Calendario
Info da proba

Trail Series-Ribeira

27/01/2019 11:00 - 13:15
Regulamento Terceira edición do Trail da Cidá en Ribeira, que non deixou indiferente a ninguén nas dúas anteriores, e que unha vez máis reinvéntase cun novo trazado pero mantendo a base que tanto fai disfrutar aos participantes. A saida e chegada no mesmo centro de Ribeira dende a Praza do Concello, é todo un espectáculo deportivo de primeiro nivel: polo número de participantes que edición a edición non deixa de medrar, e polo público asistente que anima tanto na saida coma na chegada ao longo dos escasos 200 m. de rúas que rápidamente dan paso ao monte.
Un recorrido que transita non só polo Monte da Cidá, senon que tamén o facerá polo Parque de San Roque e o seu espazo arqueolóxico, polo Parque Natural do Vilar -nun novo trazado diferente ao do ano pasado-, e sin esquezarnos desa "senda do jabalí" que tanto gustou e que se fai máis longa e máis agreste. Pero ainda queda descubrir a sorpresa da "ruta do raposo" pola que escapar do Monte da Cidá hacia o Parque Natural do Vilar.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Distancia: 14,5 km.
Desnivel+: 644 m+
Hora Saida: 11:00 h.
Tempo Máximo: 2:15 h.
Avituallamento Intermedio: km. 9
Meta Voante: km. 2
Lugar de Saida: Plaza do Concello - Ribeira
Prezo: 10 €