Calendario
Info da proba

CorreSan -Ruta dos Parques

03/11/2018 17:00 - 18:30
Regulamento
INFORMACIÓN CORRESAN RUTA DOS PARQUES
*Horario das Probas*
> Carreira xuvenil e superiores —> 17.00 horas – 6,1 km aprox.;
> Carreira benxamín – alevín —-> 17.45 horas – 1,4 km aprox.;
> Carreira infantil – cadete —> 18.00 horas – 2,6 km aprox.
ENTREGA DE MEDALLAS AOS GAÑADORES ÁS 18.45 horas
SAÍDA DAS PROBAS:
A saída da proba absoluta (xuvenil e superiores) farase desde a Cidade da Cultura de Galicia, diante da cafetería (aproveitade!!). Para elo seredes trasladados desde o lugar de meta (Parque Eugenio Granell (Restollal) en autobuses a partir das 16.15 horas).
A saída das probas escolares será desde o propio Parque.
DUCHAS e VESTIARIOS
Serán habilitadas en horario de 16:30 horasa 20:30 horas as duchas do polideportivo municipal de Pontepedriña (a carón do Parque Eugenio Granell).
SERVIZO DE ROUPEIRO
Haberá servizo de roupeiro en meta e na saída da proba absoluta.
Como vedes, estades ante o circuito máis rápido e “verde” do Circuito CorreSan 2017, unha ruta absoluta fermosa ideal para a práctica do Deporte #San .