Calendario
Info da proba

Órdenes

09/09/2018 10:30 - 12:00
Regulamento REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY* 2013 e posteriores 500 metros
PREBENXAMÍN* 2011-2012 500 metros
SUB 10 2009-2010 1000 metros
SUB 12 2007-2008 1000 metros
SUB 14 2005-2006 3000 metros
SUB 16 2003- 2004 3000 metros
SUB 18 2001-2002 9500 metros
SUB 20, 23, SEN 2000 ata veteráns 9500 metros
MASTER 1 nados/as entre 1969 e 1978 9500 metros
MASTER 2 nados/as entre 1959 e 1968 9500 metros
MASTER 3 nados en 1958 e anteriores 9500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.
3. HORARIO DAS PROBAS
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de
cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
HORA CATEGORÍA
10:00 h Sub 14 e Sub 16 (3000 metros)
10:30 h Baby e Prebenxamín (500 metros)
10:50 h Sub 18, Sub 20, 23 -Sen e Master (9500 metros)
11:00 h Sub 10 e Sub 12 (1000 metros)
4. Para o control da carreira (excepto categorías baby e prebenxamin) todos os
participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal e que
irá colocado na parte de atrás do dorsal.
5. INSCRICIONS:
- CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a Sub 16): faranse cumprimentando os campos
indicados a través do formulario de inscrición presente nas web
www.carreirasgalegas.com.
- CARREIRA ABSOLUTA (Sub 18, Sub 20, 23 - Sen e master), poderán facelo visitando a
páxina web www.carreirasgalegas.com onde se lle indicarán os pasos que deberán
efectuar para formalizar a inscrición*.
PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- CARREIRA ABSOLUTA: 4,00 €
*Os equipos, clubs… que desexen optar os premios en metálico deberán formalizar a
inscrición individual de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á
dirección FGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do club
cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia,
club e nº de licencia federativa, se a ten).
Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680002 (ext. 5).
O prazo de inscrición rematará o mércores 5 de setembro de 2018 ás 23:59 horas.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO.
Os dorsais e os chips recolleranse na SECRETARIA DA COMPETICIÓN sita a carón da Casa
do Concello ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.
6. O longo do percorrido a organización situará controis nos cales poderase descualificar a
calquera atleta que incumpra a normativa da competición (saírse do percorrido, sacar o
dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…). O percorrido da proba absoluta
estará sinalado cada quilómetro.
7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal colocado correctamente na zona
do peito, en toda a súa extensión será automaticamente descualificado.
8. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados a partir da categoría Sub 10 (en
mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros
homes da carreira SUB 18, SUB 20, 2 -SEN e MASTER.
Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar
censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis
veterano que logre concluíla proba da súa categoría.
Os trofeos non serán acumulativos.
PREMIOS EN METÁLICO
CARREIRA ABSOLUTA (SUB 18, SUB 20, 23 -SEN e MASTER)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a: 80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 50 €
PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS*
CARREIRA ABSOLUTA (SUB 18, SUB 20, 23-SEN e MASTER)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 50 €
*A clasificación por clubs federados será establecida a través dos 4 primeiros
corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a
inscrición como club* (inscribindo os corredores individualmente en e remitindo un correo
electrónico a dirección FGAsantiago@gmail.com cos datos do club e dos seus
compoñentes), e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluíla carreira. A
confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou feminina, pero todos puntuarán
nunha soa clasificación.
NINGÚN CLUBE FEDERADO ENTRARA NESTES PREMIOS SENON SEGUE OS PASOS
MARCADOS PARA A INSCRICION POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE
REGULAMENTO.
PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO*
CARREIRA ABSOLUTA (SUB 18, SUB 20, 23-SEN e MASTER).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado: 50 €
*Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións, clubs,
equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 4
primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario
realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo
menos 6 corredores do mesmo logren concluíla carreira. A confección dos grupos poderá
ser mixta, masculina ou feminina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación, tendo que
estar todos os integrantes do grupo censados no municipio de Ordes.
* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores so poderán estar anotados ou
a través dunha asociación, club ou grupo, non poderá figurar en dúas entidades.
9. A participación de atletas estranxeiros en competicións de ruta autonómicas rexerase
polas regras de competición 2015 publicadas no sitio web oficial da RFEA , e en
especial o artigo 3.4 (páxina 72 do manual) , artigo que se pode consultar no seguinte
enlace:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2015/00Reglamentacion2015.pdf
10. Haberá servizo de duchas na piscina municipal “ O Muiño” a disposición de tódolos
atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluír a proba recibirán
avituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.
11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro
da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
12. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co regulamento
da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.

OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para
retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados
dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de
toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o
Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.