Calendario
Info da proba

Viveiro

21/10/2018 11:30
Regulamento XX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO

Regulamento

XX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO
MEMORIAL JULIAN BERNAL

CARREIRA SOLIDARIA CON CARITAS

SABADO 20 DE OUTUBRO ÁS 4:30 DA TARDE: Carreiras Categorías Menores ( saída xunto ó pabellón municipal )

DOMINGO 21 DE OUTUBRO ÁS 11 :30 DA MAÑÁ: Carreira Absoluta ( saída xunto ó pabellón municipal )


Regulamento Xeral da Carreira Popular

1º A saída e a meta estarán situadas a carón do Pabellón Municipal.

2º O percorrido será de 12500 metros aproximadamente ( 2 voltas a un circuíto)

3º A organización, ó ser unha proba popular e gratuíta, declina toda a súa responsabilidade polos danos que pola participación da mesma, poda sufrir un participante, tanto se son orixinados por si mesmos ou por terceiros.

4º Toda persoa que participe na proba con datos falseados, sen dorsal, sen estar inscrito ou non realice o percorrido completo, non terá dereito a premio e será descalificado.

5º As discrepancias que puideran acontecer comunicaranse de maneira verbal á organización, que se pronunciará de inmediato e o seu dictamen será inapelable.

6º Os participantes polo feito de inscribirse e de tomar a saída, coñecen e aceptan o presente regulamento.

7º Haberá duchas ó remate da proba.

8º Todo participante terá que doar algún alimento non perecedeiro ou productos de hixiene persoal ó recoller o dorsal[u]

9º O sábado entregaranse dorsais ata as 16:00 ás categorías inferiores.

10º O domingo entregaranse dorsais ata as 11:00 horas.

11º As inscripcións formalizaranse ata o día 18 de outubro,
no número de teléfono: 982-598160
e no email: egovarros@gmail.com
PARA A INSCRIPCIÓN NECESITAMOS NOME E APELIDOS, DATA DE NACEMENTO E DNI


CATEGORÍAS

A Biberón: 0-7 anos
B Benxamín: 8-10 anos
C Alevín Feminino: 11-12 anos
D Alevín Masculino: 11-12 anos
E Infantil Feminino: 13-14 anos
F Infantil Masculino: 13-14 anos
G Cadete Feminino: 15-16 anos
H Cadete Masculino: 15-16 anos
I Xunior Feminino: 17-20 anos
J Xunior Masculino: 17-20 anos
K Senior Feminino: 21-34 anos
L Senior Masculino: 21-34 anos
M Veteranos A Masculino: 35-39 anos
N Veteranas A Feminino: 35-44 anos
O Veteranos B: 40-44 anos
P Veteranas B: 45-54 anos
Q Veteranos C: 45-49 anos
R Veteranas C: 55 en adiante
S Veteranos D: 50-54 anos
T Veteranos E: 55-59 anos
U Veteranos F: 60-69 anos
V Veteranos G: 70 en adiante


PERCORRIDO

100 metros para a categoría A
900 metros para as categorías B C
1900 metros para as categorías D E
2900 metros para as categorías F G
12500 metros para o resto das categorías



TROFEO para os 3 primeiros de cada categoría.
MEDALLAS conmemorativas da proba, para todos os participantes das categorías menores
CAMISETAS para tódolos participantes que rematen a proba o domingo




O C.D.EGOVARROS-VIVEIRO quere da-las gracias ás Institucións e casas comerciais que colaboran na XX Carreira Popular Concello de Viveiro


ORGANIZAN

Concello de Viveiro
C.D.Egovarros-Viveiro


PATROCINAN

Deputación Provincial de Lugo