Calendario
Info da proba

O Corgo

20/10/2018 17:30 - 19:00
Regulamento CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA ANO DE NAC. HORA DIST.
Pitufos (H/M) 2012 e post. 17:30 h 150 m
Promoción (H/M) 2009-2011 17:35 h 500 m
Sub 12 (H/M) 2007-2008 17:40 h 1800 m
Sub 14 (H/M) 2005-2006 17:40 h 1800 m
Sub 16 (H/M) 2003-2004 18:00 h 3550 m
Sub 18 (H/M) 2001-2002 18:00 h 3550 m
Sub 20/23 (H/M) 1996-2000 18:30 h 5300 m
Senior (H/M) 1984-1995 18:30 h 5300 m
Máster 1 (H/M) 1974-1983 18:30 h 5300 m
Máster 2 (H/M) 1964-1973 18:30 h 5300 m
Máster 3 (H/M) 1963 e ant. 18:30 h 5300 m
PREMIOS
➢ Pitufos: proba non competitiva, non haberá clasificacións. Todos os participantes levarán unha
medalla conmemorativa. Camisetas para todos.
➢ Promoción: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro clasificados de cada
sexo, e medalla conmemorativa para o resto de participantes. Camisetas para todos.
➢ Dende Sub 12 ata Sub 18: trofeo para o primeiro e medallas para o segundo e terceiro de cada
categoría e sexo. Camisetas para todos.
➢ Dende Sub 20/23 ata Veteranos (carreira absoluta): trofeo para o primeiro e medallas para o
segundo e terceiro de cada categoría e sexo. Camisetas para os 150 primeiros.
➢ Carreira absoluta (5300 m):
- Primeiro: 100 €
- Segundo: 75 €
- Terceiro: 50 €
Diferenciaranse homes e mulleres.
➢ Entregarase unha medalla ao primeiro home e á primeira muller de cada categoría
empadroados no concello do Corgo.
➢ Entregarase un trofeo ao participante máis novo e ao de máis idade
A entrega de premios será en fronte do CEIP do Corgo e comezará, aproximadamente, ás 19:15h.
INSCRICIÓN E CONTROL DA CARREIRA
Os dereitos de inscrición para as categorías inferiores son gratuítos (de Pitufos a Sub 18). Na
carreira absoluta (5300 m) cobrarase 3€ por participante.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, teléfono fixo, correo electrónico e club.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza.
Hai que realizar a inscrición a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo:
http://www.carreirasgalegas.com
O control de tempos levarase a cabo dun xeito electrónico e supervisado polo Comité Galego de
Xuíces e a FGA.
O último día para facer a inscrición será o xoves, día 18 de outubro ás 14:00 h. Excepcionalmente
permitirase a inscrición no mesmo día da carreira, cun custo de 10€ participante.
Ante calquera dúbida relacionada coa inscrición da proba, chamar a 626 73 93 90.
NORMAS PARA OS PARTICIPANTES
• A X Carreira Popular Arumes do Corgo: Memorial Quique Casanova é unha proba oficial da
Federación Galega de Atletismo.
• O idioma empregado pola organización da proba deportiva, tanto a nivel oral como escrito, será
o galego.
• Non se autorizará a participación de atletas estranxeiros, agás os portugueses que non foran
internacionais co seu pais.
• Non se admitirán inscricións fóra de prazo, sen os datos obrigatorios, nin o día da proba.
• A recollida do dorsal para disputar a carreira, poderá facerse o día da proba no posto da
organización dende as 16:30 h ata ½ hora antes do inicio da carreira correspondente.
• Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
❖ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
❖ Non realizar todo o circuíto da carreira.
❖ Non levar dorsal ou manipular este.
❖ Falsificar datos persoais.
• Os participantes que circulen fóra do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de
inicio e fin da proba consideraranse usuarios normais da vía, e non lles será aplicado esta
normativa especial.
• Todos os participantes que obteñan premios nas diferentes categorías deberán, se for preciso,
presentar o DNI ou calquera outro documento acreditativo da idade correspondente á categoría.
• A organización da proba non se fai responsábel dos danos morais e materiais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias o
imprudencias que poidan cometer durante o transcurso da mesma.
• As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por este poderase
presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ao Xurado de
Apelación.
• A organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias así o
aconsellasen (informando oportunamente).
• Todos os participantes teñen a obriga de cumprir as normas particulares do regulamento da
proba.
• Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
SERVIZOS PARA OS PARTICIPANTES
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira (ver plano):
1. Aparcadoiro gratuíto (ata ocupación das prazas existentes).
2. Cuartos de baño na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
4. Vestiarios e duchas no pavillón municipal.
5. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
6. Zona de lecer para nenos (parque infantil).
7. Área recreativa (zona axardinada, merendeiro...).
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados
ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros
sanitarios que teñan convenio coa compañía de seguros que corresponda).
Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo (correo-e: arumescorgo@gmail.com; teléfono:
626 73 93 90; sitio web: http://arumescorgo.blogspot.com).
Colabora economicamente: Concello do Corgo.
Colabora tecnicamente: Federación Galega de Atletismo (Delegación de Lugo).
Outros colaboradores: Coca Cola, Club de Atlet. Arumes-Área 10, Centro de Estudos do Corgo,
Protección Civil de Lugo, Subdelegación do Goberno...