Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Pintos
18/08/2018
17:30 - 20:30
Voltar
Regulamento
Carreira Popular de Pintos.
Somos un grupo de xuventude da zona de Pintos, en Marcón (Pontevedra), que organizamos unha carreira popular que se vén transmitindo de xeración en xeración.
Facemos unha mistura entre carreira popular, dividida en diferentes categorías de idade (0-4, 5-8, 9-13, 14-20, 21-36, 36-50 e 51-...), e de festa, xa que contamos ademais, coa venta de rifas para un sorteo, logo da entrega de medallas, de diversos productos, entre os que destacan xamóns, lacóns, productos da terra, produtos vivos, menaxe do fogar... Buscamos sobre todo facer pasar á xente un bo anaco, ou polo menos intentalo.
NON somos para nada profesionais xa que facemos isto cada ano da mellor maneira posible e intentando mellorar naqueles puntos fracos que temos. De todos xeitos, pensamos que é unha magnífica oportunidade para pasalo ben e botar unha carreira con amizades e fillas e fillos!
A distancia, a partir da categoría de 14-20 e consecutivas, é de preto de 2km, na que contamos cunha subida bastante pronunciada nunha parte, logo algo máis estable, e un par de baixadas considerables. As distancias para as categorías inferiores son menores, máis adecuadas aos seus rangos de idade.
Para todos aqueles participantes que se animen a correr, entregaráselles gratis unha bebida e un agasallo, cortesía da Organización.
Se vos interesa pasar unha tarde na nosa compañía, consultade o noso facebook
pinchando aquí
, onde atoparedes máis información. Tamén vos responderemos ás dúbidas que nos fagades chegar por mensaxe alí.
Este ano voltaremos a contar cunha pequena área de entretemento na que as e os máis pequenos poidan estar entretidos mentres os seus acompañantes corren, tratando de facerlles máis entretida a xornada mentres se desenvolven as carreiras.
Por último, lembrarvos que continuamos cunha iniciativa coa que levamos colaborando varios anos: RedeAxuda, do Concello de Pontevedra. Animámosvos a tod@s aquel@s que poidades e vos apeteza aportar algo, pois que colaboredes! Nós neste caso facemos chamamento para produtos sobre todo para rapaz@s, pois estes produtos escasean no verán ao non haber comedor escolar. De todos xeitos, na web de
www.redeaxuda.com
podedes ver o que se precisa con máis urxencia...
Saúdos e... VÉMONOS O SÁBADO 18!!
Voltar