Calendario
Info da proba

Ferrol

02/12/2018 10:00 - 12:30
Regulamento
- REGULAMENTO -
XXXIII CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA
MEMORIAL “ADOLFO ROS”
O vindeiro día 2 de decembro de 2018, ás 10:00 horas, terá lugar a saída da XXXIII
CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA, “MEMORIAL ADOLFO ROS”, que se celebrará
consonte co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
Artigo 1. Organizadores
1.1.- O Concello de Ferrol, en colaboración cos Concellos de Fene, Narón e Neda, organiza
a XXXIII edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á Ría”. As
probas terán lugar o día 2 de decembro de 2018 a partir das 10:00 horas,e contarán tamén
con probas para categorias de menores.
1.2.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía Municipal dos
catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido.
1.3.- Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización, as agrupación
de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como algunha outra entidade de
voluntarios doutros concellos aos que se solicite colaboración no caso de ser necesario o
Club Ciclista Ferrol, Club Tríatlon Ferrol e Club Atletismo Ria Ferrol – Concepción Arenal e
Club Heroes del Viento.
Artigo 2.- Percorrido e duración.
2.1.- A saída e chegada terá lugar na Praza de España de Ferrol.
2.2.- O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.097'5 metros
aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene
e Ferrol.
2.3.- A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
2.4.- O percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms.
2.5.- No percorrido estableceranse controis, así como postos de avituallamento situados nos
Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos quilómetros 5, 10, 15 e 20
aproximadamente.
2.6 - Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O
incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos corredores que a
infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas
de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
2.7.- O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro
clasificado. Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha
hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir
ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o
tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar,
farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un
usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que
puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
2. 8- O percorrido da proba figura como Anexo I ao presente Regulamento.
Artigo 3.- Participantes
3.1.- A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
3.2.- En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano 2001
e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor distancia.
3.3.- Cada corredor/a participa na media maratón baixo a súa responsabilidade e declara
que dispón dun nivel de condición física suficiente para afrontar a proba. A Organización
terá potestade para descualificar a calquera atleta que a propósito da súa imposibilidade
para participar na proba, proporcione datos erróneos para poder facelo.
Artigo 4.- Condicións de participación e inscricións.
4.1 Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de inscrición a
través da web: www.carreirasgalegas.com e realice o pago da inscrición. Poderanse
realizar inscricións ata o mércores 28 de novembro de 2018 ás 23:59 horas.
4.2 Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización,
quedarán descualificados.
4.3 A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións, baixo
ningunha causa, do importe da inscrición.
4.4 A realización da inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a
continuación se expón: “Declaro que estou en bo estado físico. Eximo á organización,
patrocinadores comerciais, directivos, empregados e demais organizadores, de toda
responsabilidade que da participación no evento se puidese derivar tal como: perda de
obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, lesións, …”
4.5 - Os participantes comprométense a:
• Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
• Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa obrigada
por causas alleas á súa vontade.
4.6 - Todos os corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición o
corredor consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización
para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Lei de
Protección da datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico nas oficinas do
Negociado de Deportes do Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402 Ferrol.
4.7 A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte os
termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En caso de
dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a
organización.
Descualificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están facultados
para retirar da carreira a:
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico -
• Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
• Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se retire en
protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de reclamacións.
4.8 Condicións para as cadeiras de rodas e Handbikes:
• As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
• Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
• Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o
chan durante a carreira.
• Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás
regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
• Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda
a carreira.
• O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as
rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
4.9 Condicións para participantes con Discapacidade Visual:
• Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía
identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta
con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na
proba, por motivos de seguridade.
• Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá
estar por detrás del.
• O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido
por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr sen
suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as
mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo menos 5
cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir
instrucións verbais do guía.
• Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
• O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle
impulso. A infracción suporá a descualificación.
• Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non
poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
Artigo 5.- Categorías
5.1 – Categorías Absolutas
• Sub 20: Nacidos/as no 2000 e 2001
• Sub 23: Nacidos/as no 1997, 1998 e 1999
• Sénior: Nacidos/as en 1996 ata 1984
• Máster A: Nacidos/as en 1983 ata 1978
• Máster B: Nacidos/as en 1977 ata 1969
• Máster C: Nacidos/as en 1968 ata 1959
• Máster D: Nacidos/as en 1958 e anteriores
• Cadeira de rodas*
• Handbike*
• Invidentes*
* Considéranse categorías non oficiais da F.G.A
5.2 – Categorías de menores
• Sub 18: Nados/as no 2002 / 2003
• Sub 16: Nados/as no 2004 / 2005
• Sub 14: Nados/as no 2006 / 2007
• Sub 12: Nados/as no 2008 / 2009
• Sub 10: Nados/as no 2010 / 2011
• Sub 8: Nados/as no 2012 / 2013
Artigo 6.- Custo da inscrición
6.1 Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes deberán pagar a
cantidade de 4 €.
6.2- As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas
Artigo 7.- Retirada de dorsal.
7.1.- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar :
• Venres 30 de novembro de 12:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:30 horas no Pavillón de A
Malata ( estrada de A Malata s/n 15.405 Ferrol)
• Sábado 1 de decembro de 9:00 a 13:30 e 16.00 a 21.00 no Pavillón de A Malata
• Domingo 2 de decembro, dende as 8.00 ata as 9.30 horas nas carpas habilitadas da
secretaría da proba na Praza de España.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación,
debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.
Artigo 8.- Probas para menores
A continuación da saída da carreira absoluta terá lugar a carreira das categorías de
menores, discorrendo polo Concello de Ferrol cos mesmos puntos de saída e chegada que
a carreira principal, cos seguintes percorridos e distancias:
CATEGORÍAS SAÍDA DISTANCIAS
Sub 18 e Sub 16 10:05 4.000 mts
Sub 14 e Sub 12 10:20 2000 mts
Sub 10 10:35 1000 mts
Sub 8 10:45 800 mts
Artigo 9.- Premios
9.1.- As clasificación publicaran se inmediatamente despois de finalizar a proba na Web da
entidade cronometradora.
9.2 - Haberá trofeos para:
• Gañador e gañadora absoluta da proba.
• Tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos da clasificación
xeral da proba absoluta residentes en calquera dos catro concellos
organizadores ( Ferrol, Narón, Neda e Fene )
• Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina, tanto
absoluta como de menores.
9.3 Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar algún documento
de identidade (DNI ou pasaporte) que acredite a data de nacemento do premiado así como
a súa residencia en calquera dos catro Concellos (Ferrol, Narón, Neda e Fene) no caso de
obter premio por clasificación para residentes nos concellos organizadores.
A non presentación deste documento supón a non entrega do premio
9.4 .- A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00 horas na Praza de España. Os/As
premiados/as deberán estar no lugar indicado 10 minutos antes para axilizar a entrega de
premios.
Artigo 10.- Control Técnico da proba.
10.1 - A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e rexerase polas
normas do Regulamento da IAAF. Tamén está incluída no Calendario Oficial da Federación
Galega de Atletismo.
10.2 – O Xuíz árbitro será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo
técnico, interpretando o regulamento da proba.
10.3- Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Existirá un control de tempo na
saída, no quilómetro 10 e na meta. Só terán validez os chips persoais integrados no dorsal
da carreira. O tempo de carrreira só será rexistrado se a persoa participante leva posto
correctamente o chip, que irá integrado no dorsal.
10.4- O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
10.5 – Apelacións. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente
ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos
Artigo 11.- Seguros.
11.1.- A organización ten suscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade
Civil.
11.2.- A organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen
un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
11.3- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que poidan
sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da súa participación nesta
proba.
Artigo 12.- Aceptación do regulamento
12.1.- Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia completa
antes de cruzar a liña de meta.
12.2.- Todos/as os/as participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras entidades, traten
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou comercial, os
seus datos de car´cter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías,
videos, etc. De acordo co que estable a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da
protección de datos de carácter persoal, o/a participante poderá exercer o seu dereito de
acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu
contido. Poderase exercer este dereito mediante un escrito ou correo electrónico nas
oficinas do Negociado de Deportes do Concello de Ferrol, Praza de Armas s/n, 15402
Ferrol.
12.3- Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición, o/a corredor/a consinte expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
Accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da licenza de día e ranking popular
de probas en ruta. En todo caso e tal e como establece a Lei de protección de datos, o/a
interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e
oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo (Avda.
Glasgow, Nº13. – 15008, A Coruña).
12.4- A Organización poderá modificar o presente regulamento, sen previo aviso.
Igualmente resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste Regulamento.
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende
que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche
oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico
automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao
baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un
usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que
puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
Haberá servizo de duchas Pavillón de Esteiro (Rúa San Roque e Ánimas, 15403 Ferrol)
Anexo I: Percorrido Carreira Absoluta
SAÍDA DE FERROL
• Saída Carretera de Castilla dirección Narón.
ENTRADA EN NARÓN
• Ponte das Cabras.
• Carretera de Castilla.
• Rotonda de Freixeiro.
• Carretera de Castilla.
ENTRADA EN NEDA
• Ponte de Xubia.
• Avda. de Xubia.
• Avda Algeciras
• Puntal.
ENTRADA EN FENE
• Avda. de Conces.
• Cruce Igrexia.
• Avda. das Pías.
ENTRADA EN FERROL
• Avenida das Pías
• Avda do Mar
• Rúa Telleiras
• Estrada Caranza
• Avda Mc Mahón
• Rúa Taxonera
• Rúa dos Irmandiños
• Praza de Galicia
• Rúa concepción Arenal
• Xiro a dereita Calle Real
• Praza de España ( Paso por zona peatonal diante dos arcos da Praza de Sevilla)
• Rúa Carvallo Calero
• Xiro a Dereita carreteira de Castela
• Carreteira de Castela
• Meta.