Calendario
Info da proba

Piñor

30/09/2018 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO IV ANDAINA E TRAIL DO CONCELLO DE PIÑOR
1. DATA: domingo 30 de setembro de 2018
2. ORGANIZA: Concello de Piñor
3. INFORMACIÓN DAS PROBAS:
A. TRAIL 14 KM
- LUGAR DE SAÍDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO
- SAÍDA TRAIL: 11:00 horas
- CATEGORÍAS:
 VM1Veteranas I, dende 1978 e anteriores
 VF1Veteranas I, dende 1978 e anteriores
 SM Sénior masculino, dende o 2000 ata 1979
 SF Sénior femenina, dende 2000 ata 1979
B. ANDAINA 14 KM
- LUGAR DE SAIDA E META: CAMPO DA FESTA ARENTEIRO
- SAIDA: 10:00 horas
Será de velocidade libre pero existen horas de corte.
4. CUSTO E LUGAR DE INSCRICIÓNS
 TRAIL: 10,00 €
 ANDAINA: 5,00 €
 MENORES DE 16 ANOS (SÓ ANDAINA E EMPADROADOS NO CONCELLO): 0€
INSCRICIÓNS: ata as 23:59 do martes 25 de setembro de 2018 na páxina:
traileandainadeoutono.galitiming.com
*Non se admitirán inscricións fóra de prazo baixo ningún concepto.
Todos /as os/as deportistas recibirán un agasallo conmemorativo da proba.
5. RECOLLIDA DE DORSAIS E DUCHAS
Os dorsais recolleranse a partir das 9:00 h do día da carreira no lugar habilitado ao
efecto. O lugar da recollida de dorsais será no campo da festa Arenteiro.
As duchas estarán situadas aproximadamente a 2 km do lugar da celebración da proba.
6. PREMIOS E TROFEOS
o Medalla para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
o Medalla para os tres primeiros homes locais.
o Medalla para as tres primeiras mulleres locais.
o Medalla para os MENORES DE 16 ANOS que cheguen a meta na Andaina.
NON HABERÁ PREMIOS ECONÓMICOS.