Calendario
Ver carrera

Trail Series-Portosín

17/03/2019 11:00 - 13:20

[ Go Back ]

Descripción XTOSÍN TRAIL - PORTO DO SON
Segunda e a máis esperada proba desta edición do Trail Series despois do éxito de acolleita do 2018 celebrada no mes de maio. Incopórase ao circuito porque así o demandaron os participantes: polo técnico do recorrido, pola variedade de terrenos dos que se pasa, polo vertixinoso descenso dende o alto do monte Iroite, e por un sinfín de motivos máis que nos trasladástedes: XToSín Trail debería puntuar na seguinte edición dos Trail Series.
De novo saimos do centro da vila mariñeira de Portosín, que tan popular fixo o atletismo nos últimos tempos; pero o asfalto que imos pisar sera de xeito testimonial, pois enseguida nos metemos na praia e no mar, para aos poucos kilómetros da saida voltar ao monte máis salvaxe e agreste cheo de regos, fragas, soutos, e sendeiros perdidos que atopamos para que os disfrutedes.
A chegada de novo ao casco urbán virá precedida dalgunha sorpresa antes de entrar na meta. A indescriptible sensación de estar correndo pola praia e polo mar, e continuar por fragas e soutos durante casi 15 km. deixamos que a sintades e a disfrutedes no XToSín Trail.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 14,5 km.
Desnivel+: 744 m+
Hora Saida: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:20 h.
Avituallamento Intermedio: km. 8
Meta Voante: km. 2,5
Lugar de Saida: Rúa da Rambla - Portosín
Prezo: 10 €

[ Go Back ]