Calendario
Info da proba

Mañón

02/09/2018 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
III CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE MAÑÓN
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Mañón organiza a Carreira Popular de Mañón.A proba terá lugar
o Domingo 2 de Setembro do 2018 ás 11:00h ,con saída e chegada na praia de
Esteiro ,no Barqueiro.
Haberá control técnico por parte da empresa de servicios deportivos PRUEBA-T
en todas as categorías.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas,federados ou non,sen distinción de
sexo ou nacionalidade.
3. CATEGORÍAS:
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO
DISTANCIA
Circuito en
Esteiro
SAÍDA
PITUFOS M/F 2013 e POSTERIORES 100m 11h
PREBENXAMÍN
M/F
2012-2011 500m 11:10h
BENXAMÍN
M/F
2010/2009 500m 11:15h
ALEVÍN M/F 2008-2007 1000m 11:20h
INFANTIL M/F 2006/2005 1000m 11:20h
CADETE M/F
2004-2003
2000m 11:35h
XUVENIL M/F
2002-2001
2000m 11:35h
ABSOLUTA
M/F
2000 e
ANTERIORES
SENIOR M/F
2000-1984
7.000m 12:00h
VETERÁN A
M/F 1983-1967
VETERÁN B
M/F 1966 E
ANTERIORES
1

4. INSCRICIÓNS:
-A inscrición será gratuita para os atletas das categorías menores(nados no
ano2001 ou posteriores) e de 4€ para os/as atletas da categoría absoluta(nados no
ano2000 ou anteriores) e poderá realizarse a través da páxina web da empresa de
servicios deportivos PRUEBA-t : www.prueba´t.es.
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no tf 647536305 ou por
correo electrónico:cultura.deportes@manon.es.
- O prazo de inscrición rematará o xoves 30 de agosto ás 23:59h
- Límite de prazas absoluta:500
- Non se admitirán inscricións fóra de prazo
- A inscrición da proba é persoal e intransferible
- A realización da inscrición implica ter lido,entendido e aceptado o
regulamento da proba
- A proba estará controlada polo persoal da empresa de servicios deportivos
PRUEBA- e estarán capacitados para descalificar a calquera atleta que
incumpra o regulamento.
Protección de de datos: Todos/as os/as corredores/as ó realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación,medios de
comunicación e /ou internet.Mediante a inscrición o corredor
consinteexpresamente que os seus datos sexan empleados pola organización
para comunicacións acerca da sua actividade.En toda caso e tal como se
establece a Lei de Protección de datos,o interesado pode exercer os seus dereito
de acceso rectificación,cancelación e posición mediante un escrito ou correo
electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(Polideportivo de Esteiro),ata media hora antes da saída de cada proba.
6. GARDAROUPA:
A organización habilitará un servicio de gardaroupa,pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas.Estará instalado no Pavillón
municipal de Esteiro.
7. SERVICIO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores/as servicio de
duchas(Pavillón municipal de Esteiro)
2
8.PERCORRIDOS:
-A saída situarase no Pavillón municipal da praia de Esteiro no Barqueiro e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo ó redor da localidade
-É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no
peito,deben chegar á meta con él.
-O percorrido da categoría absoluta estará sinalizado en cada km
-As distancias sinaladas son aproximadas.
-A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require,e na distribución das saídas, dependen da
cantidade de inscritos.
CATEGORÍA PITUFOS(2013 E POSTERIORES)
100 metros
CATEGORÍA PREBENXAMÍN (2012-2011) E BENXAMÍN(2010-2009)
500 metros
CATEGORÍA ALEVÍN(2008-2007)-INFANTIL(2006-2005)
1000 metros
CATEGORÍA CADETE (2004-2003)- XUVENIL(2002-2001)
2000 metros
CATEGORÍA ABSOLUTA (7 km)
9.AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ó final da proba.
10.VEHÍCULOS
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.Queda totalmente
prohibido seguir ós corredores en coche,moto ou bicicleta,polo perigo que poidera
supoñer para os atletas,así como a participación de animais.
3
11.PREMIOS:
-A organización premiará ós 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría
masculina e femenina
-Trofeo para o/a mellor corredor/a en categoría absoluta
-A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría absoluta.
12.SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia para atender posibles incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba.Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse,aceptan o presente
regulamento e en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba
13. DESCALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servicios deportivos PruebaT
e polo persoal do Concello de Mañón,e estarán capacitados para descalificar a
calquera atleta que incumpra o regulamento