Calendario
Info da proba

Cross de Broña

16/09/2018 10:00 - 13:00
Regulamento Data: domingo, 16 de setembro de 2018
Hora: carreiras a partires das 10:00 h, saídas e chegadas no arco de meta, no comezo do paseo,
ou na zona verde da praia.
Distancia: Diversas distancias segundo as categorías, aproximadamente 10 ou 5,5 km as
carreiras de adultos/as (https://i.gal/brona2018ruteiro)
Organiza
Club de Atletismo Outes
Inscrición: en Emesports (http://emesports.es/), na web do evento
(https://sites.google.com/site/carreirabrona/), ou no correo electrónico
carreirabrona@gmail.com segundo categorías. Ver máis abaixo o punto 4 do regulamento.
Colaboran
 Concello de Outes
 Concellalía de Cultura e Deportes, Concello de Outes
 Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
 Asociación Terra de Outes
 Cruz Vermella, Agrupación de Noia
 Protección Civil de Outes
 Asociación Corazonadas
 Universidade de Santiago de Compostela, USC
 Universidade de Vigo, UVigo
 Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, IDIS
 Galicia Saudable
 Fundación Deporte Galego
 Colexio Profesional da Educación Física e o Deporte de Galicia (COLEF Galicia)
 Physiorelax
Regulamento
1º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA VERDE da
PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xunior, promesa/sénior, veteráns e
superveteráns farase no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento) sinalado pola organización.
2º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia federativa.
3º. Na carreira de 10 km e en tódalas de pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas,
alevíns/nas, infantís e cadetes, haberá premios para os tres primeiros e as tres primeiras
participantes de cada categoría. Ademáis, haberá tres premios para os tres primeiros clasificados
e as tres primeiras clasificadas na carreira de 5,5 km, sexa cal sexa a súa categoría (xuvenil/xunior,
promesa/senior, veteráns/nas ou superveteráns/nas). Entregarase un premio de honra aos/ás
corredores e a corredoras de maior e menor idade.
4º. As inscricións para as carreiras de 10 km, 5,5 km e 3 km (infantís e cadetes) faranse en
Emesports (http://emesports.es/), antes das 24:00 do xoves, 13 de setembro. As das categorías
pitufos/as, prebenxamíns/nas, benxamíns/nas, alevíns/nas e a andaina, faranse na web do
evento (https://sites.google.com/site/carreirabrona/) ou no correo‐e carreirabrona@gmail.com,
ate 30 minutos antes de cada carreira. Aceptaranse tamén inscricións para o paseo no correo‐e
carreirabrona@gmail.com. Nelas indicarase nome, apelidos, data de nacemento, localidade e
club (se procede). A inscrición é obrigatoria para contar coa cobertura do seguro do evento e
participar no sorteo de agasallos. Por favor, fagamos un esforzo para evitar inscricións a última
hora!
5º. Os/as participantes deberán colocarse no zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada
carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar a labor da organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non recollido
resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha póliza de
seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios. Espérase e
agradécese un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triple do tempo empregado polo/a
vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos
e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas carreiras en
función dos/as corredores/as inscritos/as en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte dos/as
atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou agasallos.
15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do control
recibirán como agasallo unha camiseta conmemorativa (entregaranse na chegada de cada
carreira ata fin de existencias). Destas, tódalas maiores de 18 anos participarán ademais no
sorteo dunha noite nas Cabanas de Broña (https://cabanitasdelbosque.com/). As persoas
agraciadas terán que recoller o agasallo persoalmente no momento do sorteo. No caso de non
estar presente, sortearase de novo.
16º. Durante toda a mañá celebrarase un obradoiro/competición de reanimación cardio‐
pulmonar/desfibrilación semiautomática, outro sobre hábitos de alimentación saudable e outro
sobre medida da forza manual mediante dinamometría.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para disfrutar dun xantar ao aire libre.
Organízase un xantar campestre na zona verde. O domingo instalarase unha pulpeira para quenes
queran disfrutar dun rato agradable comentando o resultado das carreiras e compartindo
experiencias e prefiran non levar comida da casa ou usar a hostelería local. Haberá duchas
dispoñibles no polideportivo de O Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:15.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas na caseta de socorrismo, no paseo que bordea a
praia ata media hora antes de cada carreira ou da andaina.