Calendario
Info da proba

Trail Series-Noia

07/04/2019 11:00 - 13:20
Regulamento PORTUS APOSTOLI TRAIL - NOIA
Unha das novidades dentro do Trail Series 2019 cun recorrido para non deixar indiferente a ninguén: o roteiro Portus Apostoli. Que une a capital da ría de Muros-Noia con Compostela, e antiga senda de peregrinación para os que chegaban en barco.
Saida dende o mesmo centro da Vila de Noia, cun recorrido pola súa rúa principal ata adentrarse no monte de San Marcos e as ruinas da súa capela. De ahí a San Paio e San Xusto, para adentrarnos no río que leva o seu nome polo Mosteiro de Toxosoutos, e a espectacular Fervenza de Toxosoutos.
A senda do río levaranos por un recorrido máxico entre as antigas ruinas das fábricas de papel que séculos atrás asentáronse na zona. O recorrido por monte rematara na Ponte de Traba, dando entrada á Vila de Noia polo empedrado do casco histórico que nos retornará ao lugar de saida.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 16,8 km.
Desnivel+: 670 m+
Hora Saida: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:20 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Meta Voante: km. 1,9
Lugar de Saida: Plaza do Concello - Noia
Prezo: 10 €