Calendario
Info da proba

Maside

02/09/2018 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
XIIª CARREIRA POPULAR
XIª ANDAINA
Categorías:
A Carreira Popular consta das seguintes categorías:
.- Carritos: dende o momento do nacemento ata os 3
anos.
.- Pitufos: de entre 3 e 7 anos (nados 2011-2012-
2013-2014-2015)
.- Rapaces: de entre 8 e 12 anos (nados 2010-2009-
2008-2007-2006)
.- Mozos: de entre 13 e 15 anos (nados 2003-2004-
2005)
.- Absoluta: de 16 anos en adiante
A Andaina será categoría única.
Distancia:
O percorrido é de 15,100 km, para a categoría
Absoluta da Carreira e a Andaina, transcorrendo
maioritariamente por camiños de terra dentro da
Paraxe Natural do Puzo do Lago, ainda que comeza e
remata en asfalto no núcleo urbano de Maside.
Para as categorías carritos (ata 3 anos) e pitufos (3 a
7 anos) a distancia é de 200 metros a disputar polas
rúas de Maside.
CONCELLO DE MASIDE -------------
Praza Maior, nº 1
Telf. 988 28 06 06-Fax 988 28 06 84
32570 MASIDE (Ourense)
Para a categoría Rapaces serán 400 metros polas rúas
de Maside.
Para a categoría Mozos o percorrido ten 3,5 km que
os levarán por asfalto é terra á meta.
Horarios:
Saida da Andaina: 10.00 horas
Saida Categoría Carritos: 10.45 horas
Saida Categoría Pitufos: 10.45 horas
Saída Categoría Rapaces: 10.30 horas
Saída Categría Mozos: 10.15 horas
Saída Categoría Absoluta: 11.00 horas
Localizacións:
Saída/Meta: estará instalada na Rúa Princial de
Maside á altura da Alameda.
Duchas: Pavillón de Deportes de Maside.
Información e Inscricións:
Todas as persoas interesadas en participar neste
evento deportivo terán toda a información relativa ó
mesmo tanto na páxina web de Concello de Maside
(www.concellodemaside.gal) como na de Champion Chip
Norte (www.championchipnorte.com ), así como no
teléfono 608.242.210.
As inscricións para a XIIª Carreira Popular e XIª
Andaina poderán realizarse a través do portal web
CONCELLO DE MASIDE -------------
Praza Maior, nº 1
Telf. 988 28 06 06-Fax 988 28 06 84
32570 MASIDE (Ourense)
www.championchipnorte.com. A cota de inscrición é de
5 € para os participantes na Categoría Mozos,
Absoluta e Andaina. O prazo de inscrición pecharase
o xoves 30 de agosto. A inscrición nas categorías
Carritos, Pitufos e Rapaces serán gratuitas.
Para a Andaina os interesados terán a posibilidade de
inscribirse o mesmo día ata ½ hora antes da saída.
A totalidade da recadación das probas será donado á
“FUNDACIÓN ANDREA de Apoyo a los niños con
enfermedades de larga duración, crónicas y
terminales”. Dado o carácter solidario das probas
haberá a disposición de tódolos interesados unha “Fila
0” onde poderán depositar os donativos (ben no banco
CCC: ES64 2080 5315 70 3040352461-indicando no
concepto: Fila 0; ben o día da proba, ou a través da
plataforma de ChapionChipNorte).
Premios:
Haberá trofeos para os seguintes:
1º-1ª Categoría Carritos
1º-1ª Categoría Pitufos
1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Rapaces
1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Mozos
1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Absoluta
1º -1ª Máis Veterano/a da Carreira
1º-1ª Local da Carreira
1º-1ª Andaina
CONCELLO DE MASIDE -------------
Praza Maior, nº 1
Telf. 988 28 06 06-Fax 988 28 06 84
32570 MASIDE (Ourense)
Ademáis haberá sorteo para tódolos participantesde
varios agasallos cortesía de Lamargha Hombre Mujer
O Carballiño.
Avituallamentos:
O longo do percorrido atoparemos un avituallamento
líquido. Debido a que a proba transcurre en gran parte
pola Paraxe Natural do Puzo do Lago declarada de
Interese Natural, rógase a tódolos/as participantes
que depositen os posibles desperdicios dentro das
zonas habilitadas para elo.
Ó finalizar a proba avituallamento líquido e sólido na
súa chegada a meta.
Dorsais:
Serán entregados ata media hora antes da saída de
cada proba, a recollida farase na zona de inscricións
situada na entrada da Alameda de Maside.
Os participantes da Carreira Popular en categorías
inferiores (Pitufos, Rapaces e Mozos) tan só poderán
participar nunha delas, a que lle corresponda por
idade. Se en algún caso participase en máis dunha a
organización declina toda responsabilidade ó respecto,
e tan só poderá subir a podium na categoría que lle
corresponda por idade.
CONCELLO DE MASIDE -------------
Praza Maior, nº 1
Telf. 988 28 06 06-Fax 988 28 06 84
32570 MASIDE (Ourense)
Medio ambiente:
A organización solicita encarecidamente que se
manteña o trazado do percorrido limpo de
desperdicios (envoltorios de geles, barritas, plásticos,
papeis,...).
Estaremos nun espazo natural e para poder seguir
disfrutando del e da proba somos todos nós os que
debemos velar pola súa conservación. Todos somos
responsables.
Se ti, participante, ves a un compañeiro depositar
desperdicios no percorrido denunciao ante a
organización. De non facelo serás complice. Espazos
naturais, libres de desperdicios.
A organización velará de forma moi especial o
cumprimento deste apartado. Chegado o caso
procederase á descalificación do infractor/a.