Calendario
Info da proba

MM Pontevedra

21/10/2018 11:00 - 13:30
Regulamento PREVIO Á CARREIRA
1. DATA: O Concello de Pontevedra e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra organiza o domingo 21 de outubro de 2018, a partir das 11,00
horas, o “XXIII Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018” de forma “individual” ou/e formando parte dun “equipo mixto 3”. Esta proba
deportiva está engadido no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
2. PARTICIPANTES. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de idade que o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos
establecidos ao efecto pola organización, e cumpran as condicións de participación.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN. As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación se expoñen: - Certifico que estou en bo estado físico e teño pasado os pertinentes recoñecementos de saúde que me habilite para participar en
competicións de longa duración. - Eximo de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da miña participación no evento por asuntos vencellados coa perda de
obxectos persoais por roubo (ou outras similares), agresións físicas,... e calquera outro motivo extradeportivo. - Autorizo a organización para a utilización da miña imaxe en publicacións, carteis,.... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita
poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito á Sociedad Gimnástica de Pontevedra (Pavillón Municipal de
Deportes de Pontevedra, rúa Xoán Manuel Pintos, s/n (36005) de Pontevedra) ou no correo-e info@sgontevedra.com - Conforme á L.O. 15/1999, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a
Sociedad Gimnástica de Pontevedra. A finalidade do ficheiro é levar a cabo a xestión de datos para o Medio Maratón así como informarlle de
futuras edicións. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición; poderá facelo dirixíndose por escrito á
dirección sinalada no punto anterior, xuntando unha fotocopia do seu DNI.
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e condicións que queden expostos no presente
regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a Organización.
A Organización non será responsable de calquera lesión ou padecemento por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a atleta.
4. INSCRICIÓNS NO MEDIO MARATÓN PONTEVEDRA CAIXABANK 2018. Tódalas categorías faranse en www.championchipnorte.com ata
as 23:59 horas do día 16 de outubro de 2018 e non se admitirán inscricións posteriores.
Para a carreira haberá dous prazos para inscribirse: - Ata as 23:59 horas do 30 de setembro e na que o/a deportista pagará a cota “Reducida” de 15 € máis, de ser o caso, 1 € de aluguer de
chip. - Dende o 01 de outubro e ata o remate do prazo de inscrición e na que o/a deportista pagará a cota “Xeral” de 20 € máis, de ser o caso, 1 €
de aluguer de chip.
Aqueles inscritos anteriores ao 30 de setembro poderán elexir a cor e a talla da súa camiseta ata fin de existencias. Ademáis poderán recollela
dende o luns 15 de octubre ata o xoves 18 en horario de 10:00 a 14:00 e 16:30 a 20:30 e o venres 19 de 10:00 a 14:00 en Miler (C/Peregrina
6, Pontevedra).
Os inscritos despois de este plazo (1 de octubre en diante), adaptaranse a recollida ordinaria, podendo elexir color e talla en función das
existencias.
No caso de que o/a deportista se inscriba como desempregado/a devolveráselle a cota de participación polo mesmo sistema de pago (non o
aluguer do chip); a persoa beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego” (D.A.R.D.E.)
dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente ao recoller o seu dorsal). En caso da non
presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá a cota de participación.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións da cota de participación excepto en caso de lesión, ou
enfermidade, si se presenta un certificado médico á Organización, antes do 21 de outubro. En caso contrario, non se fará o reembolso.
Para a carreira por EQUIPOS MIXTOS DE 3 os compoñentes do equipo deberán estar inscritos/as previamente de xeito individual na propia web,
un/ha dos tres atletas sinalarase “capitán/a” que será o encargado de crear o equipo, e enviar e xestionar as invitacións aos outros/as
compoñentes do equipo, sempre dentro da web de ChampionchipNorte. Para máis información no enlace
championchipnorte.com/ayuda/formar-equipos
O EQUIPO MIXTO 3 terá que estar formado por alomenos un home e unha muller, e puntuarán as tres persoas ao seu paso por liña de meta,
coa suma dos tempos dos tres compoñentes. A clasificación dos “Equipos Mixtos 3” determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros
do equipo que entren en liña de meta, en caso de que algún deportista dese equipo non entre en liña de meta sumaráselles o tempo do último
deportista que entre, por cada deportista que falte do equipo.
5. ACCIÓN SOCIAL. Voluntariamente todas os deportistas e persoas da Organización que desexen colaborar coa Rede Axuda poderán facelo
entregando un produto alimenticio non perecedeiro xusto no momento de recoller o seu dorsal que entregaremos no seu nome a esta
Institución (preferentemente aceite, leite, conservas,...).
6. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO. A tradicional “quedada” a unha volta de todo o percorrido, será o martes 16 de outubro ás
20.00 horas, é de acceso libre, e sairá de diante da porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. O ritmo de carreira será moi
asequible co obxectivo de dar a coñecer todo o percorrido. Prégase acudir con prendas exteriores de cores chamativos.
DURANTE A XORNADA DA CARREIRA
7. GARDARROUPA. Antes da saída os/as participantes terán un servizo de gardarroupa a súa disposición no Pavillón Universitario.
8. A ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS. Farase no Pavillón Universitario (Maxisterio) na r/ Padre Gaite o día venres 19/X de 17.00 a 20.30 e o
sábado 20/X de 10.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas. Excepcionalmente o día da proba de 08:30 horas a 10:00 horas, só para as
persoas que veñan de fora da comarca.
9. CAIXÓN PREFERENTE. Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os deportistas
- A primeira zona (dorsal de cor amarelo) será diante da saída, para os que acrediten unha marca inferior a 1 hora, 20 minutos e 00 segundos
(en medio maratón) ou 36 minutos e 00 segundos (en 10km), e para as mulleres que acrediten un tempo inferior a 1 hora, 42 minutos e 00
segundos (en medio maratón) ou 46 minutos e 30 segundos (en 10km).
- A segunda zona (dorsal de cor azul) será para os homes que acrediten unha marca entre 1 hora, 20 minutos e 01 segundos (en medio
maratón) ou 36 minutos e 01 segundos (en 10km) e 1 hora, 40 minutos e 00 segundos (en medio maratón) ou 45 minutos e 00 segundos (en
10km), así como para as mulleres que acrediten unha marca entre 1 hora, 42 minutos e 01 segundos (en medio maratón) ou 46 minutos e 31
segundos (en 10km) e 1 hora, 52 minutos (en medio maratón) ou 51 minutos e 00 segundos (en 10km).
Haberá que indicar o lugar e data de consecución. Dita marca tivo que ser obtida nos últimos 24 meses nunha carreira de medio maratón.
10. SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES. Todos as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de
Responsabilidade Civil” e dun “Seguro de Accidentes”. Haberá dúas ambulancias e dous médicos para a atención.
11. PERCORRIDO. Terá unha lonxitude de 21.097 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, nun circuíto urbano
pechado sobre asfalto ao que se lle dará dúas voltas. Cada kilómetro sinalizarase visualmente, e o tempo máximo para percorrer a distancia
será de 2 horas e 25 minutos. A chegada será na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) de Pontevedra.
A SAÍDA será dende a ponte dos Tirantes (dirección Marín), de seguido Avd. de Bos Aires, Avda. Uruguay, Corbaceiras (xiro de 180º, frente a
praza do Gremio dos Mareantes), Corbaceiras, Avda. Uruguay, Avda. Bos Aires, travesía Galera, rúa Arzobispo Malvar, Praza de España,
Marqués de Riestra, Praza San Xosé, rúa Augusto González Besada, praza de Galicia, Augusto García Sánchez (polo carril de sentido contrario a
circulación), rúa Xeneral Rubín, paseo de Valle Inclán, Iglesias Vilarelle (accédese despois da intersección coa rúa Taboada Nieto), Alcalde
Hevia, San Pedro Alcántara, Peregrina, Andrés Mellado, Andrés Muruáis, Peregrina, praza da Peregrina, Odriozola, rúa dos Soportais, praza de
Curros Enríquez, rúa Real, praza Celso García de La Riega, Valentín García Escudero, Avda. Bos Aires, rúa Padre Gaite, Padre Fernando Olmedo,
Camiño Vello de Castilla, atravesamos a rúa Jose Malvar pola zona Norte da rotonda, entramos no vial superior de TAFISA, ata a av. de Bos
Aires (incorpórase a mesma xirando a dereita), xiro de 180º xusto antes da ponte vella do tren, Avda. de Bos Aires, rotonda da ponte dos
Tirantes (comeza a segunda volta).
Despois do segundo xiro ao circuito, ao chegar a rotonda da ponte dos Tirantes, deixala a dereita para entrar na rúa Padre Gaite, Padre
Fernando Olmedo, acceso a pistas de atletismo do CGTD, os atletas correrán pola rúa 1 da mesma, para dar case unha volta completa e
chegada a META.
12. AVITUALLAMENTO. Cada 5 quilómetros disporase da auga necesaria.
13. DESCUALIFICACIÓNS. O servizo médico da competición, ou o persoal de Organización, están facultados para retirar da carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a
publicidade do dorsal,
que manifeste un
comportamento non
deportivo, que se reitere
en protestas ante a
Organización ou non
cumpra o tempo máximo
de remate.
Todos os deportistas que
non pasen nos seguintes
tempos máximos polos
seguintes quilómetros
terán que deixar o
circuíto e a proba nese
mesmo momento.
- Quilómetro 10 nun
tempo máximo de 01
hora 10 minutos e 00
segundos.
- Liña de meta nun
tempo máximo de 02
horas 25 minutos e 00
segundos.
14. CHIP. Estableceranse controis de cronometraxe “alfombras” de Chip por todo o percorrido co propósito de verificar que todos os/as atletas
cobren a totalidade do percorrido no mesmo sentido da carreira. Estes controis rexistrarán tamén os tempos de paso parciais e totais, polo que
é obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros no
orden axeitado serán descualificados.
Na zona de meta haberá recipientes para a devolución do chip. A non devolución do chip supón non entrar na clasificación final e polo tanto a
perda dos dereitos a agasallos, premios e trofeos, así como unha penalización de 30 (trinta) euros.
15. PERSOAS NON INSCRITAS. Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta
pola Organización. Se é advertida a súa presenza se lle instará a abandoar o circuíto.
POSTERIOR Á CARREIRA
16. OUTROS. Na liña de meta, os participantes terán un servizo de duchas, unha bolsa de produtos alimenticios, bebidas, servizo de
fisioterapia, servizo médico,...
17. PREMIOS. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría individual masculina e feminina; os tres primeiros “Equipos
Mixtos 3” recibirán medallas.
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta:
1º 2º 3º
ABSOLUTA MASCULINA 300 € 200 € 100 € FEMININA
Premios aos corredores locais:
1º 2º 3º
LOCAL MASCULINA 100 € 50 € 25 € FEMININA
Será considerado deportista local calquera inscrito que esté nalgún dos seguintes casos:
- Nado en Pontevedra (segundo o seu DNI)
- Empadroado/a en Pontevedra (segundo o DNI ou certificado de empadroamento)
- Pertenza a clubes federados de atletismo no Concello de Pontevedra.
Ningún deportista poderá acumular dous premios en metálico.
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo igual ou inferior a 1 hora 14 minutos en homes e 1 hora 30
minutos en mulleres. Requerirase o D.N.I. ou documento análogo, aos atletas premiados.
A clasificación dos “Equipos Mixtos 3” determinarase pola suma dos tempos totais dos 3 membros do equipo que entren en liña de meta, en
caso de que algún deportista dese equipo non entre en liña de meta sumaráselles o tempo do último deportista que entre, por cada deportista
que falte do equipo.
18. PROTOCOLO DE PREMIACIÓN. A cerimonia de entrega de premios do Medio Maratón Pontevedra CaixaBank 2018 efectuarase a partir
das 13.30 horas na zona de meta (C.G.T.D. Pontevedra). Os atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo
delegar noutra persoa; se non estivesen presentes, entenderase que renuncian ao premio material e económico.
Para mais información na web: www.mmpontevedra.com ou www.sgpontevedra.com