Calendario
Info da proba

Santiago

30/09/2018 11:00 - 12:30
Regulamento II CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA TRAS- RIL- SAN
REGULAMENTO XERAL
A Asociación Galega de Transplantados do ril de Santiago (TRAS-RIL-SAN),
organiza a “II Carreira e Andaina Solidaria TRAS-RIL-SAN”, o domingo 30
de setembro de 2018, en Santiago de Compostela, baixo o control técnico da
Federación Galega de Atletismo, a través da delegación en Santiago de
Compostela.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta. O Cronometraxe e control da carreira estarán a cargo do Comité de
Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
CATEGORÍAS
Masculina e Feminina: Masculina e Feminina:
• Pitufos: ano nacemento (2011-actualidade)
• Sub 10 anos de nacemento (2009-2010)
• Sub 12 anos de nacemento (2007-2008)
• Sub 14 anos de nacemento (2005-2006)
• Sub 16 anos de nacemento (2003-2004)
• Absoluta:
- Sub 18/Sub 20: anos de nacemento(1999-2002)
- Sub 23: anos de nacemento(1996-1997-1998)
- Senior: de 1995 ata máster
- Máster 1: de 35 a 44 anos incluidos
- Máster 2: de 45 a 54 anos incluidos
- Máster 3: de 55 anos en adiante
• ANDAINA: todas as idades
DISTANCIAS E HORARIOS
Pitufos: 150 metros. Saída: 12:30
Sub 10 – Sub 12 500 metros. Saída: 11:00
Sub 14 – Sub 16 2,5 km. Saída: 11:10
Absoluta (De sub 18/sub 20 a Máster): 5 km. Saída: 11:30
ANDAINA: 2,5 km. Saída: despois da saída da carreira absoluta
A saída e a meta da proba terán lugar no PARQUE EUGENIO GRANEL sita
na zona do Corte Inglés. O percorrido será o longo do parque e arredores .
INSCRICIÓNS
O prezo das inscricións son: .
7 euros (carreira Absoluta e Andaina);
3 euros (carreiras Escolares);
A partir do terceiro membro da unidade familiar inscrito, e a categoría de
Pitufos será gratuíto. Para obter esta bonificación, deberás notificar a
inscricións a TRAS-RIL-SAN no email
trasrilsancarreirasolidaria@gmail.com (indicando, no seu caso, se
participa na Carreira ou na Andaina).
A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota,
que poderá realizarse das formas seguintes:
✓ Na Asociación TRA-RIL-SAN, sita en Manuel María, 6 2º Dpcho. 1 (Casa
das Asociacións, edif. CABES) - 15704 - Santiago de Compostela A
Coruña, xoves e venres en horario de 17:30 a 19:30 horas.
✓ Na Federación Galega de Atletismo, a través da súa páxina web:
www.carreirasgalegas.com (enlace directo ->
https://www.carreirasgalegas.com/carreira/ii-carreira-e-andaina-solidariatras-ril-san/c098207b-50ad-c535-a861-39de329800f7
).
✓ Na conta bancaria “ABANCA”, no código de conta cliente: ES 41
2080-0300-85-3040140685 ( sen cargos en calquera sucursal ou
caixeiro da entidade). Será preciso enviar un email cos datos dos/as
participante(s), indicados no artigo 9 deste regulamento, a:
trasrilsancarreirasolidaria@gmail.com especificando idade, Carreira,
Andaina ou Dorsal.
✓ No caso do Dorsal, debe indicarse o concepto do ingreso e notificalo por
email trasrilsancarreirasolidaria@gmail.com o chamando o teléfono
667590986
O prazo de inscrición comezará o día 12 de Setembro e rematará o xoves 27
de setembro ás 23.59 horas.
Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fora de prazo.
RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS (lugar e hora)
O mesmo día da carreira no lugar da saída, dende as 9:45 e ata 30 minutos
antes do comezo de cada unha das carreiras e da andaina.
PREMIOS
Individuais:
- A os/as tres primeiros/as corredores/as da carreira absoluta, tanto
masculina como feminina.
- A os/as tres primeiros/as corredores/as de cada categoría establecida
no presente regulamento, tanto masculina como feminina (excepto na
categoría Pitufos, que non recibirán trofeos, e si todos un obsequio). En
caso de que algunha categoría non teña suficientes corredores, a
organización reservará o dereito a unila a outra.
*Os premios non serán acumulativos.
Grupos:
Equipos Federados: premio a os tres primeiros equipos federados absolutos
(FGA). A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, ganando o
equipo que menos puntos consiga. No caso de empate ganará o equipo que
mellor clasifique o seu 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes
e mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo
federado na súa inscrición individual, e que cada club envíe o listado coa
composición do equipo ao email da Delegación da Federación Galega de
Atletismo en Santiago de Compostela ( santiago@atletismo.gal ), co prazo
límite ata o venres 28 de setembro ás 23:59 horas.
Equipos Populares: premio os tres primeiros equipos absolutos non
federados. A clasificación será establecida a través dos 6 primeiros/as
corredores/as en cruzar a liña de meta, pola suma dos seus postos, ganando o
equipo que menos puntos consiga. No caso de empate, ganará o equipo que
mellor clasifique o 6º compoñente. Os equipos poderán ser mixtos (homes e
mulleres). Será imprescindible que cada atleta indique o nome do equipo
popular non federado na súa inscrición individual.
DATOS
Os datos obrigatorios para inscribirse son: nome, apelidos, NIF o pasaporte, data de
nacemento completa, xénero (masculino ou feminino), dirección e teléfono.
Rechazaranse calquera inscrición a que lle falte algún dos datos sinalados. No caso
dos atletas federados na presente temporada, deberán indicar a maiores o número de
licencia da FGA, e nome do club.
Aqueles/as atletas que proporcionen datos falsos, serán descualificados.
CLASIFICACIÓNS
A clasificación será absoluta, por categorías (excepto Pitufos), por equipos
federados e por equipos non federados.
CONTROL DA CARREIRA
A carreira absoluta estará controlada a través dun chip dun só uso integrado no
dorsal, que se entregará a cada corredor/a, e que deberá levar colocado no
peito de forma visible, sen cortes nin pliegues.
Todo corredor/a que non entre na liña de meta có dorsal, ben visible, colocado
por diante, ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da FGA e
da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado.
A carreira estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación
Galega de Atletismo que colaborará de forma altruísta coa causa.
A organización contará cá axuda dos organismos oficiais competentes que
regularán o tráfico o longo de todo o recorrido.
O control da chegada cerrará 50 minutos despois de que entre na meta o
primeiro corredor da categoría absoluta.
VEHÍCULOS
Non estará permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a
organización. Nin mascotas, bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na
proba que podan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
Debido as características da proba, se permitirán as cadeiras de rodas con ou
sen motor.
RECLAMACIÓNS
As reclamacións a os resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ao
Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos ismos.
SERVIZOS
Contarase con servizos de ambulancia, médico, vehículos de sinalización e
escoba. Contarase tamén con garda-roupa na liña de saída/meta y duchas no
Paxonal. Haberá avituallamento o final das carreiras y da andaina.
A proba conta tamén con un seguro de Responsabilidade Civil e un Seguro de
Accidentes Deportivos para todos os participantes (carreiras-andaina).
PROTECCIÓN DE DATOS
Todos los participantes, polo feito de formalizar la inscrición, dan o seu consentimento para que
a Organización e la entidade ALLIANZ SEGUROS, por si mesmos ou por terceiras entidades,
traten de forma informática e coa finalidade exclusivamente aseguradora e deportiva, os seus
datos de carácter persoal, de acordo coas opcións contidas na inscrición.
De acordo co que establece a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de
datos de carácter persoal, o participante poderá exercer o seu dereito de acceso a ditos
ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar de forma parcial ou total o seu contido. Para
exercitar este dereito deberá solicitalo nas direccións indicadas na ficha de inscrición.
OUTROS
Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co
regulamento da FGA, RFEA y IAAF en vigor.
NOTA: Esta proba pertence o Calendario Oficial de la Federación Galega de Atletismo
e mediante a súa inscrición como corredor consinte expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licencia de día e ránking popular das probas de ruta. En todo caso e tal
como establece la lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito o
correo electrónico da Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow 13 - 15008
A Coruña.