Calendario
Info da proba

Marín

29/09/2018 17:00 - 21:00
Regulamento REGULAMENTO DA XXI MILLA URBANA SAN MIGUEL DE MARÍN

O Club San Miguel de Marín e o Concello de Marín organizan a XXI Milla Urbana San Miguel de Marín o sábado 29 de setembro ás 17:00 horas.

A proba terá lugar no circuito homologado pola RFEA na Avenida de Ourense, nas inmediacións á Alameda Rosalía de Castro.

Haberá 4 probas deportivas diferenciadas:

 MILLA ÉLITE MASCULINA E FEMININA.
 MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS.
 CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES.
 CARREIRA POPULAR DE 5 KMS HOMOLOGADOS (CIRCUITO HOMOLOGADO DE 1 KM).

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa.

As inscricións serán gratuitas para todas as categorías.

A entrega de dorsais a partires das 15:30 horas na Alameda Rosalía de Castro.

Servizo de duchas nos Pavillóns Municipais da Cañota e do Sequelo.


As categorías fixadas pola organización son as seguintes:

CATEGORÍAS ANO NACEMENTO
DORA 2015 -2016
PATRULLA CANINA 2013-2014
PIRATA JAKE 2011-2012
SUB 10 2009-2010
SUB 12 2007-2008
SUB 14 2005-2006
SUB 16 2003-2004
SUB 18-SUB 20 2002-2001-2000-1999
SENIOR 1998-1984
VETERÁNS A 35 a 44 años
VETERÁNS B 45 a 54 años
VETERÁNS C 55 en adelante

A orde de saída das probas será o seguinte, segundo o seu horario:

HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17:00 H SUB 10 FEMININO 500 M
17:10 H SUB 10 MASCULINO 500 M
17:20 H SUB 12 FEMININO 1000 M
17:30 H SUB 12 MASCULINO 1000 M
17:40 H SUB 14 FEMININO 1000 M
17:50 H SUB14 MASCULINO 1000 M
18:00 H SUB 16 MULLERES 1000 M
18:10 H SUB 16 MASCULINO 1000 M
18:20 H DORA, PATRULLA CANINA E PIRATA JAKE 50 M-100 M-200 M aproximadamente
18:30 H 5 KMS. DE SUB 18 A VETERANOS C MASCULINO E FEMININO 5000 M
19:10 H MILLA POPULAR / FEDERADA SUB 18-SUB 20-SENIOR MASCULINO E FEMININO 1609 M
19:20 H MILLA POPULAR / FEDERADA VETERANS A ,B E C
MASCULINO E FEMININO 1609 M
19:30 H MILLA ÉLITE FEMININA 1609 M
19:45 H MILLA ÉLITE MASCULINA 1609 M
20:00 H ENTREGA DE PREMIOS


*O horario de saída poderá ser modificado depende do número de inscritos.


MILLA ÉLITE MASCULINA E FEMININA

No caso de que se apuntasen máis de 25 atletas, farase un filtro por marcas.

Inscricións: deberán formalizar a súa inscrición na web de cronotec antes das 23:59 horas do xoves 27 de setembro de 2018.

Premios: Entregaránse trofeo-medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

Premios metálicos:

CATEGORÍA MASCULINA CATEGORÍA FEMININA

1º CLASIFICAD@
150 € 150 €
2º CLASIFICAD@
125 € 125 €
3º CLASIFICAD@
75 € 75 €
4º CLASIFICAD@
50 € 50 €
5º CLASIFICAD@
30 € 30 €


Estos premios están suxeitos ás tasas e impostos legais.


MILLAS POPULARES MASCULINAS E FEMININAS

Poderán participar todos os atletas federados e non federados.

Inscricións: deberán formalizar a súa inscrición na web de cronotec antes das 23:59 horas do xoves 27 de setembro de 2018.

Premios: Entregaránse medallas personalizadas do evento aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría SUB18 ata veteráns C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

CARREIRAS DE CATEGORÍAS MENORES

Poderán participar todos os atletas federados e non federados.

Inscricións: deberán formalizar a súa inscrición na web de cronotec (http://www.cronotec.es/) antes das 23:59 horas do xoves 27 de setembro de 2018.

Tamén poderán inscribirse ata ás 18:00 horas as categorías Dora, Patrulla Canina e Pirata Jake

Premios: Entregaránse medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría sub 10 ata sub 16. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.

Para as categorías de Dora, Patrulla Canina e Pirata Jake haberá medallas e chuches ata fin de existencias.


CARREIRA POPULAR DE 5 KMS HOMOLOGADOS (CIRCUITO HOMOLOGADO DE 1 KM).

Poderán participar todos os atletas federados e non federados.

Inscricións: deberán formalizar a súa inscrición na web de cronotec (http://www.cronotec.es/) antes das 23:59 horas do xoves 27 de setembro de 2018.

Premios: Entregaránse medallas aos 3 primeiros atletas femininos e masculinos desde categoría SUB 18 ata veteráns C. Sendo obrigatorio acudir ao protocolo de premios ao podio. No caso contrario, non se entregará a medalla.


OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS


1. Non se admitarán inscricións fóra de prazo.

2. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descalificado.

3. Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta.


4. Será responsabilidade dos atletas levar consigo 4 imperdibles para a colocación do dorsal.

5. A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE no 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).

6. Os atletas estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil.

7. A proba contará cos servizos sanitarios esixidos na lexislación vixente.

8. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.

9. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.

10. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.

11. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes recoñecementos de saúde.

12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.

13. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da FGA e RFEA en vigor.