Calendario
Info da proba

Betanzos

12/08/2018 10:30 - 12:00
Regulamento XVIII CARREIRA POPULAR DE BETANZOS
Domingo 12 de agosto ás 10:30 h
Regulamento:
As probas desputaranse na localidade de Betanzos. A saída e chegada da proba farase na praza da
Constitución. O circuíto estará debidamente sinalizado
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da
carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
As inscricións nas probas faranse na páxina web www.carreirasgalegas.com con data límite o xoves
9 de agosto ás 23:59 h.
Prezos da inscrición:
• Proba absoluta, de júnior a veteráns, 5 € por participante. O pago da inscrición farase pola
pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com
• Probas de menores: inscrición de balde.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin o día da carreira.
Os dorsáis retiraranse na caseta situada a carón da saída ata media hora antes do inicio da proba.
Categorías, distancias e horario de saída:
ABSOLUTA, masculina e feminina: 5000 m 10:30 h.
– Máster 4 1958 e anteriores
– Máster 3 1959-1968
– Máster 2 1969-1978
– Máster 1 1979-1983
– Sénior 1984-1995
– Sub 23 1996-1998
– Sub 20 1999-2000
MENORES, masculina e feminina:
– Sub 18 2001-2002 2000 m 11:30 h.
– Sub 16 2003-2004 2000 m 11:30 h.
– Sub 14 2005-2006 1000 m 11:45 h.
– Sub 12 2007-2008 1000 m 11:45 h.
– Sub 10 2009-2010 1000 m 11:45 h.
– Pitufos 2011-2013 150 m 12:00 h.
– Chupetes 2014-2017 150 m 12:00 h.
Premios:
– Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos, da
categoría absoluta, de júnior a veterán.
– Trofeo para os vencedores na categoría absoluta masculina e feminina.
– Medallas para todos os nenos e nenas das categorías menores, de chupetes a xuvenil.
– Todos e todas as persoas participantes recibirán un agasallo.
Poderase solicitar o DNI ou pasaporte para acreditar a idade a aqueles participantes que obteñan algún
premio.
Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos/as participantes no Pavillón Municipal do
Carregal.
1. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona
anterior do corpo, será automáticamente descualificado/a.
2. Aínda que a proba sexa de carácter deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase
un espírito e un comportamento deportivo por parte dos participantes. As reclamacións aos resultados
oficiáis formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
3. O horario de saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función das
circunstancias.
4. Todas as persoas participantes estarán amparadas por unha póliza de Responsabilidade Civil e de
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa da
realización da proba deportiva. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desplazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
5. Coa realización da inscrición todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
poderá utilizar ditas imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
6. Todas a persoas participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou no caso de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA
e IAAF en vigor.
7. A organización conta coa colaboración da Policía Local e Protección Civil, e tamén dispoñerá de
servicios médicos e ambulancia. Os servicios médicos están facultados para retirar da carreira a
calquera participante que manifeste un mal estado físico antes de comezar ou durante a carreira. Así
mesmo recoméndase a todas as persoas que vaian participar, se fagan un recoñecemento de aptitude
médico-deportiva que descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimennto.
9. Todo o non previsto no presente regulamento se rexerá polas normas de competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos
aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición
implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo
estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxen
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.