7 de abril de 2019.
o O 50% se se presenta despois desa data e ata o 13 de abril
No caso de non presentar o citado certificado, non se realizará ningún reembolso.
Para outros supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución parcial da cota.
Páx.4/11
ART. 9. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
As persoas corredoras inscritas serán informadas da data, do lugar e do horario da entrega.
ART. 10. UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais co chip incorporado son persoais e intransferibles. Deberán ir colocados na parte de diante de
forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. A inobservancia deste
artigo será motivo de descualificación.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou corran sen dorsal nin chip, nin co
dorsal e chip correspondentes a outra carreira ou outra persoa. Impedirase que teñan acceso á carreira en
defensa dos dereitos das regulamentariamente inscritas.
ART. 11. SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control ao longo do
percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos,
poderán ser descalificadas se así o decidir o xuíz árbitro da proba. .
Haberá marca oficial no paso do Medio Maratón, a condición de que finalicen a proba do Maratón.
ART. 12. COLOCACIÓN PREVIA E CAIXÓNS DE SAÍDA
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda na saída, segundo o
dorsal que tiveren asignado. Deberán estar nos seus postos non máis tarde de 10 minutos antes do disparo
oficial de saída. Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída.
ART. 13. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir co seus propios medios físicos naturais, sen axudas materiais de
ningún tipo fóra das persoas corredoras en cadeira de rodas debidamente inscritas e que cumpran as normas
do IPC Athletics. Calquera dúbida respecto diso deberá consultarse coa organización antes de facer a
inscrición.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás
persoas participantes. Así mesmo, non se permite en ningún momento participar acompañado de coches ou
cadeiras de menores, nin de animais.
Incumprir estas normas pode supor a descualificación da persoa participante.
Páx.5/11
ART. 14. AVITUALLAMENTOS
Seguindo as normas da IAAF, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e aproximadamente
cada 5 quilómetros.
Haberá postos de avituallamento sólido cada 5 quilómetros a partir do quilómetro 10, aproximadamente.
Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á organización
ata unha hora antes da saída, debidamente pechado e marcado co seu número de dorsal e punto
quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal se lle entregue en man, é a
súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente para esta función. Esta persoa
deberá estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supor a descualificación da carreira da
persoa infractora.
Así mesmo, poranse á disposición das persoas corredoras contedores suficientes para a recollida dos
residuos, que son de uso obrigatorio, polo que non utilizalos poderá supor a súa descualificación.
ART. 15. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos de acordo coa lexislación vixente e os recomendados pola RFEA.
É recomendable cubrir a parte posterior do dorsal cos datos da persoa participante: nome, apelidos,
teléfono en caso de urxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións especiais etc.) ou se está
baixo algún tratamento específico, así como o seu grupo sanguíneo.
ART. 16. CONTROL ANTIDOPAXE
Será obrigatorio o control de dopaxe cando este sexa requirido pola Axencia Española de Protección da
Saúde no Deporte (AEPSAD) ou solicitado pola organización da proba ou outros organismos competentes.
ART. 17. OUTROS SERVIZOS
A organización porá á disposición das persoas participantes avituallamento de meta, gardarroupa e
duchas.
Tamén haberá á súa disposición baños portátiles na zona de saída e de meta e noutros puntos do circuíto.
Outros servizos complementarios serán o vídeo da chegada a meta, o diploma e a medalla de “finisher”.
Páx.6/11
ART. 18. CLASIFICACIÓNS
Realizaranse as seguintes clasificacións no Maratón A Coruña 42:
• Clasificación xeral absoluta.
• Clasificación por categorías masculina e feminina.
ART. 19. PREMIOS E TROFEOS MARATÓN ATLÁNTICA C42
CATEGORÍA HOMES POSTO TROFEO PREMIO Condición (1 e 2)
Absoluta Si 1º Si 2.500 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 2º Si 1.700 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 3º Si 1.250 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 4º 900 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 5º 650 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 6º 450 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 7º 250 € Realizar 2:18:00 ou menos
Absoluta Si 8º 100 € Realizar 2:18:00 ou menos
(1) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:18:01 e menor ou igual a 2:24:00, aplicarase unha rebaixa do
50%.
(2) No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:24:0, a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25% da
orixinal.
CATEGORÍA MULLERES POSTO TROFEO PREMIO Condición (1)
Absoluta Si 1º Si 2.500 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 2º Si 1.700 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 3º Si 1.250 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 4º 900 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 5º 650 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 6º 450€ Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 7º 250 € Realizar 2:40:00 ou menos
Absoluta Si 8º 100 € Realizar 2:40:00 ou menos
1 No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:40:0 e menor ou igual a 2:50:00, aplicarase unha rebaixa do
50%.
2 No caso de que a marca conseguida sexa igual ou superior a 2:50:01, a cantidade para percibir quedaría reducida a un 25%
da orixinal.
Páx.7/11
ATLETAS CON NACIONALIDADE ESPAÑOLA (1)
CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 800 €
Absoluta Si 2º Si 500 €
Absoluta Si 3º Si 250 €
(1) Serán considerados atletas de nacionalidade española aqueles que presenten o correspondente DNI.
ATLETAS GALEGOS

CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 600 €
Absoluta Si 2º Si 300 €
Absoluta Si 3º Si 150 €
(1) Serán considerados atletas galegos aqueles que presenten un certificado de empadroamento dalgún dos concellos de
Galicia.
ATLETAS CORUÑESES
CATEGORÍA HOMES E
MULLERES
POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 200 €
(1) Empadroados no Concello da Coruña. Para recoller os premios mellorar/ coruñeses, estes deberán remitir o certificado de
empadroamento á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria@atletismo.gal
PREMIO ESPECIAL MELLOR MARCA DA PROBA (premio acumulable): o atleta que gañe a carreira e
que bata a mellor marca da proba tanto na categoría masculina (2h12:21) como na feminina (2h40:23)
obterá un premio de 1.000 euros.
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción da marca da proba. No caso de
duplicidade, pagarase a contía máis alta. Para poder recoller os premios será preciso xustificar
documentalmente o ano de nacemento da persoa premiada por medio do DNI, pasaporte ou documento
legal en vigor.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de facer entrega dos premios en metálico a partir do luns seguinte á
data da competición. No caso de se realizar un control de dopaxe, os premios económicos quedarán
retidos ata a súa resolución oficial.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Así mesmo, entregaranse trofeos ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os de cada unha das categorías
indicadas no Art.6. Os trofeos son acumulativos.
Páx.8/11
ART. 20. CLASIFICACIÓNS NO CAMPIONATO DE GALICIA
Realizarase unha clasificación por cada unha das categorías absoluta e de veteranos do Campionato de
Galicia
• Individual mulleres.
• Individual homes.
• Clubs
ART. 21: ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase ás 14.00 horas:
As/os atletas premiadas/os deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento no que a
megafonía anuncie o seu comezo, así como estaren pendentes da chamada de cada unha das categorías.
Con carácter xeral, as persoas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega,
perderán o dereito para recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio os atletas premiados. Non se
entregará o premio a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da entrega,
deberán contactar co Servizo Municipal de Deportes durante un prazo máximo de 15 días, onde se
custodiarán os trofeos non recolleitos.
ART. 22. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán realizarse verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de meta, non máis
tarde de 30 minutos despois de se publicaren os resultados provisionais.
ART. 23. DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retiraren da proba á/ao atleta que manifeste un
mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou os/as
corredores/as que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil, xuíces, servizos
médicos ou membros da organización debidamente identificados.
O xurado da proba terá a facultade de descualificar á/ao atleta que non leve visible o seu dorsal, que o
manipule e/ou que o ceda a outro, que altere os datos facilitados á organización con respecto aos que
figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido ou incumpra calquera outra norma
contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou IAAF.
As/os atletas descualificadas/os non terán opción a premios e trofeos.
Páx.9/11
ART. 24: RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno recoñecemento médico
que lle permite estar en condicións para realizar a proba, e exime á organización da devandita
responsabilidade.
A organización dispón os correspondentes seguros de accidentes e de responsabilidade civil conforme á
lexislación vixente.
ART. 25: LOPD
Ao realizar a inscrición, todas as persoas corredoras aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas
clasificacións, nos medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición, a persoa participante
consente expresamente que o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo empreguen os
seus para comunicacións sobre as súas actividades. En todo caso, de conformidade co establecido polo
artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar
parte de:
a) Dun ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable do tratamento
será o Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos serán os seguintes: xestión
centralizada das instalacións deportivas municipais, das actividades impartidas nelas e do uso de
instalacións. Todos os participantes ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes sempre
que se utilicen para a promoción e difusión das devanditas actividades, así como a utilización do
móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por parte do Servizo Municipal de
Deportes.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste
ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da Coruña (Prz. María Pita, 1) nos
termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da devandita lei orgánica.
Ojo morado Un ficheiro cuxo responsable do tratamento sexa a Federación Galega de Atletismo, e cuxa
finalidade será a xestión de actividades deportivas realizadas baixo a responsabilidade da
Federación Galega de Atletismo.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados neste
ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín Díaz, 1.
Complexo Deportivo de Elviña), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
c) Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo e mediante a
súa inscrición a persoa corredora consente expresamente que os seus datos básicos (nome,
apelidos, NIF/NIE/pasaporte, data de nacemento, sexo e código postal de residencia), sexan
remitidos á Real Federación Española de Atletismo para xestionar as licenzas de día, resultados e
ránking. A posesión da licenza garante que o corredor participa cuberto por un seguro de
responsabilidade civil e de accidentes.
Páx.10/11
ART. 26: COMPROMISO
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
ART. 27: CAMBIOS NO REGULAMENTO
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerar,
un feito que deberá comunicar na web oficial e outros medios habituais.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o que non reflicte o presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da FGA, RFEA e da
IAAF.

[ Go Back ]