Calendario
Info da proba

Vimianzo

02/09/2018 10:00 - 11:30
Regulamento
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO
CAMPIONATO DE GALICIA 5 KM RUTA
2 DE SETEMBRO DE 2018
O Concello de Vimianzo a través da súa Concellería de Cultura, Deportes e Mocidade organiza o
domingo 2 de SETEMBRO DE 2018, a partir das 10:00 horas, a Carreira Popular Concello
de Vimianzo e o Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta.
A proba disputarase sobre unha distancia de 5 km homologados pola Real Federación Española de
Atletismo (RFEA). A proba levarase a cabo na localidade de Vimianzo e estará baixo o control
técnico da Federación Galega de Atletismo. As probas estarán suxeitas ao seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados.
2. Haberá dúas clasificacións: unha para os atletas inscritos no Campionato Galego de 5KM
ruta, e outra para os atletas inscritos na Carreira Popular Concello de Vimianzo.
3. CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
Para a Carreira Popular Concello de Vimianzo as categorías de competición serán as
seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR Atletas nados no ano 2000 ata veteranos
M1 Atletas de 40 a 49 anos
M2 Atletas de 50 ou máis anos
SUB 18 Atletas nados nos anos 2001-2002
SUB 16 Atletas nados nos anos 2003-2004
SUB 14 Atletas nados nos anos 2005-2006
SUB 12 Atletas nados nos anos 2007-2008
SUB 10 Atletas nados nos anos 2009-2010
PITUFO Atletas nados nos anos 2011-2015
4. DISTANCIAS, HORARIOS E PERCORRIDO
O percorrido da proba está homologado pola Real Federación Española de Atletismo e as
marcas entrarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia de 5 km en ruta.
A saída e meta estarán situadas na rúa Antón Vázquez Mouzo (a altura da Praza do
Concello).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:00 h Campionato de Galicia 5 Km ruta 5 km homologados pola RFEA
10:00 h Sénior Popular 5 km homologados pola RFEA
10:00 h M1 Popular 5 km homologados pola RFEA
10:00 h M2 Popular 5 km homologados pola RFEA
10:00 h SUB 18 Popular 5 km homologados pola RFEA
10:50 h SUB 16 e SUB 14 1,2 km aproximadamente
11:00 h SUB 12 e SUB 10 1,2 km aproximadamente
11:10 Pitufo 150 m aproximadamente
11:30 h ENTREGA DE PREMIOS (Praza do Concello)
5. INSCRICIÓNS
Existen 3 tipos de inscricións:
5.1 Inscrición no Campionato de Galicia: Solo poderán inscribirse no Campionato de
Galicia atletas con licenza en vigor. Para o Campionato de Galicia realizaranse no
ligazón https://isis.rfea.es/sirfea2/ e terán que ser os clubs os que inscriban no
campionato aos seus atletas
5.2 Inscrición na Carreira Popular: Poderán inscribirse na proba popular tanto atletas con
licenza como sen ela. Deberán realizar a súa inscrición a través da plataforma
www.carreirasgalegas.com a partir do día 30 de xullo, con data límite o martes 27 de
agosto ás 23:59
5.3 Inscrición combinada: Os participantes no Campionato de Galicia de 5 km en ruta
que ademais desexen optar á clasificación da proba popular, deberán realizar a
inscrición na Carreira Popular (punto 5.2)
NOTA: todos os atletas (adultos) inscritos ata o venres 24 de agosto terán garantida o agasallo
conmemorativo. A partir desa data non se garantirá a entrega de dito agasallo.
PREZOS DA INSCRICIÓN
- Atletas participantes na Carreira Popular (Sénior, M1 e M2): 6,00 €
- Atletas participantes na Carreira Popular das categorías inferiores: Gratuíta
- Atletas participantes no Campionato de Galicia 5Km ruta: Gratuíta
6. PREMIOS
Os premios consistirán en medallas e/ou trofeos e realizaranse dúas entregas de premios:
- Carreira Popular Concello de Vimianzo
- Campionato de Galicia 5Km en ruta
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO
SÉNIOR Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
M1 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
M2 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
LOCAL Medalla/trofeo ao primeiro e primeira atletas empadroados no concello de
Vimianzo
SUB 18 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
SUB 16 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
SUB 14 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
SUB 12 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
SUB 10 Medalla/trofeo aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas
CAMPIONATO DE GALICIA 5 KM EN RUTA
Haberá medallas aos tres primeiros e tres primeiras clasificadas en cada unha das
categorías determinadas pola FGA.
* Os participantes nas categorías pitufo, benxamín e alevín recibirán medallas conmemorativas
pola súa participación, independentemente do posto acadado en carreira.
7. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
Realizarase o mesmo día da proba na CASA DO CONCELLO, dende as 8:30 h. ata media
hora antes do inicio de cada proba. O dorsal deberá levarse colocado na parte anterior do
corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será
descualificado.
CRONOMETRAXE DA PROBA - CHIPS:
A proba será cronometrada polo sistema de Chips da FGA.
O CHIP ESTARÁ INTEGR
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO
CAMPIONATO GALEGO 5 KM EN RUTA
2 setembro de 2018
REGULAMENTO
8. DESCUALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuíz Árbitro
da competición.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS AO XUÍZ ÁRBITRO DA
COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba. Así mesmo O servizo médico da competición está facultado para
retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
9. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
9.1 A proba rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a
celebración de probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de
novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía
pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro
de responsabilidade civil e de accidentes).
9.2 Os atletas estarán amparados por un seguro de responsabilidade civil e un seguro de
accidentes da FGA.
9.3 A proba contará cos servizos sanitarios esixidos na lexislación vixente: 1 ambulancia e 1
médico.
9.4 Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
9.5 Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
poderá participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da
proba.
9.6 Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado
polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos
usuarios normais da vía.
9.7 A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
9.8 Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Pavillón Polideportivo de
Vimianzo.
9.9 Haberá servizo de gardarroupa.
9.10 O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
Regulamento Campionato de Galicia 5 km en ruta Páxina 5 | 6
CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIMIANZO
CAMPIONATO GALEGO 5 KM EN RUTA
2 setembro de 2018
REGULAMENTO
9.11 O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa
por escrito.
9.12 A proba estará sinalizada con puntos quilométricos e haberá servizo de avituallamento
ao finalizar a proba.
9.13 Os/as atletas adultos recibirán un agasallo conmemorativo do evento no momento da
recollida do dorsal. Só terán garantido o agasallo aqueles atletas inscritos ata o venres 24
de agosto.
9.14 A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.