Calendario
Info da proba

Ourense - San Martiño

18/11/2018 11:00 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO CARREIRA SAN MARTIÑO
A XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal
de Deportes de Ourense, celebrarase o domingo día 18 de novembro de 2018.
REGULAMENTO XERAL DA CARREIRA ABSOLUTA - 10KM
1. Esta carreira pedestre está incluída no calendario oficial de probas en ruta da
Federación Galega de Atletismo e está reservada para todas as persoas nadas no
ano 2001 e anteriores.
2. O prazo de inscrición é desde o 10 de outubro ata o 11 de novembro de 2018.
Baixo ningún criterio se inscribirá a ningún corredor/a fóra deste prazo. As inscricións
realizaranse a través da páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar
todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.
O prazo de inscrición para optar á recollida anticipada de dorsal-chip e camiseta é
ata o 3 de novembro de 2018.
3. A cuota de inscrición será de 5€ desde 10 outubro ao 28 de outubro de 2018 e de
7€ desde o 29 ao 11 de novembro de 2018. Unha vez realizada a inscrición non se
devolverá o seu importe.
4. Dorsal Solidario: Os participantes que o desexen poderán facer unha doazón
económica en favor dunha causa solidaria. Na pasarela de inscrición terán a
posibilidade de efectuar unha doazón, marcando DORSAL SOLIDARIO e no casilleiro
indicar o importe que desexan doar. O importe recadado doarase en favor dunha
causa humanitaria elexida de xeito motivado polos membros do Consello Reitor do
Consello Municipal de Deportes. As asociacións interesadas poderán presentar os
seus proxectos solidarios antes do 04 de novembro de 2.018. O Consello Municipal
de Deportes dará a publicidade a través das súas redes da campaña na que colabora
efectuando un acto público de entrega da doazón.
5. A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da
páxina web e da pasarela de inscrición e, despois de pechar o prazo de inscrición, o
venres 16 de novembro de 16:00 a 20:00 h., e o sábado 17 de novembro de 10:00 a
14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, no momento de entrega e recollida de dorsaischips.
6. A Organización non se fai responsable das consecuencias que deriven dunha
inscrición defectuosa e/ou errónea por parte do corredor ou en quen delegue.
O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do
atleta dos datos que aporta, aínda que, se obtén un premio, deberá presentar a
documentación acreditativa pertinente nun prazo máximo de 10 días.
7. É imprescindible estar inscrito para ter cobertura dos seguros de RC e de
accidentes, no día da carreira haberá unha persoa encargada do trámite no caso do
accidente. A Organización contará con servizos médicos a disposición dos corredores,
non obstante, recoméndalles ós participantes someterse a un recoñecemento médico
previo coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
A Organización contará cun local debidamente sinalizado, atendido por unha
persoa responsable nomeada pola Federación Galega de Atletismo, para facilitar
os partes de accidentes aos interesados, formalizar a súa presentación e
resolver as posibles incidencias dos accidentados.
8. A recollida de dorsais-chips e camisetas é o venres día 16 de novembro de
16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a
20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de Sportur
(Salón do Deporte e Turismo Activo).
Se a inscrición se realiza como grupo, a recollida de dorsais-chips e camisetas será
do mesmo xeito, nunca de maneira individual.
Non se entregarán dorsais o día da carreira.
A recollida anticipada de dorsais-chips (para os inscritos ata o 3 de novembro de
2018) será os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 nos puntos acordados que se
anunciarán debidamente.
9. O dorsal-chip deberá ser colocado no peito de maneira visible e sen doblar. Os
corredores que non leven o dorsal-chipl ben colocado non entrarán nas clasificacións.
É obrigatorio levar o dorsal-chip no peito durante toda a proba.
10. O control das inscricións, dorsais-chips, resultados e secretaría será realizado por
procedementos automatizados. Gravarase a chegada para solventar calquera
reclamación.
11. A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11:00 horas. A liña
de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
12. O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de
Atletismo, estará sinalizado cada quilómetro e discorrerá polas seguintes rúas da
cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avda. Xesús Pousa, Praza da Estación, Avda. das
Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de
Portugal, Avda. de Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, FernándezOxea,
Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas
Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avda. da Habana, Cardenal Quevedo, Avda.
Rodríguez Castelao, Avda. Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de
Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. De Santiago, Avda. das Caldas, Ponte
Vella e Pardo de Cela.
13. Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis
queda previsto do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o
segundo control pecha á
14. Os abastecementos (avituallamiento) estarán situados no Km 5 e á chegada no
Pavillón Municipal dos Remedios.
15. Estableceranse varios caixóns, sinalizados por cores, en función da marca
rexistrada no San Martiño anterior:
- Caixón negro: para os/as atletas que teñan unha marca inferior a 35 minutos
(homes) e 40 minutos (mulleres) na carreira do SM2017.
- Caixón vermello: para os/as atletas que teñan unha marca entre 35 e 40 minutos
(homes) e entre 40 e 45 minutos (mulleres) na carreira do SM2017.
- Caixón amarelo: para os/as atletas que teñan unha marca entre 40 e 45 minutos
(homes) e entre 45 e 50 minutos (mulleres) na carreira do SM2017 ou debidamente
acreditados na pasarela de inscrición.
- Caixón verde: Popular.
Os participantes deberán situarse no caixón correspondente 15 minutos antes do
comezo da proba, atendendo en todo momento ás indicacións da Organización.
16. Só poderán permanecer no percorrido os vehículos de axuda que a Organización
estime oportuno, prohibíndose explicitamente o uso de bicicletas, patíns, carriños de
bebé e/ou similares para evitar accidentes.
17. A Organización disporá dun servizo de gardarroupa pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas.
18. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.
As categorías corresponden aos nados nos anos indicados:
Sub’20: Nado/as en 2000 e 2001 (júnior)
Sub’23: Nado/as en 1997, 1998, 1999 (promesa)
Sénior: Nado/as desde 1996 ata Máster
Máster: A M–35 W–35
Máster: B M-40 W-40
Máster: C M-45 W-45
Máster: D M-50 W-50
Máster: E M-55 W-55
Máster: F M-60 W-60
Máster: G M-65 e posteriores W-65 e posteriores
19. Premios: Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as “absolutos” e
“locais”; trofeo ó/á primeiro/a clasificado/a de cada categoría e camisetas para todos
os/as participantes ata esgotar existencias.
Clasificación “absoluta” Clasificación “locais”
1º posto: trofeo e 1.000 €
2º posto: trofeo e 700 €
3º posto: trofeo e 500 €
1º posto: trofeo e 200 €
2º posto: trofeo e 150 €
3º posto: trofeo e 100 €
Para optar ao premio de “locais”, o atleta con nacionalidade española, será nado ou
empadroado no Concello de Ourense.
Premios especiais:
-500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes:
28’49’’ no ano 2010, Mulleres: 32’45’’ no ano 2010).
-
-Premio especial Caixabank: 300€ polo primeiro posto ao cruzar o control do 5km,
tanto na categoría masculina como feminina. É imprescindible rematar a carreira e
clasificarse para optar a este premio.
Os premios non son acumulables, agás os premios especiais, e aplicaráselles a
normativa vixente do IRPF.
20. A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas no entorno do Pavillón dos Remedios
(pistas exteriores) e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar,
previa xustificación dos datos aportados na inscrición, presentando a documentación
acreditativa que proceda (DNI, pasaporte, certificado de empadroamento... etc). É de
obrigado cumprimento a asistencia á Cerimonia de Premiacións para percibir os
trofeos e os premios económicos.
21. Serán motivos de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non
realizar todo o circuíto da carreira, non pasar por todos os controis, non levar dorsalchip
visible por diante ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de
identidade.
22. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
23. Aceptación do regulamento: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor. O feito
de participar nesta carreira implica a autorización á Organización para poder facer uso
das imaxes do evento.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase
polas normas recollidas na CIRCULAR 178/2018 RFEA:
“Reglamento de Competiciones de Campo a Través, Pista, Ruta, Marcha y
Trail Running. Calendario RFEA 2018-2019”
http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2018629104429.pdf
Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba,
proporcionen datos falsos para poder facelo, serán descalificados.
A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rechazará a
inscrición dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os
límites fixados pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.
24. Esta proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e
Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense) e por procedementos
automatizados contratados pola Organización.
25. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de
30 minutos despois de publicarse oficialmente os resultados.
26. Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición
da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
27. Este regulamento poderá ser actualizado se hai normas federativas que así o
aconsellen. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou
percorridos, así como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por
razóns de seguridade.
28. Asistencia médica: A organización contará con servizos médicos e ambulancia
na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma.
29. Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A
inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais
ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
30. LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
31. Mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente á compañía xestora
do seguro de accidentes que os seus datos básicos sexan cedidos para a tramitación
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega
de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
REGULAMENTO DA CARREIRA ESCOLAR - 4,7 KM
1.- Esta carreira pedestre está reservada para todos os nenos/nenas nados entre os
anos 2007 e 2002 que participen de forma individual e/ou a través dos centros
escolares, tanto públicos coma privados.
2.- Os adultos non poderán participar nin acompañar ós participantes na saída nin na
meta e non poderán acceder ás zonas de abastecemento, nin entrarán na
clasificación.
3.- A inscrición será gratuíta e farase preferentemente a través dos colexios en
[www.deportesourense.com]. De xeito individual, os corredores tamén se inscribirán na
mesma páxina.
O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro
de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.
4.- Esta proba dará comezo ás 12.30 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta
na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 4.700m, e discorrerá polas seguintes
rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Av.
de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Ribeira de
Canedo, Ponte Vella e Pardo de Cela.
5.- Os abastecementos estarán situados na Av. de Pontevedra e á chegada no
Pavillón Municipal dos Remedios.
6.- Establécense as mesmas categorías para homes e mulleres, son as seguintes:
Sub’14: Nados en 2006 e 2007 (infantil)
Sub’16: Nados en 2004 e 2005 (cadete)
Sub’18: Nados en 2002 e 2003 (xuvenil)
7.- Estableceranse clasificacións individuais e por colexios
- Clasificación individual:
Trofeo aos tres primeiros atletas de cada categoría, tanto masculina como feminina.
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que alcancen un
mínimo de 25 deportistas clasificados.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria e os 6 primeiros colexios
clasificados de Secundaria e Bacharelato recibirán premios en material deportivo:
1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.
- Camisetas para tódolos
8.- Importante: O delegado do colexio, necesariamente un adulto, será o encargado
de entregar os dorsais-chips e as camisetas aos alumnos que se inscribiran a través
do centro educativo e puntuarán na Clasificación por Colexios. Aqueles que o fixeran
de xeito individual recollerán dorsal-chip e a camiseta conmemorativa o venres día 16
de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas
e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra a feira de
Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
9.- A proba pedestre para escolares, salvo o non especificado neste regulamento,
rexerase polo Regulamento Xeral da XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.
REGULAMENTO DA CARREIRA DE CATIVOS – 1,4 KM
1.- Esta carreira está reservada para todos os/as nenos/as nados entre os anos
2008 e 2011 (alevín e benxamín) ambos inclusive, podendo ir acompañados dun
adulto responsable que a ningún efecto se considerará participante.
2- Esta proba dará comezo ás 13:20 horas, con saída na Ponte do Milenio e meta
na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e discorrerá polas seguintes
rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de
Cela.
3.- A inscrición será gratuita e farase preferentemente a través dos colexios en
[www.deportesourense.com]. De xeito individual, inscribiranse tamén a través de
[www.deportesourense.com].
O prazo de inscrición para colexios é desde o 10 de outubro ata o 3 de novembro
de 2018 e de xeito individual poderanse inscribir ata o 11 de novembro de 2018.
Importante: O delegado do colexio, necesariamente un adulto, será o encargado de
entregar os dorsais-chips aos alumnos que se inscribiran a través do centro educativo
e puntuarán na Clasificación por Colexios. Aqueles que o fixeran de xeito individual
recollerán dorsal-chip o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o sábado día
17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no Recinto Feiral
de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo Activo).
4.- Estableceranse clasificacións por colexios
- Clasificación por colexios:
Premio de 120 € en material deportivo para todos os colexios que alcancen un mínimo
de 25 deportistas clasificados.
Ademáis, os 6 primeiros colexios clasificados de Primaria recibirán premios en
material deportivo: 1º 300€, 2º 250€, 3º 200€, 4º 150€, 5º 120€ e 6º 100€.
5.- Todos os participantes que crucen a liña de meta recibirán un agasallo
conmemorativo do evento, ata esgotar existencias.
6.- A Carreira de Cativos, salvo no especificado neste apartado, rexerase polo
Regulamento Xeral da XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.
REGULAMENTO DA CARREIRA INCLUSIVA – 1,4 KM
1.- Esta carreira está reservada para todos os/as nenos/as nados nos anos 2012
(prebenxamín) e posteriores, e persoas con diversidade funcional, podendo ir
acompañados dun adulto/acompañante responsable que a ningún efecto se
considerará participante. Esta carreira en ningún caso computará nas
clasificacións finais por colexios.
2- Esta proba de caracter non competitivo, dará comezo ás 13:30 horas, con saída
na Ponte do Milenio e meta na rúa Pardo de Cela. O percorrido será de 1.400m, e
discorrerá polas seguintes rúas: Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avda. das Caldas,
Ponte Vella e Pardo de Cela.
3.- A inscrición será gratuita ata o 11 de novembro. As persoas con diversidade
funcional deberán reflexalo na inscrición.
A recollida de dorsal/chip será o venres día 16 de novembro de 16:00h a 20h e o
sábado día 17 de novembro de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas no
Recinto Feiral de Expourense, onde se celebra Sportur (Salón do Deporte e Turismo
Activo).
4.- Todos os participantes que crucen a liña de meta recibirán un agasallo
conmemorativo do evento, ata esgotar existencias.
5.- A Carreira Para Todos (INCLUSIVA), salvo no especificado neste apartado,
rexerase polo Regulamento Xeral da XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño.