Calendario
Info da proba

Arzúa

23/09/2018 10:30 - 13:00
Regulamento II CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ ARZÚA

REGULAMENTO “CLÁSICA TGM-TOLDOS GÓMEZ” II EDICIÓN

A II Carreira Popular de Atletismo “Clásica TGM-Toldos Gómez, Arzúa 2018”, organizada por Lena Eventos, celebrarase o día 23 de Setembro do 2018.

Art. 1) Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo i estará baixo o control técnico do comité galego de xuíces da FGA. Proba oficial con distancia non homologada.

Art. 2) Poderán participar atletas federados e non federados, haberá unha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

CATEGORÍA. ANO NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
PITUFOS (sen clasificación). 2011 e posteriores 100 M 12:30
SUB 10 2009-2010 1.000 M 12:20
SUB 12 2007-2008
SUB 14 2005-2006 2.000 M 12:00
SUB 16 2003-2004
SUB 18 2001-2002
SUB 20 1999-2000 10K 10:30
SUB 23 1996-1998
SENIOR 1995 ata 34 anos
MASTER 1 35 a 40 anos
MASTER 2 41 a 49 anos
MASTER 3 50 a 59 anos
MASTER 4 60 en adiante

Art. 4) Percorrido:
Proba 10K (SUB 20, SUB 23, SENIOR, MASTER 1-4)


Proba 2.000M (SUB 14, SUB 16, SUB 18)


Proba 1.000M (SUB 10, SUB 12)


Art. 5) INSCRICIÓNS:
Lugar: www.emesports.es
Prezos da inscrición:
- Proba 10K: 6 Euros
- Proba 2.000 M (2k): 2 Euros
- Pitufos, SUB 10, SUB 12: 0 Euro
Data máxima de inscrición: 20 de setembro ás 23:59, pechándose definitivamente toda posibilidade de inscrición.

Art. 6) SERVIZOS
Co fin de dar as maiores facilidades a todos os participantes neste evento, a Organización ofrecerá os seguintes servizos de forma gratuíta:

• Duchas (Coordenadas GPS del campo - Latitude: 42.930694580078 Lonxitude: -8.1568441390991, No polideportivo municipal do Viso)
• Gardarroupa
• Avituallamento final ( liña de saída, e no punto kilométrico 5 para a 10k)


Art. 7) Retirada dorsais e chips:
Lugar: secretaría a partir das 9:00 da mañá, ata 30 minutos antes da proba (10:00).
Para retirar o dorsal e o chip é obrigatorio presentar o DNI ou Pasaporte.

Art. Molón Durante a proba, levarase o dorsal na parte dianteira, de forma visible e sen dobrar. Todo corredor/a que non entren na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado.

Art. 9) Haberá servizo de avituallamento durante a proba, no punto kilométrico 5, para a proba de 10K e ó final en liña de meta para as probas 1k, 2k e 10k.

Art. 10) Todos os participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e responsabilidade civil concertada pola Federación Galega de Atletismo (RC). Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc... Tamén quedarán excluídos os producidos por desprazamento a/o desde o lugar no que se desenvolve a proba.

Art. 11) Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá participar de trofeo ou obsequio. Tampouco estará amparada polos seguros da proba

Art. 12) Os servicios sanitarios e a ambulancia, estarán ubicados na zona de Saída/Meta. Calquera corredor con problemas médicos (alerxias, atencións especiais, etc..), deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.

Art. 13) Premios
CATEGORÍA PREMIO
SUB 10. Medalla 3 primeiros clasificados/as
SUB 12 Medalla 3 primeiros clasificados/as
SUB 14 Medalla 3 primeiros clasificados/as
SUB 16 Medalla 3 primeiros clasificados/as
SUB 18 Medalla 3 primeiros clasificados/as

CATEGORÍAS ABSOLUTAS
Medalla 3 primeiros clasificados/as de cada categoría

Trofeo TOLDOS GÓMEZ ó gañador e gañadora absoluto da proba dos 10k.

Ó longo da mañá, haberá un espectáculo gratuíto de maxia a cargo de “O Mago Charly Braun”, para o disfrute de todos, dende grandes a pequenos, así como unha animadora para pintacaras e xogos varios.

Na categoría de pitufos, todos os participantes, levarán un diploma conmemorativo pola súa participación.

Art. 14) Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización i estarán debidamente sinalizados

Art. 15) O servicio médico da competición e os xuíces árbitros están facultados para retirar durante a proba a:
- calquera atleta que manifeste un mal estado físico
- Todo atleta que non realice o percorrido completo
- Todo atleta que non leve visible o dorsal ou que dobre o mesmo
- O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere nas protestas ante a Organización ó marxe do estipulado no artigo 11 do regulamento

Art. 16) As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

Art. 17) A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento si as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables.

Art. 18) Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na carreira, aceptan o presente Regulamento, e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no mesmo, aceptarase o que dispoña o Comité Organizador.

Art. 19) Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de Competición da FGA para a presente tempada.