Calendario
Info da proba

Coruña 21

17/02/2019 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
Art. 1. DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 17 de
febreiro de 2019 o XI Medio Maratón Coruña21, cunha distancia homologada de 21.097´50
metros.
Art. 2. HORARIO
A saída da carreira terá lugar ás 10:00 horas.
Art. 3. CIRCUÍTO
O percorrido está situado no centro urbano da cidade da Coruña. O circuíto está medido e
homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
O circuíto estará completamente pechado ao tráfico e acoutado con valos e outros elementos
delimitadores naqueles tramos nos que non exista unha diferenciación natural polo mobiliario
urbano. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os que designe a
organización.
A carreira terá lugar unicamente pola calzada do tráfico rodado e polas zonas peonís
debidamente sinalizadas. Está prohibido usar como zona de carreira as beirarrúas, os sebes
centrais, as zonas axardinadas etc. Non cumprir esta norma, así como recortar sobre o
trazado oficial, poderá supor a descualificación da persoa infractora.
Art. 4. CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polos xuíces da Real Federación Española de Atletismo e da
Federación Galega de Atletismo a través do seu Comité Galego de Xuíces.
Art. 5. PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O peche da proba realizarase ás 12:30 (2 horas e 30 minutos despois da súa saída). Así
mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10km. Pasado
o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira como á distancia total, a/o
participante que siga en carreira deberá retirarse do circuíto oficial de competición.
Páx. 2_ 16/11/2018
Art. 6. CATEGORÍAS
De acordo coa regulamentación da RFEA (Real Federación Española de Atletismo)
realizaranse as seguintes clasificacións para o Media Maratón Coruña21:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
Sub20 2000-2001
Sub23 1997-1998-1999
Senior Desde o 1996 e anteriores ata categoría Máster 1
Máster 1 De 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Máster 2 De 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Máster 3 De 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Máster 4 De 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 5 De 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Máster 6 De 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Máster 7 De 65 anos cumpridos no día da proba, en diante
Atletas con discapacidade Nados/as en 1997 e anos anteriores
Atletas con discapacidade: Para cumprir o previsto nos artigos 16 e 51.6 da Lei 3/2012, do
2 de abril, do deporte de Galicia, incorpórase a participación de atletas con discapacidade.
Contáctese previamente con secretaria@atletismo.gal.
Art. 7: INSCRICIÓNS E COTA
a) Inscrición en liña: A través da pasarela de pagamento inserida na páxina da
Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde
o 22 de novembro de 2018 ata as 23:59 horas do 3 de febreiro de 2019.
Ojo morado Inscrición presencial: Cubrindo a folla de inscrición e pagando a cota correspondente.
Informarase da localización dos puntos de inscrición presencial e dos prazos de
inscrición.
Páx. 3_ 16/11/2018
c) Prazo extraordinario de inscrición: Por razóns organizativas de recursos técnicos e
humanos, así como pola calidade do servizo, é aconsellable que as persoas
participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos establecidos. Con todo e
para todos aqueles que por causas alleas á organización non puideren formalizar a súa
inscrición antes do 4 de febreiro, terán a opción de a realizar do 4 ao 10 de febreiro,
cun incremento na cota de participación de 10 €, polo que a cota de participación sería
de 25 €.
e) Non se aceptarán inscricións fóra dos prazos establecidos.
f) Cota da inscrición:
CARREIRA DO 22 DE NOVEMBRO DE 2018
AO 3 DE FEBREIRO DE 2019
PRAZO EXTRAORDINARIO:
DO 4 DE FEBREIRO
AO 10 DE FEBREIRO DE 2019
Media Maratón Coruña 21 15,00 € 25,00 €
g) Bonificacións. 50 % para persoas maiores de 65 anos, posuidoras do carné xove e
desempregadas. Para acreditar estas circunstancias, é suficiente cunha declaración
responsable, que se entenderá realizada no momento que se marque a opción “solicito
bonificación”, no formulario de inscrición online ou na folla de inscrición presencial
e enviarlle os documentos que se detallan a continuación, á Federación Galega de
Atletismo mediante un correo electrónico ao seguinte enderezo:
info@carreirasgalegas.com
 Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI.
 Posuidoras do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove.
 Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e Informe de períodos de altas e baixas, expedido polo
Servizo Público de Emprego (INEM) antes do día da inscrición na carreira, ou unha fotocopia da
tarxeta de desemprego.
O prazo para enviar os documentos por correo electrónico remata ás 23:59 h do 3 de
febreiro do 2019.
Art. 8. DEVOLUCIÓN PARCIAL DA COTA
Só se accederá á devolución parcial da inscrición caso de lesión ou de enfermidade e se
se presenta ou envía un informe médico á Federación Galega de Atletismo (Praza Agustín
Díaz, n.º 1 - Edificio Federacións. 15008 A Coruña).
O importe da devolución virá determinado pola data de presentación do certificado médico:
 O 75% da cota se se presenta unha semana antes de se realizar a proba.
 O 50% se se presenta despois desa data.
Caso de non presentar o citado informe, non se realizará ningún reembolso.
Para outros supostos xustificados, a organización valorará se procede a devolución parcial
da cota.
Páx. 4_ 16/11/2018
Art. 9. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o venres 15 e sábado 16 de febreiro. Informarase aos/ás corredores/as
inscritos/as do lugar e do horario da entrega.
Art. 10. UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais co chip incorporado son persoais e intransferibles. Deberán ir colocados na parte
de diante de forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a
proba. A inobservancia deste artigo será motivo de descualificación.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean inscritas ou corran sen dorsal
nin chip, nin co dorsal e chip correspondentes a outra carreira ou outra persoa. Impedirase
que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos das regulamentariamente inscritas.
Art. 11. SISTEMA DE CRONOMETRAXE
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control ao
longo do percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os puntos
de control establecidos, poderán ser descualificadas se así o decidir o xuíz árbitro da proba.
Haberá marca oficial no paso do km 10, sempre e cando remataren a proba do Medio
Maratón
Art. 12. COLOCACIÓN PREVIA E CAIXÓNS DE SAÍDA
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda na saída,
segundo o dorsal que tiveren asignado. Deberán estar nos seus postos non máis tarde de 10
minutos antes do disparo oficial de saída. Estableceranse polo menos cinco caixóns de saída.
Art. 13. UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir co seus propios medios físicos naturais, sen
axudas materiais de ningún tipo fóra das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente inscritas e que cumpran as normas do IPC Athletics. Calquera dúbida respecto
diso deberá consultarse coa organización antes de facer a inscrición.
Non está permitido o acompañamento en carreira por parte de ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicleta, patíns ou persoas non inscritas na carreira que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes. Así mesmo, non se permite en ningún
momento participar acompañado de coches ou cadeiras de menores, nin de animais.
Incumprir estas normas pode supor a descualificación da persoa participante.
Páx. 5_ 16/11/2018
Art. 14. AVITUALLAMENTOS
Seguindo as normas da IAFF, instalaranse postos de auga a partir do quilómetro 5 e
aproximadamente cada 5 quilómetros.
Toda persoa participante que desexe utilizar un avituallamento propio deberá entregarllo á
organización ata unha hora antes da saída, debidamente pechado e marcado co seu
número de dorsal e punto quilométrico no que quere atopalo.
No caso de que a persoa participante queira que o seu avituallamento persoal se lle
entregue en man, é a súa responsabilidade designar e situar unha persoa especificamente
para esta función. Esta persoa deberá estar acreditada pola organización.
Calquera avituallamento fóra da zona marcada para iso poderá supor a descualificación da
carreira da persoa infractora.
Así mesmo, poranse á disposición das persoas corredoras contedores suficientes para
recoller os residuos, que son de uso obrigatorio, polo que non utilizalos poderá supor a súa
descualificación.
Art. 15. SERVIZOS MÉDICOS
A proba disporá dos servizos médicos de acordo coa lexislación vixente e os
recomendados pola RFEA.
É recomendable cubrir a parte posterior do dorsal cos datos da persoa participante: nome,
apelidos, teléfono en caso de urxencia, se ten algún problema médico (alerxia, atencións
especiais, etc.) ou se está baixo algún tratamento específico, así como o seu grupo
sanguíneo.
Art. 16. CONTROL ANTIDOPAXE
Será obrigatorio o control de dopaxe cando este sexa requirido pola Axencia Española de
Protección da Saúde no Deporte (AEPSAD) ou solicitado pola organización da proba ou
outros organismos competentes.
Art. 17. OUTROS SERVIZOS
A organización porá a disposición das persoas participantes avituallamento de meta,
gardarroupa e duchas.
Tamén haberá á súa disposición baños portátiles na zona de saída e de meta e outros puntos
do circuíto.
Páx. 6_ 16/11/2018
Art. 18. CLASIFICACIÓN
Realizaranse as seguintes clasificacións:
- Clasificación xeral absoluta
- Clasificación por categorías masculina e feminina
- Clasificación absoluta galegas/os masculina e feminina
- Clasificación absoluta coruñesas/es masculina e feminina
Art. 19. PREMIOS
CATEGORÍA HOMES POSTO TROFEO PREMIO Condición(a)
Absoluta Se 1º Si 1200 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Se 2º Si 800 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Se 3º Si 600 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Se 4º 400 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Se 5º 200 € Realizar 1h04:46 ou menos
Absoluta Se 6º 100 € Realizar 1h04:46 ou menos
CATEGORÍA MULLERES POSTO TROFEO PREMIO Condición (a)
Absoluta Se 1º Si 1200 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Se 2º Si 800 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Se 3º Si 600 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Se 4º 400 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Se 5º 200 € Realizar 1h15:06 ou menos
Absoluta Se 6º 100 € Realizar 1h15:06 ou menos
(a) En caso contrario aplicarase unha rebaixa do 50%.
ATLETAS GALEGAS/OS1
CATEGORÍA HOMES E MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 300 €
Absoluta Si 2º Si 200 €
Absoluta Si 3º Si 100 €
ATLETAS CORUÑESAS/OS2
CATEGORÍA HOMES E MULLERES POSTO TROFEO PREMIO
Absoluta Si 1º Si 100 €
PREMIO ESPECIAL MELLOR MARCA DA PROBA (premio acumulable):
O/a atleta vencedor/a, que bata a marca da proba obterá un premio de 500€, estando
establecidos en:
Categoría masculina: 1h 02’ 57”
Categoría feminina: 1h 11’ 16”

1
Serán considerados atletas galegos aqueles que presentaren un certificado de empadroamento nalgún dos concellos de
Galicia.
2
Empadroados no Concello da Coruña. Para recoller os premios aos mellores coruñeses, estes deberán remitir o
certificado de empadroamento á seguinte dirección de correo electrónico: secretaria@atletismo.gal
Páx. 7_ 16/11/2018
Os premios en metálico non serán acumulativos, con excepción da marca da proba. En caso
de duplicidade, pagarase a contía máis alta.
Para poder recoller os premios será preciso xustificar documentalmente o ano de
nacemento da persoa premiada por medio do DNI, pasaporte ou documento legal en vigor.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender posibles reclamacións, a
organización reservarase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns
seguinte á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios
económicos quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
Os premios en metálico estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Así mesmo, entregaranse trofeos ás/aos tres primeiras/os clasificadas/os de cada unha das
categorías indicadas no artigo 6. Os trofeos son acumulativos.
Art. 20. ENTREGA DE PREMIOS
Realizarase ás 12:30 horas no palco situado na zona de saída meta. As/os atletas
premiadas/os deberán situarse na zona próxima á entrega de premios no momento no que
a megafonía anuncie o seu comezo, así como estaren pendentes da chamada a cada unha
das categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presentaren á recollida do seu premio no
momento da entrega perderán o dereito para o recoller. Exclusivamente poderán subir ao
podio as persoas premiadas. Non se entregará o premio a ninguén que non sexa o propio
atleta.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento
da entrega, deberán contactar co Servizo Municipal de Deportes no prazo máximo de 15
días, onde se custodiarán os trofeos non recolleitos.
Art. 21. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán realizarse verbalmente ao xuíz árbitro, situado na zona de
meta, non máis tarde de 30 minutos despois de se publicaren os resultados provisionais.
Páx. 8_ 16/11/2018
Art. 22. DESCUALIFICACIÓNS
Os membros da organización resérvanse a facultade de retiraren da proba á/ao atleta que
manifeste un mal estado físico, que non facilite á organización a documentación que se lle
requira ou que non respecte as indicacións da Policía Local, Protección Civil, o xurado, os
servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
O xurado da proba terá a facultade de descualificar á/ao atleta que non leve visible o seu
dorsal, que o manipule e/ou que o ceda a outro, que altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido ou incumpra calquera outra norma contemplada nas Normas da FGA, RFEA ou
IAAF.
As/os atletas descualificadas/os non terán opción a premios e trofeos.
Art. 23. RESPONSABILIDADE
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, realizarse o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba,
eximindo á organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón os correspondentes seguros de accidentes e de responsabilidade
civil conforme á lexislación vixente.
Art. 24. LOPD
Ao realizar a inscrición, todas as persoas corredoras aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, nos medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición,
a persoa participante consente expresamente que o Concello da Coruña e a Federación
Galega de Atletismo empreguen os seus para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da Lei orgánica 15/1999,
infórmase que os datos de carácter persoal declarados pasarán a formar parte de:
a) Dun ficheiro denominado INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, do que o responsable
do tratamento será o Concello da Coruña, dos que as finalidades e usos previstos
serán os seguintes: xestión centralizada das instalacións deportivas municipais, das
actividades impartidas nelas e do uso de instalacións. Todos os participantes ao
realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións,
medios de comunicación e/ou internet. Autorízase a tomar imaxes sempre que se
utilicen para a promoción e difusión das devanditas actividades, así como a
utilización do móbil e correo electrónico como forma de aviso e comunicación por
parte do Servizo Municipal de Deportes.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais
rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello da
Coruña (Prz. María Pita, 1) nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da
devandita lei orgánica.
Páx. 9_ 16/11/2018
Ojo morado Un ficheiro cuxo responsable do tratamento sexa a Federación Galega de
Atletismo, e cuxa finalidade será a xestión de actividades deportivas realizadas
baixo a responsabilidade da Federación Galega de Atletismo.
Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais
rexistrados neste ficheiro poderanse exercer ante a Federación Galega de
Atletismo (Praza Agustín Díaz, 1. Complexo Deportivo de Elviña), nos termos
establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da LOPD.
c) Esta proba pertence ao calendario oficial da Real Federación Española de Atletismo
e mediante a súa inscrición a persoa corredora consente expresamente que os
seus datos básicos (nome, apelidos, NIF/NIE/pasaporte, data de nacemento, sexo
e código postal de residencia), sexan remitidos á Real Federación Española de
Atletismo para xestionar as licenzas de día, resultados e ránking. A posesión da
licenza garante que o corredor participa cuberto por un seguro de responsabilidade
civil e de accidentes.
Art. 25. Compromiso
A inscrición na carreira implica a plena aceptación do presente regulamento.
Art. 26: Cambios no regulamento
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se
así o considerar, un feito que deberá comunicar na web oficial e outros medios habituais.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o que non reflicte o presente regulamento rexerase, por esta orde, polas normas da
FGA, RFEA e da IAAF.